lundi 28 mars 2016

FRANK SINATRA JR., CÓIDATE DOS IDUS DE MARZO!

OS NORTEAMERICANOS son eficaces clasificando a carencia de talento. No canto de dicir que o mérito dunha persoa é xenético, que é un fillo de, póñenlle junior tras o nome mundano; como a Frank Sinatra Jr. Nunca me cadrou compartir escenario en Las Vegas. Soamente o vin unha vez botando unha partida de cartas con varios mafiosos na serie Los Soprano. Manexaba a baralla coa pistola no sobrazo, coma uns amigos que tiña o pai. A cabeza de Sinatra Jr. estaba moldeada coa harmonía da cabeza de Sinatra Sr., herdara os ollos azuis... [Lire la suite]

samedi 19 mars 2016

O AMOR, QUE MOVE O SOL E AS ESTRELAS TODAS

TODOS COMETEMOS erros baixo a influencia do amor. Se non fose polo cegamento que produce, Camilo José Cela non tería abandonado a súa fundación —cos seus 45.000 volumes e unha escollida mostra de obxectos persoais— ao entendemento e capricho de Marina Castaño.Os delirios de Thomas de Quincey cando consumía opio devolvíanlle a Ann, unha rapaza  da que namorou ao chegar a Londres. Un domingo de chuvia perdeuna de vista por sempre xamais, pero nunca esqueceu a invernía na que durmiron abrazados para combater o frío feroz que... [Lire la suite]
dimanche 13 mars 2016

BOXEANDO SOMBRAS POLA MORTE DE BIALETTI

    ESTA SEMANA non houbo mañá na que espertase axitado. Cedo, por volta das seis da mañá. Quedei trastocado polo pasamento de Renato Bialetti. Máis ca morte en si, decepcionoume a nula atención dos medios españois. Houben de lelo en Il Corriere della Sera. A páxina completa, claro.Como non acougaba na cama, día tras día erguínme para tomar un café da miña Moka Express. Teño estima a esa cafeteira. Collín un voo de Ryanair no Nadal de 2014 para viaxar a Roma. Entrei nunha tenda pequena e escura da Via del Corso, unha... [Lire la suite]
dimanche 6 mars 2016

O PEN GALICIA CABALGA CARA AO CONGRESO INTERNACIONAL

O MÉRCORES baixei ao Club Fluvial tras cinco días de nadar nunha aplicación do móbil. Fun andando, polo que aproveitei para escoitar O ocaso dos deuses, unha desas óperas grandilocuentes de Wagner, e ler o blog O Porto dos Escravos, de Mario Regueira. Supere vostede a miña pedantería.Na entrada Rúa Álvaro Cunqueiro, Regueira encadea argumentos para demostrar que Cunqueiro era tan conservador como un xeneral prusiano. Acepto que Cunqueiro era, un nostálxico da propiedade rural e diletante sustentada por labregos. Sei que era un... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:35 - Commentaires [3] - Permalien [#]