samedi 18 mai 2013
UNHAS COLAS INERTES
Leo Strauss dicía que «os partidos de masas son seitas cunha cola desproporcionada». O autor de El libro de Maimónides (Pre Textos), formador do equipo que gobernou con Reagan como fachada, carecía de entusiasmo democrático. Porén, como perseguido polos nazis, Strauss prefería unha cola de militancia tras as costas dunha minoría dirixente a un cuarto Reich. O Partido Popular trata de convencer á oposición de que Galicia pode ser gobernada con catorce persoas menos no Hórreo. Empezo a temer que sexa certo, pero a formación... [Lire la suite]lundi 13 mai 2013
A LUZ DE FIDIAS
Cruzando a Porta Falsa da muralla de Lugo o pasado luns, topei cunha pintada anarquista: «Fagamos de Galiza unha Grecia». Pola contra, eu aspiro a converter Galicia nun país nórdico, non só polo clima fresco, senón porque as sociedades do norte de Europa viven nun discreto equilibrio entre capitalismo e benestar social. Mirando a frase, lembrei a confesión de Acisclo Manzano contemplándomos a fachada románica da catedral nun atardecer dourado: «Eu era comunista ata que descubrín a luz de Fidias». Despois, explicoume o xeito no que o... [Lire la suite]vendredi 3 mai 2013
UN DÍA DE NOVEMBRO PERDIDO EN ABRIL
A mañá do domingo correspondía a un día de novembro perdido en abril. JR e máis eu contemplabamos aos nosos respectivos fillos vestidos desafiantemente en pantalón curto e camiseta de asas correndo pola pista de atletismo do instituto Lucus Augusti. O frío convertía as bancadas nun gulag. Eu acordara de levar unha manta. JR comezara a mañá nun partido de fútbol co seu outro cativo. Ambos os dous refrendabamos a inexorable teoría que xa formulara o xornalista Gay Talese: canto peor fubolista fuches, máis berras ao fillo, pero tamén... [Lire la suite]dimanche 28 avril 2013
O SABOR DO CHOCOLATE SUÍZO DE 1910
O meu pai sentiu a soidade tres veces. A primeira foi ao chegar a Santiago. Con 4 anos saiu buscar amizades á rúa, pero os outros nenos non querían xogar con el porque pensaban que era árabe. Expresábase en vasco, unicamente. Ao cabo, aprendeu español e volveu botar en falta a compañía, mesmo conxuntural, cando o avisaron en Madrid de que o pai morrera en Compostela. Colleu un lento tren nocturno. A última vez que experimentou a vertixe de estar so foi cando empezou a traballar no deserto de Libia nunha compañía que procuraba gas.... [Lire la suite]vendredi 19 avril 2013
SEN CALZADO AXEITADO
Estreei esta primavera preguizosa e impuntual levando o cativo a unha proba de Corre con Nós. Ao chegar ao aparcadoiro de As Termas temín que me confundira. No canto de asistir a unha proba deportiva popular, pesei que me perdera no medio dunha rodaxe de Star Trek. Mirase onde mirase vía lentes galácticas, traxes axustados de cores vivas e calzados que brillarían na cara oculta da Lúa. Tras confirmar que había carreira, sentín que a miña vestimenta —propia para pasear por un supermercado— me transmitía unha sensación de estar fóra... [Lire la suite]samedi 13 avril 2013
O PELO LOURO, O OFICIO MATERNO
Descubrín o clasismo na adolescencia. Tratei de prender fala cunha rapaza. Ela explicoume que era moi «normal»—usou esa palabra tan anuladora— por ser fillo dun profesor e pretender á filla dunha perruqueira. A min, o que me atraía dela era o pelo louro, non considerara o oficio materno. Daquela reparei en que un núcleo tan cativo coma Ribadeo estaba estratificado en varias clases sociais: os fillos dos mariñeiros que tiñan reparos para entrar na cafetería La Bugalla; a muller do médico que soamente abandoaba a clausura de alta... [Lire la suite]vendredi 5 avril 2013
IOGURES SEN CADUCIDADE
A falta dunha discrepancia matrimonial de envergadura, a muller retiroume as latas de atún con aceite. Síntome como cando o médico receitou a Marcel Curnonsky leite con galletas. Era o Príncipe dos Gastrónomos do París de entreguerras. Os mellores 80 restaurantes da cidade reservávanlle unha cadeira cunha praca. O atún enlatado que gasto agora é ao natural, como se tivese algo de natural escorrer auga brancuxenta. A muller trata de convencerme de que é «san». Non atopo nada salubre en que se me axiten os catro líquidos humorales que... [Lire la suite]vendredi 29 mars 2013
DRIFT CON LUCES AMPUTADAS
Daba un drift por Lugo cando vin a Jaime Castiñeira. A pedantería do drift linlla ao pintor Bacon, en (Acantilado). Vén sendo camiñar sen rumbo. O concelleiro lucense atendía a un operario que lle contaba que un condutor con présa batera contra un semáforo na Horta do Seminario. O empregado debía repoñer aquel aparello amputado que algúen levara por diante rabenándoo coma Reis Católicos fixeron coa nosa nobreza. Sempre admiro aos empregados das empresas de sinais porque o seu traballo repón o cosmos na... [Lire la suite]dimanche 17 mars 2013
UN COSTUME VINTAGE
As esceas que máis me prestan da película Marcado por el odio son esas nas que os amigos e veciños do boxeador Rocky Graziano seguen pola radio a evolución dos seus combates. Esas voces hertzianas remiten a un mundo antigo, no que a información circulaba por medios menos explícitos, no que se confiaba todo a un narrador. Eses xornalistas era quen de recrear en nós un pavillón polideportivo no que dous homes se golpegaban cun poderío que soamente o pintor George Bellows deu plasmado. Esa inquedante fascinación volveu... [Lire la suite]vendredi 1 mars 2013
A IRA ENCAUZADA DE HESSEL
A novela de Stendhal A cartuxa de Parma (Galaxia) contén unha escea grandiosa, moi de mirar en cinemascope. Mesmo nese branco e negro francés de 1948 no que a actriz coruñesa María Casares encarna á condesa de San Severina. O mozo Fabrizio del Dongo preséntase a cabalo no medio dunha batalla vestido cun traxe de húsar que lle queda para as medras. O cándido rapaz mira estoupar onda el balas de canón, sente as desgarradas queixas dos feridos, cabalga canda ao mariscal Ney, róubanlle a besta e resulta ferido por soldados do seu... [Lire la suite]