
CON FRANCO chovía máis. Seino porque lembro todas as tardes daquel período de rexencia militar contando pingas no océano disperso que esvaraba pola ventá. Franco —digo para os que xa naceron en hospital— era un condottiero alto, loiro e guapetón que proxectaba unha voz fonda, rusa e ortodoxa como a de Xabier Docampo. Tras emparentar coa nobreza da estirpe que manou de Covadonga a través da honrada e bela Carmen Polo, excusou de convocar eleccións ata que morreu. Non hai que fascine máis aos españois que unha espada que poña...
[Lire la suite]