samedi 13 octobre 2018

Carlos Oroza elaboraba as súas fragancias

O VENRES prenderon a calefacción do edificio. A nosa calefacción é de ética xermánica, mancomunada; temos colectivizado o frío.Como afora estaba uns señores de verde paseando unha cabra por unha rúa ancha de Madrid, optei por quedar na casa. Non me fío das cabras. Son animais que poden embestirte sen respaldo argumentativo.A miña feromona patriótica estaba tan desencantada que me deitei nun sofá sueco, apoiei a cabeza nun coxín sueco e me tapei cunha manta sueca.Dediquei ás horas da tarde previas a baixar aos concertos de Marky Ramone... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:12 - Commentaires [0] - Permalien [#]

samedi 6 octobre 2018

A FALANGE ESPAÑOLA COMO NACIÓN CELTA

NAPOLEÓN FOI un poeta violento. Acabamos admirándoo porque estruturou un código civil que funcionaba preciso e veloz como o acelerador de partículas. O músico Carlos Núñez conta que o militar francés viaxaba cun exemplar dos ‘Fragmentos de poesía recollida nas Terras Altas de Escocia’ que terían sido atopados por James Macpherson en 1760. Segundo o descubridor, foran escritos por Ossian, un bardo do século III. «Velaquí algo grande, sentimental e sublime. Ossian é un gran poeta, Homero un vello parvo!», exaltou o emperador entre carga... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 17:15 - Commentaires [0] - Permalien [#]