jeudi 30 juin 2016

OS HEROES QUE SIGUEN LIBERANDO O RITZ

RAFAEL CHIRBES deixara reservada unha novela de amor cando morreu. Non quixera vela publicada porque o protagonista era un amante. E o amado, tamén. Paris Austerlitz é unha historia de amor tan ilusionante de principio e tan amarga de final como calquera historia de amor. O pasado domingo estiven lendo ese libro. A parella protagonista —un pintor coa superioridade cruel da burguesía e un obreiro co complexo da carencia proletaria— adoita reunirse nun bar de traballadores marroquinos. Acordoume as memorias de Juan Goytisolo, nas que... [Lire la suite]

jeudi 23 juin 2016

AS FRASES ANIMOSAS DE PAULO COELHO

XABIER M. mandoume un whatsapp o domingo pasado para contarme que unha editorial lle pedira unha novela sobre Os Irmandiños. Para min, foi unha sorpresa en cadea: non sabía que quedasen autores con ánimos como para ficcionar a Historia, mesmo estaba convencido de que a escrita de novelas fora substituída pola escrita de frases breves e ostentosas no Twitter, Dubidaba de que seguisen existindo editores que pedisen a ninguén que escribise libros.Non contestei á mensaxe nin sei se me requiría admiración ou repercusión na prensa porque... [Lire la suite]
lundi 20 juin 2016

FERVOROSOS PRINCIPIOS MANIATÁNDOME

CLASSIUS CLAY morreu en 1964. Mohamed Ali, o día 3. Classius Clay foi un boxeador intelixente, un líder que deu puñadas para facer ruído na denuncia do racismo. Abandonou un sistema occidental de crenzas porque restrinxía a súa liberdade e acabou someténdose a outro oriental, co grupo irado Nación do Islam. Evolucionou ata ocupar o lugar do branco e protestante en versión negra e musulmá. Venceu a escravitude da pel para humillarse na escravitude da fe. Ao derrubar a Sonny Liston, o deportista derrubou o seu pasado. Non lle... [Lire la suite]
vendredi 10 juin 2016

A FELICIDADE É UN PAPAGAIO DESECADO

A ESTAS ALTURAS tanto me ten a verdade. Prefiro as mentiras bonitas. Unha xitana setentona que viste enxoival de loito e lanza unha ollada perita en fauna humana chámame «guapo» na porta do Gadis. A seguir, pídeme leite para os netos. Eu cómprolle varias caixas do leite máis branco e saboroso. Fágoo, sobre todo, porque hai trinta anos que unha muller non me lanza un piropo desa envergadura.A felicidade e a verdade non son vías de ferrocarril que avancen paralelamente. Félicité, a criada do relato Un corazón sinxelo, de Flaubert,... [Lire la suite]
mercredi 1 juin 2016

UN PROTÉSICO DENTAL QUE TOMA CAFÉ

UNHA VEZ LERA que o editor pontevedrés Sabino Torres almorzaba cegándose as vistas bonitas e luminosas da Caeira. Quedei con esa imaxe, porque me resultou extravagante, a chamada de atención que esperaría dun poeta menor e calvo. Debín de lelo nunha entrevista que lle fixo Belén López para o Diario de Pontevedra en 2014. Belén López pregunta sempre cun instinto rítmico e unha modulación do ton que envexo. Volvín a esa entrevista pola morte de Torres. Ese costume de lobo estepario que tiña o editor estaba motivada. «Para almorzar... [Lire la suite]