mardi 14 mai 2013

COCIÑA CON PARVADAS

Tras 999 recetas sin bobadas, esperaba que a Contrarreforma culinaria continuase sendo unha esbardallada logo do cuarto viño que se bebe. O título dese libro é unha pose de David de Jorge porque ben que se coidou de asinalo con Martín Berasategui. Pero as correntes editoriais empuxan sempre na mesma dirección, o éxito chama pola imitación, e Juan Eslava Galán, o rigoroso especulador da Historia de España, engade a súa achega á gastronomía populista con Cocina sin tonterías, baseado no recetario da avoa Emilia; sen dúbida, un... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 9 mai 2013

A DECADENCIA CULINARIA DO PROLETARIADO FRANCÉS

  Cada vez que dispoño dun día de lecer, como o de mañá, sento unha morriña feroz de poñer unha pota no lume e abandonala á lenta entremestura de olores e sabores, uns penetrando no cerne dos outros, nunha delongada cocción matutina. Mañá tampouco vai ser. Relerei, en compensación, a pasaxe de Fome de París (que lle debo, eternamente, a Manuel Barreiro) na que Abott Joseph Liebling erixe o pot-au -feu como "a gloria fundadora da cociña francesa". Tras citar a recomendación de Dumas de manter a garda dun... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:57 - - Commentaires [0] - Permalien [#]

mercredi 1 mai 2013

O MERLO LADRÓN

Un merlo picou un anaco de plástico branco no xardín para apreixalo e saír en voo elíptico. Mala trampa carecer de papilas gustativas que a distingan da miga do pan. Pousouse nunha póla do abeto que fica fronte á cociña. Antes había pegas ladroas nesa árbore, pero unha pombas turcas de pescozo verde eléctrico e orgulloso extraditáronas. Sobre a mesa, a miña muller esmagaba láminas de pasta recén amasada. Cólleas e pásaas pola máquina que as corta en filamentos, marabillosos spaghetti. E ela veña a xirar e xirar na manivela con ese... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:07 - - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 21 mars 2013

ARCEA LISTA PASO A PASO

  José, que ten como alumna unha filla no mesmo colexio ca os meus cativos presentoume hai un par de semanas un suxerente dilema sobre o escabechado. Xa fóra do adrio escolar, prendimos a falar sobre gastronomía, que entre descoñecidos ten unha prestancia ben maior ca falar sobre o clima. José citoume a arcea como motivo de orgullo no panorama da súa actividade cinexética, indicábame o seu costume de escabechala para, logo, confesarme o seu reparo sobre ese apagón dos sabores que provoca esa prebe tan... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 19:15 - - Commentaires [0] - Permalien [#]
samedi 16 mars 2013

TORTILLAS ARDENDO MÁIS ALÁ DE FOZ

    O cociñeiro David de Jorge proclamaba nunha entrevista aí atrás que «a tortilla de patacas é a orixe do universo». Esa afirmación cosmogónica levoume ao lamento final do replicante Roy Batty na película ‘Blade runner’: «Vin cousas que non creríades, atacar naves en lapas alén Orión». Eu vin tortillas ardendo alén Foz. En Casa Palmira, de Vilaronte. Ese restaurante era para min un referente dun vello imperio da infancia. Se me guío pola lembranza gustativa, temo que nunca volverei comer coma o teño feito alí cada vez... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 18:26 - - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 10 mars 2013

A LOMBOS DUNHA CABALA

  CONTAR CUN pescador habelencioso nas inmediacións da túa vida é unha fortuna. Sobre todo, nestes tempos en que a friaxe conxela as mans de todo o que se atreva a permancer durante horas asomado nalgún punto costeiro. A luvas nada solucionan porque non hai quen dea empatado un anzol con elas postas. Diante de tamaño risco, opto por seguir o consello daquela familiar miña que aconsellaba no adestrarse en ningunha orde da vida. «Se non sabes facer unha cousa, ninguén cho vai pedir», argumentaba por razoamento natural, sen... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:00 - - Commentaires [0] - Permalien [#]


mardi 26 février 2013

A IMPORTANCIA ESTÁ NA PABUXADA

A IMPORTANCIA está na pabuxada. Con isto quero dicir que a importancia se atopa no detalle, pero prefiro usar a palabra que me aprendeu Primitivo Iglesias cando aínda militaba na vida seglar de profesor de Galego e non era alcalde da Pastoriza. Pabuxada é a neve lixeira, que pousa e se eslúe antes de callar. A min interésame grandemente a pabuxada cando me dispoño a comer. Gústame saber de onde veñen os repolos ou as xoubas porque son consciente de que o padal está no cerebro. Difire amplamente a intensidade coa que che sabe un... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:53 - - Commentaires [0] - Permalien [#]
samedi 23 février 2013

ANDARIEGO ENGRASADOR

No meu imaxinario, situei o vendedor de carne equina de par do oficio que Antonio Álvarez Solís chamaba en 1966 andariego engrasador e agora sei polo xornalista Xavier Colás que se coñecía como sustanciero nos lugares de Castela A Nova que percorría. O sustanciero avanzaba polas rúas detidamente, parando de casa en casa. Adentrábase ata a cociña e, diante da pota de sopa ou caldo ao lume, quitaba un óso de xamón ou de vaca do que termaba un cordel. Mollaba o bendito anaco graxento durante uns minutos e marchaba para a vivenda... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:07 - - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 22 février 2013

HASTINGS

  Non deu feito a Historia, fracasou o cambio á democracia, foille imposible ao razoamento presidencialista, a crise económica revelouse ineficaz, non abrangueu a futura lei de transparencia. Un xogador de balonmán vencedor nas ambicións e derrotado nas prudencias vai ser o guerreiro insospeitado que gañe a Batalla de Hastings para os republicanos pola súa torpeza. Photo: Ray Demski
Posté par Jaureguizar à 18:08 - - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 17 février 2013

UÑA DE MAMUT PARA CEAR

  AS MIÑAS FONTES favoritas son a que ocupa a praza do Campo, en Lugo, e as fontes de mexillóns. Aínda a pasada fin de semana apareceu un quilo de mexillóns grandes e negros coma as unllas dos mamuts para unha cea. Acabaron nunha fonte de Sargadelos que ten varios anos máis ca min. Quítoa do fondo do armario cando percibo que o xantar require solemnidade. Esa fonte lávase coa frecuencia e a dedicación de estropallo requerida, pero transfírelle unha capacidade abraiante para potenciar os sabores e os aromas. para seguir lendo ... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - - Commentaires [0] - Permalien [#]


  1  2  3  4  5    Fin »