dimanche 31 mai 2020
ARDEN OS SANTOS DA PONTE
As nosas vidas son paralelas,pero non tanxentes. Tan lonxe. Acordei cedo, por volta da sete e, co sol en timidez aínda. Deiteime no sofá, cos personaxes do meu libro de familia durmindo, para ler a Modiano.'Tres desconocidas'. Tres historias de senllas mozas perdidas entre nomes de rúas de París, unha muller misteriosa e protectora, e un home adulto que fascina e delinque Modiano sempre conta o mesmo conto, dun xeito tan bonito que leo nel unha e outra vez. A cen quilómetros ao norte uns traballadores prenden lume á Ponte dos... [Lire la suite]
jeudi 28 mai 2020
AS TENDAS E AS POTAS. O ANXO CONDUTOR

mercredi 27 mai 2020
O NOSO MAIO
Ocupamos as terrazas como o noso Maio do 68, como a nosa opción de desobedencia consentida, de liberdade capturada á ciencia. Hai toneladas de calor. O lóxico sería confinarnos
mercredi 27 mai 2020
GUERRA NA PAZ
Jorge ten unha galería. Álex ten un bar. Manín ten un ultramariños. Quique pinta. Todos falan con cara de susto. Díxenlles: Non houbo unha guerra, non caeron as pontes, non hai buratos nas estradas, non se afundiron os edificios das fábricas, non bombardearon as casas,... recomporemos os ósos antes do que suspiramos.
lundi 25 mai 2020
ESCENAS TRANQUILAS, ESPAZOS BALEIROS
#bONdíaGz Nunca decido se Lugo ten unha cuberta de cinzas recicladas que abrangue a cidade ou é a néboa evaporando o Miño. Cando menos hoxe dei un rodeo ao centro en bicicleta e puiden alegrarme de ver a Antonio cortando o pelo e de berrarlle unha parvada dende a rúa, e de ver unha muller limpando os cristais da casa para cando solee, e, nunha cafetaría, Ela enmascarada mirando os ollos de El enmascarado (tan novos, tan guapos) como se as esquinas tranquilas e os espazos baleiros quedaran atrás.