dimanche 4 novembre 2012

EXPOSTOS AOS APERITIVOS

  Nesta altura do ano empezamos todos a parecer de Bilbao. Nas rúas ventea e chove por riba de nós, pero teimamos en consumir os aperitivos no exterior dos bares. O ano avanza, o clima empeora, pero quedamos aferrados a unha posición tomada, coma eses centos de soldados xaponeses que sobreviviron nas tobeiras alleos á sinatura da rendición asinada con pluma de ganso asmático por parte de Hirohito. Os hostaleiros fan un inxente esforzo económico e mesmo físico por atraernos ao interior dos seus locais. Cambian o mobiliario... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 1 octobre 2012

SESIÓN VERMÚ

  GALICIA TEN UNHA resistencia telúrica a deixar marchar o verán. Debe de ser unha vinganza contra Franco pola herdanza desagradable que nos deixou en forma de uso horario axustado a Berlín e que fai que o sol luza para todos, si; pero unha hora máis tarde para os que vivimos acaroados ao Atlántico. Os lugueses que andamos decotío pola contorna do parque Rosalía de Castro sabemos que o outono comeza oficialmente cando José Luis Cadenas se pon a exercer de mariscal de campo para montar as casetas do San Froilán.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:25 - - Commentaires [0] - Permalien [#]

samedi 22 septembre 2012

ENTRE AS COMIDAS DE LIEBLING

    UN SEÑOR DE BARBA que sorrí maliciosamente e máis eu sentamos de fronte no traballo. Non hai día que non lle reitere o chiste gastado: «E ti, vés moito por aquí?» «Entre comidas», contesta Elías Ferreiro con paciencia de bedel de instituto. Esa humorada acórdame Entre comidas, o libro no que o xornalista Abott Joseph Liebling rememoraba en The New Yorker comidas da súa estadía en París en 1926, cando tiña 22 anos. Fillo dun comerciante de peles de Nova York, Liebling convenceu ao pai para mellorar os seus... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:33 - - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
dimanche 1 juillet 2012

UNHA BOLSA PREÑADA DE PERAS DA REDENCIÓN

  (Artigo publicado o sábado en El Progreso) CAEUME POLA CASA unha bolsaza chea de peras de San Xoán. Alimentei no meu entorno familiar e afectivo unha sona de omnívoro desprexuizado que me beneficia rotundamente. Recibo un continuado maná de alimentos pouco ordinarios, que agradezo plenamente. Pouco pararon as peras na casa. A culpa foi tanto do recendo a pereira en flor como da cor amarela viva tan gloriosa que ningún fauvista se lle resistiría. Abonda con mirar calquera cadro de Monet para decatarse. O sabor intenso... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:44 - - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 24 juin 2012

UN PEIXE QUE NON SE COCIÑA?

AVA GARDNER desespera nunha escea da película A noite da iguana. A pesar de que o seu hotel na costa de México está pechado por vacacións non renuncia a atender unha excursión de velludos estadounidenses. A súa personaxe entra na cociña para asegurarse de que o xantar está en preparación. Sorpréndese ao atopar o cociñeiro, un chinés setentón, deitado nunha chaise longue fumando marihuana. Están no tempo de lecer, polo que traballar non entra nas súas previsións. Ava Gardner desespera porque hai unha vintena de comensais axeixando.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 17 juin 2012

COMER DE MEMORIA

Un amigo engana á muller. Está cheo de que ela decida por el cando, onde, como e canto van xantar fóra. Hai uns anos decidiu someterse ao risco da mentira para ser quen elixe. Ás veces goza de días libres durante a semana porque ten unha profesión con picos de actividade e vales de acougo, pero non lle conta nada á muller. Neses días, antes de saír da casa, como adoita, farfalla algo sobre un xantar de traballo. Fai para que a frase lle cadre co momento no que anoa a gravata, no intre anterior a coller as chaves do coche e... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:04 - - Commentaires [0] - Permalien [#]


dimanche 10 juin 2012

UN POLO BEN XUBILOSO

A SEMANA PASADA comprobei o xeito explícito no que os británicos están tratando de mellorar a sona da súa gastronomía. O comentario popular é que nesas illas atlánticas se come mal, como se noutras sitios se comese excepcionalmente en calquera baiuca. Decateime cando cumprín co rito bianual de mercar unha botella de xenebra Beefeater. Made in London, made in London; lin nos lombos da botella, antes comprobar que a etiqueta remarca que se elabora en Montford Place, no mesmo Londres. Aprobo que os ingleses tiren desta moda de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:08 - - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 3 juin 2012

WARHOL PINTABA CON SOPA

ALGO SE TORCEU na vida emotiva de todos os que amamos o pop hai uns meses cando a dinamita deitou de vez o edificio de Sopas Campbell na localidade inglesa de Norfolk. A marca estampa toda unha visión da realidade, cunhas resonancias míticas coma o caldo de nabizas que se cociñaba nos mediodías da miña cativez nas alturas de A Pena, un cento de metros sobre a tona do mar en Ribadeo. Mesmo houbo un tempo en que andei tras das latas de Campbell confundindo a paixón intelectual por Andy Warhol co pracer gustativo. Tras contemplar... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 17:45 - - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 27 mai 2012

ENTRE BRANCOS E MORENOS

A DIFERENZA entre ovos brancos e morenos ocupoume ben de horas hai uns anos. Mesmo teño comprado unha ducia de cada cor para tratar de concretar as diferenzas de sabor, texturas, cores e tempos de cocción. Máis ou menos coma Nathan Myhrvold para facer o libro Modern Cuisinist. Convertín a cociña nunha estación de tren británica na que os afeccionados ao trainspotting van anotando os tempos de partida e chegada dos trens. Xa saben un caderno e un cronómetro, soamente me faltaba un deses arco iris que usan os pintores para decidir... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:05 - - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 13 mai 2012

BISTEC DE OSO, FILETE DE LEÓN

DURANTE MILENIOS estivemos acoutando o salvaxe. Aínda hoxe non deixamos de facelo, pero comprendimos que salvaxe non remite necesariamente a fero ou brutal. Os colonos de New Amsterdam ergueron en 1652 un muro de madeira e barro para marcar a fronteira norte do seu territorio. Buscaban manter da outra banda o que eles percibían coma salvaxe: indios Lenape, colonos de Nova Inglaterra, os británicos, osos e corzos. A invasión dos bárbaros produciuse e soldados da metrópole derrubaron a parede en 1699. Daquel valado ficaron o nome... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:29 - - Commentaires [0] - Permalien [#]


« Début   1  2  3  4  5  6  7    Fin »