samedi 6 avril 2013

BOXEAR CONTRA EDITADOS

  Scott Fitzgerald tíñalle lei a Hemingway. Especialmente dende que o liberara da psicose de que o órgano do seu corpo máis importante era dunha lonxitude inferior á media. Hemingway conduciuno por museos nos que había esculturas clásicas para convencelo da súa proporción áurea. Norman Mailer conta en América (Anagrama) que, en agradecemento a esa acción paternal, o gran Gatsby loubaba sempre ao seu protector. Vítima do seu entusiasmo foi o escritor canadiano Morley Callaghan, quen tivo que escoitarlle que Hemingway boxeaba... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:15 - - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 24 janvier 2013

BOAS CAMAS PARA SOLTEIROS

    Unha amiga de Eric Blair recoñece que "era coma unha vaca cun trabuco". Confesa que "chorabamos de risa comentando os textos que nos dera a ler". O aspirante a escritor rexeitara unha educación oxbridge. Marchara servir como policía do Imperio naquela India británica que avanzaba cara atrás na flecha do tempo, cara á súa fin nun século XX que empezaba a bulir. Cinco anos tardou en reparar que odiaba ser un "axente da dominación do home polo home". Quería ser novelista. Precisaba experiencia. Alguén misericordioso... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:45 - - Commentaires [0] - Permalien [#]

jeudi 17 janvier 2013

NINGUNHA CADEIRA NA QUE SENTAR

Royal Mile era unha das avenidas favoritas de Bruce Chatwin. Conduce ao castelo de Edimburgo. A muller do escritor errante lembra en Bajo el sol (Editorial Sexto Piso): “Tiña 23 pubs, ningún deles cunha cadeira para sentar”. (O artigo continúa aquí) Photo: 'Wings of desire'
Posté par Jaureguizar à 13:58 - - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 10 janvier 2013

A PATRIA DUN HOME SON AS AUGAS NAS QUE APRENDE A NADAR

  A patria dun home son as augas nas que aprende a nadar. A excepción son os ricos, que arraigan onde os ventos tributarios os empuxen. A Gerard Depardieu apartárono cara á chaira de Néchin, en Bélxica, trazado de pradarías e leiras coma un cadro triste de Modrian. "A miña nai tratábame coma a unha mala herba", queixárase o actor hai uns anos. Quizais lembrándoo, preferiu abrazarse ás bidueiras rusas, que alivian a friaxe a nada que as abraces. Ansiando esa calor aceptoulle o pasaporte a Vladimir Putin. "En Rusia... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:31 - - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 3 janvier 2013

UN CALENDARIO NOVO PARA OS SHOGUN

  Empecei o ano secando copas, a encarga que os manuais do bo goberno doméstico nos reservan aos incapaces. En Radio 5 volvía De Guindos co seu loop, tan axeitado para un max mix ibicenco: "No derradeiro trimestre do ano empezará a recuperación". Os coros, tan de traxedia de Eurípides, contestábanlle en polifonía sentenzante: "E moito mellor estariamos senon chega ser polas políticas do réxime anterior". Zapatero, como ausente; de feito, gobernou como ausente. O expresidente estaba na sala de maquillaxe preparándose para saír... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 20 décembre 2012

MEDIDAS ILUSAS, RESPOSTAS INFRUTUOSAS

  Nunca fixen unha listaxe de negras. No suposto de enumeralas figurarían 'El percherón mortal' (Ediciones B), de John Franklyn Bardin, e 'El perro canelo', que George Simenon escribiu en 1931 e que Acantilado recupera nunha gloriosa edición. Ambas as dúas cadran na presenza duns animais (un cabalo nunha; un can, na outra) que vagan por un ámbito no que se producen asasinatos. No caso de Bardin, hai un xogo co surrealismo moi avant la lettre para aquel 1946. As aparicións dun equino estranamente ataviado desacouga e empuxa a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 07:34 - - Commentaires [0] - Permalien [#]


jeudi 13 décembre 2012

UN APETITO LIXEIRAMENTE LASCIVO

  Takeshi Kitano refire en Kikujiro e Saki (Rinoceronte) aquel día de lecer transcorrido na infancia no que a nai o levou ao centro de Toquio para "compraren algo". Imaxinou con ilusión "unha gorra de béisbol ou unha locomotora eléctrica", pero desmorounouse ao aceptar que a compra feliz era unha enciclopedia para a aprendizaxe infantil: Con toda facilidade. Dende aquel día, houbo de estudar nela baixo a ameaza disuasoria dunha vasoira. Non menos dificultoso foi o acceso do Nobel Mo Yan á lectura, medida sempre pola súa nai en... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:14 - - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 6 décembre 2012

DÍAZ FERRÁN PRACTICABA FENG SHUI

  A cativa contábao perplexa segundo chegou. Un rapaz recibira un bocadillo, unha botella de agua e mais unha pera para unha excursión dunha actividade gratuíta na que participan ambos os dous. "Bebeu a agua, comeu a pera e gardou o bocadillo para os seus pais". Entendo que os proxenitores están no paro e que xa non reciben axudas públicas. Antón Reixa denunciaba nos anos 80 que "o parado occidental sostén o filete/ao negro non lle chega/Etiopía ten fame". Daquela facía un sol de carallo e moitos reconvertidos pasaban os luns... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 29 novembre 2012

O ANIMAL MAIS CASTIGADO

A mañá espertara gris e cruel. O ceo estaba tan cincento sobre aqueles montes que os prados semellaban televisores apagados. Un sirio conducía un todoterreo que palidecera co andar dos anos. Soaba unha casette de Asmahan, unha cantante dos anos 30 que usou a súa sona no cine para espiar a prol dos aliados. A súa voz soaba tan amable coma a actitude do condutor, Issam Algnam, alcalde do concello lucense de Muras polo Partido Popular. Issam aceptara conducirme para escribir sobre aldeas abandonadas. Levoulle tempo escoller tres para... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 22 novembre 2012

TIMBERLAND, O MEU PAÍS

  Os Timberland compreinos vai para dez anos. Cando a abundancia, non contaba os zapatos por anos; pero agora falo dos anos do coche con solemnidade lendaria. Ao meu pai reináballe presumir dos anos de roupa que o abrigaban. Eu sempre pensei que era unha teima dos que gozaron parcialmente do desenvolvemento económico que os levou nunha escaleira mecánica do pan negro ao asento dun Seiscentos. Agora tamén empezo a expresarme en anos para referirme ao traballo ou a relación coa muller. Antonte foi o día da morte de Franco. A... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - - Commentaires [0] - Permalien [#]


  1  2  3  4  5    Fin »