vendredi 25 janvier 2019
ir por pan, volver con lumbago
ON PODEMOS bañarnos dúas veces no mesmo río. Compra- mos cada día o pan no mesmo sitio, pero nunca do mesmo xeito. O inmutable é que Dona Rosario e máis eu compartimos o pan. Ela compra un cacho de molete e eu aprópiome do resto. Eu nunca vin a Dona Rosario nin sei nada sobre ela. Imaxínoa como unha señora de pelo pálido e cardado. Simplemente pido o resto do seu molete porque temos o mesmo gusto: xeneroso de levadura, pasado polo forno con mesura, delicadamente amargo.Hai persoas ás que tes o impulso de parar pola rúa como se as... [Lire la suite]