lundi 25 mai 2020

ESCENAS TRANQUILAS, ESPAZOS BALEIROS

#bONdíaGz Nunca decido se Lugo ten unha cuberta de cinzas recicladas que abrangue a cidade ou é a néboa evaporando o Miño. Cando menos hoxe dei un rodeo ao centro en bicicleta e puiden alegrarme de ver a Antonio cortando o pelo e de berrarlle unha parvada dende a rúa, e de ver unha muller limpando os cristais da casa para cando solee, e, nunha cafetaría, Ela enmascarada mirando os ollos de El enmascarado (tan novos, tan guapos) como se as esquinas tranquilas e os espazos baleiros quedaran atrás.   
Posté par Jaureguizar à 11:58 - Commentaires [0] - Permalien [#]