
ANÍBAL MALVAR soaba pesaroso ao outro lado do teléfono. Chamárao para informar sobre o secuestro de Fariña (Libros del KO) de Nacho Carretero. Toda a miña empatía, Nacho. Aníbal escribiu novelas negras nas que era o protagonista: facía de canalla —variante lírica do macarra— que convida a unha loira platino a cear espaguetes con Jack Daniel’s sen destilar mentres fuman rubio de contrabando. Aníbal fala guionizado, como James Cagney: «Píllasme fóra de circuíto, Jaure; os meus amigos narcos están no cárcere, cobrando a non...
[Lire la suite]