jeudi 29 décembre 2016

BIGOTE

San Agustín recomendaba «solvitur ambulando», é dicir, saír camiñar para poder despexar a mente e optar por unha das posibilidades. Agustín de Hiponia nacera no norte de Alxeria, polo que o seu mundo era de paso longo e ollada ancha. Eu non podería resolver nada erguendo o queixo porque vivo en Lugo, unha cidade que ten a néboa como un dos seus estados de ánimo habituais. Esa limitación que recurta a mirada ten a parte boa de que axuda a concentrarse mellor. A brétema responde a un concepto románico, de igrexa pequena e escura que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 21:30 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , ,

samedi 24 décembre 2016

A ÚLTIMA PALABRA SERÁ MAIONESA

  O xoves dei un paseo con tanta folgura que rematei nun cine. Deambulei por volta de hora e media. A andaina foi longa, non porque Lugo se teña convertido nunha cidade extensa, senón que lle fixen un circunloquio. Agora ninguén deambula, nin sequera camiña. Non, botan unha carreiriña de can dende o coche aparcado con luces intermitentes ou póñense roupas fuorescentes para correr como se fosen árbores de Nadal móbiles. Eu adoito deambular cada día. Axúdame a coñecer a cidade e a xente. Nunca volverei mirar unha rúa como... [Lire la suite]
vendredi 16 décembre 2016

UNHA CARTA DESATENDIDA CONTRA A PARSIMONIA DOS REIS MAGOS

Os ordenadores están estragando a miña letra. Cando era mozo, escribía cartas con pulso de prateiro a rapazas que me lían lonxe, baixo as farolas de grandes avenidas. Daquela versioneaba libremente a Mallarmé: «Desolado por crueis esperanzas, acredito aínda no supremo adeus das bágoas». Agora escribo unha carta ao ano con letra urxente e incerta. Apelo a Papa Nöel para pedirlle un agasallo de Nadal. Dende neno fun dos tres monarcas orientais, pero reneguei de séculos de catolicismo antiluterano porque Santa Claus non ten a... [Lire la suite]
jeudi 8 décembre 2016

PETROLEIROS

OS VELLOS anarquistas que sentan contra as ventás do porto para mirar entrar e saír barcos parecíanme uns toleiráns. Pero hoxe penso que eses homes que fuman con xerseis de lá tricotados a man levaban razón. Asumo que a única distracción sensata é chuchar no cigarro ata que notes que a calor alcanza o teu nariz. Os vellos anarquistas apartan nese momento a cabicha para que non lles queime a barba, longa coma a súa tarde. Esmagan o pito contra o cinceiro e prenden outro. Saben que todos os barcos que entran e saen son o mesmo barco.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:44 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 7 décembre 2016

MASCOTE NON É UNA PALABRA XAPONESA

  GÚSTAME acompasarme coa luz do día. No verán debo madrugar para gozala ao amencer; pero agora, na invernía lúgrube, podo xirar sobre min mesmo na cama como se fose un polo que asa a lume lento. Erguerme cedo dáme tempo para ler. O xoves, por exemplo, gocei dun cómic-disco de Berlai mentres fervía o café. Ese acougo prepárame para o tempo inevitable e pesado de exprimir zumes de laranxa como se fose o cociñeiro dun exército invasor. Menos mal que os Rolling Stones quitaron disco, Blues & Lonesome e puiden poñelo no... [Lire la suite]
jeudi 1 décembre 2016

O LEVE MOVEMENTO DAS MONTAÑAS

A MADRUGADA do luns espertei sorrindo. Sorrir é unha expresión de felicidade demasiado importante para malgastala con alegrías débiles ou monerías de gatos no Facebook. Por iso nunca sorrío antes de tomar un café matutino, amargo e solitario. Pero un sorriso aberto por un soño é incontrolable. O luns espertei ás catro da mañá. Sabía a hora pola inclinación da luz que emiten as farolas da rúa Galicia e que me entra no salón. Estaba soñando que era Jay Gatsby e observaba unha chispeante festa que organizara. Sentía o pracer de... [Lire la suite]