
(Artigo para El Progreso)
NON SE DEBE pasear a destempo. A arte de deambular estableceuna James Joyce no Ulises. Xerardo Quintiá confesoume o domingo pasado que nomeou Joyce ao seu can porque el lle «marca o ritmo para andar».
O mércores saín da casa demasiado cedo. Fun parar á Milagrosa. Quixen curiosear na igrexa, pero aínda estaba pechada. Coeime por unha porta lateral. Non dera dous pasos cando unha señora con idade, roupa e disposición de beata se me achegou cun cirio enfundado nun plástico vermello. Sinaloume outro que...
[Lire la suite]