samedi 27 janvier 2018

PODE COMPRARSE TODO MENOS O BACHARELATO

        CÉLINE BOTOU a vida habitando e deshabitando casas. Foi perseguido polas súas ideas, que eran perseguibles. Non acougou dende que La Nueve republicana entrou a canonazos no París hitleriano. En París foi un fuxido; en Sigmaringen, un refuxiado; en Hamburgo, un agochado; en Copenhague, un detido; en París, un amnistiado. Nin foi inocente, nin se arrepentiu. Buscou a expiación no ballet. Miraba bailarinas, debuxaba bailarinas, casaba con bailarinas, era infiel con bailarinas. A segunda e derradeira... [Lire la suite]

samedi 20 janvier 2018

POMBAS, MAZÁS E OUTROS EPISODIOS NACIONAIS

HAI UN MES estaba eu cruzando a praza de Santo Domingo —de aquí, de Lugo—. A praza tivera que dicir que choveran por riba dela. Unha señora vestida de personaxe secundario das Brönte, cunha gabardina verde e un sombreiro de cogomelo, achégase a min. Vén agarrada da man a un cabaleiro da súa idade. Son siameses asimétricos. El tamén leva roupa de augas, como se pasease por cuberta na noite do Titanic. Cando unha parella de folla caduca se agarra entre si pode culparse a que teñen medo urxente á perda ou a que son un matrimonio naïf. ... [Lire la suite]
samedi 13 janvier 2018

GUÍA PARA DESMONTAR UN BELÉN DE TOLSTOI

DESMANTELAR o meu belén é o máis frustrante do Nadal. Tocarame esta tarde. Acometo a deconstrución con delicadeza paliativa. Evito meter a Caterpillar 235, coma se fixo contra o Quiqui Bar de Santiago.      A falta de fe maior, os meus nacementos son temáticos. Este ano ando ofrecido a Tolstoi, tras verme fidelizado por unha traballosa lectura de Ana Karénina. A escena do meu Nadal non se corresponde a un palleiro triste e frío dos Evanxeos, senón a un deses pazos de San Petersburgo con cheminea grande de... [Lire la suite]
samedi 6 janvier 2018

PÓLVORA SEN MAGNOLIAS NA DISCOTECA CANGLOR

BRAULIO SOÑA máis bonito ca min. Falamos na profunda noite do Facebook sobre Voltaire. El soña tan bonito que logra que se lle apareza o pensador francés. Braulio di que Voltaire modula nas súas ensoñacións as mesmas voces impostadas que usaba para imitar os ilustrados, o pobo ou os tendeiros nas xuntanzas do seu salón. Por todos sentía o mesmo respecto, un respecto viúvo.     Eu soño angustias. Vou Preguntoiro abaixo dende a miña pensión á Facultade de Dereito. Os rapaces de clase media non elixiamos estudos... [Lire la suite]