samedi 1 décembre 2018
cando fomos terroristas
VÍN NUN PISO franco. A década dos 90 empezaba a cansar de si mesma. Eta tiña sección fixa nos periódicos: cada día representaba o seu auto de ira e mutilación.Eramos tres naquela vivenda elevada sete andares, na parte na que Lugo unicamente sabe descender. Cid e Andrés militaran en senllas organizacións extremas. Nunca con outras intencións que «epatar ao burgués» e facer tábula rasa social. Eu, xa daquela, era presunto vasco. Os tres ocupabamos aquela vivenda escura e despistada da cidade; conformabamos o número e o lugar ideiais... [Lire la suite]