
A superlúa foi unha megadecepción. Os únicos espectáculos irrepetibles son os naturais, por iso os valoro tanto. A seguinte superlúa brillará en 2034, seica. Non sei se estarei vivo daquela; nin sequera se terei ganas de estalo. Leo a Emile Cioran, o pensador romanés que naceu no Imperio Austrohúngaro, en Adiós a la filosofía (Alianza, 2016): «O feito de que a vida non teña sentido é un motivo abondo para vivir». Outro motivo pode ser mirar a superlúa de 2034 e acordarme da superlúa do pasado luns. Asomei á noite pola ventá...
[Lire la suite]