samedi 16 septembre 2017

OS POETAS QUE LANZABAN OUVEOS CELESTIAIS

O CEO IMAXÍNOUNOS felices, supoñía John Ashbery. Mrreu o luns, despois de 90 anos que foron tan extensos, confusos e sorprendentes como a estética que herdou de Walt Withman. Non logrou facer da súa vida algo coherente, que era un asunto que amargaba a Erza Pound. Ashbery era o último poeta nacional de Estados Unidos, un país que Withman definiu como «un poema en si mesmo»; cando menos, un poema longo, perplexo e emocionante. Ribadeo non é unha nación. A característica máis importante para demostralo non é tanto ter... [Lire la suite]

vendredi 8 septembre 2017

NACIÓN DE BREOGÁN, NACIÓN DE MEIRÁS

  AGORA QUE ESPAÑA está nas súas postimerías polo avispeiro catalán, trato de coñecer a definición de Galicia para o 2 de outubro. Consulto o Twitter de Cascarelo coa fin decoñecer os avances nominativos. O PSOE acollera a proposta murguiana de «nación de Breogán» que formulara Ramón Villares, pero este verán Cascarelo informounos de que había que chamala Galifornia, dado sol de Lafuente Estefanía que esmagou a nosa terra. Sen tempo a que fermentase unha doutrina xurídica sobre esa cualificación, Cascarelo xa a conduciu a... [Lire la suite]