CABARET VOLTAIRE

Contacto 616.14.57.28. jaure@mundo-r.com Representante: Natalja Dudek (Axencia Literaria Galega) 622.86.33.13.

09 novembre 2009

O LIXO TAMÉN É UN ASUTO PARISINO

O lixo de Nápoles é un asunto da Camorra e o do New Jersey televisivo, de ‘Los Soprano’. En París debe de ter vida propia, porque non é atribución de ninguén. Saul Bellow lembra en ‘Todo cuenta’ (Destino) que se lle ocorreu preguntar onde levar as bolsas do lixo a unha señora que viña de alugarlle un piso. A mulleriña indignóuselle toda e explicoulle que os refugallos non eran unha cuestión da que tivese ocuparse un parisino. Esixiu ao escritor que non volvese mencionar unha cuestión tan noxenta. Destino publica agora ‘Genet en el Raval’,a testemuña de Juan Goitysolo sobre as vivencias compartidas co lumpendelincuente que mellor escribía. O libro parte do Raval barcelonés, co Jean Genet prostituíndose vestida de faralaes para manter un ex lexionario manco que rexeitaba calquera encarnación xuntos malia consentir que compartisen leito. En canto Genet marcha a París, a ese París hixiénico no que os foráneos son incapaces de adiviñar o que se supón que deben facer co lixo, Goytisolo amósao coma un piollo perdido nun mantel de liño, amolando a unha sociedade que ignora o paradoiro dos seus refugallos. Na capital francesa, Genet aparece rexenerado, xa non é o incluseiro que retrata Ivan Jablonka en ‘As verdades inconfesables de Jean Genet’ (Seuil) nin o rapaz que percorre o Raval para pedir cebolas ás señoras con destino a sopas colectivas, nin sequera o godallo que rouba carteiras ou proporciona pracer cabareteiro a decentes industrais barceloneses de ‘Diario dun ladrón’ (Seix Barral), senón un autor que goza do éxito/rexeitamento das súas pezas teatrais. Nesas obras lémbralles aos parisinos que o lixo humano si é algo que lles afecta.

Posté par Jaureguizar à 12:47 - Commentaires [1] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

05 novembre 2009

BD BANDA, EDITORA DO PREMIO NACIONAL DE CÓMIC

O Premio Nacional de Cómic, que outorga cada ano o ministerio español de Cultura foi nesta edición para o álbum As serpes cegas, do mallorquín Tomeu Seguí e do madrileño Felipe Hernández Cava. A obra foi editada polo colectivo galego BD Banda na nosa lingua e en castelán no pasado 2008, sendo a primeira coedición galego-francesa neste campo. O álbum xa fora recoñecido co Premio da Crítica, o Premio Diario de Avisos ao Mellor Guión e o premio do Saló del Còmic de Barcelona á Mellor Obra e ao Mellor Guión entre outros recoñecementos. Os autores da obra recibirán un total de 20.000 euros. (Fonte: Culturagalega.org)

Posté par Jaureguizar à 13:25 - Commentaires [1] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

04 novembre 2009

'L'ENIGME DU RETOUR' DONNE LE MÉDICIS À DANY LAFERRIÈRE

Après le Renaudot de Frédéric Beigbeder, lundi 2 novembre, Grasset double la mise en remportant le prix Médicis grâce à Dany Laferrière et son très beau roman L'Enigme du retour. Le romancier haïtien l'a emporté au premier tour de scrutin par 4 voix contre 1 voix à Justine Lévy pour Mauvaise fille (Stock) et 1 voix à Alain Blottière pour Le Tombeau de Tommy (Gallimard). Le Médicis étranger a couronné à l'unanimité l'Américain Dave Eggers pour Le Grand Quoi (Gallimard). Quant au Médicis essais, il a été attribué à Alain Ferry pour Mémoire d'un fou d'Emma (Seuil). (source: Le Monde)

Posté par Jaureguizar à 19:45 - Commentaires [0] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

BORRAZÁS: "O IMPORTANTE É A FOTO, O RESTO É PALLA"

Xurxo Borrazás, en Temposdixital: "(...) No eido da cultura isto é evidente. Con honrosas excepcións, os nosos músicos, plásticos, actores e actrices ou escritores, a base de comer na man xa aprenderon a falar coma os futbolistas: “medo non, pero respecto si; nós temos que facer o noso xogo, ir partido a partido, saír a dalo todo, non desordenarnos e xogar onde nos poña o míster…   

O PP non tiña nada que temer, os nosos creadores xa aprenderan a responder nas entrevistas con xeneralidades e simplezas non comprometedoras, sabedores e sabedoras de que o importante é a foto e o resto é palla. Xa moitos dispoñen de mil caracteres na revista de cores para criticar as vítimas civís nas guerras do mundo ou condenar a fame nos países pobres. O panorama era ese."

Posté par Jaureguizar à 15:32 - Commentaires [0] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

03 novembre 2009

L'ETHNOLOGUE CLAUDE LÉVI-STRAUSS EST MORT

"L'Académie Française confirme la disparition de Claude Lévi-Strauss. Né à Bruxelles de parents français, le 28 novembre 1908, il avait eu cent ans l'année dernière. Il avait été beaucoup fêté, notamment au musée des Arts Premiers, quai Branly. Car, anthropologue et ethnologue, il a exercé une influence décisive sur les sciences humaines dans la seconde moitié du XXe siècle en fondant la pensée structuraliste". (Source: Le Parisien)

Posté par Jaureguizar à 17:45 - Commentaires [3] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

RESTLESSNESS ACTIVITY IN MY HOUSE

I'm looking 'Paranormal Activity' and hearing strange tones on a empty room of my house

Posté par Jaureguizar à 00:20 - Commentaires [0] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

02 novembre 2009

NDIAYE GAÑA O GONCOURT E O TRASNEIRO DE BEIGBEDER, O RENADOUT

Le Monde: "Grâce à Trois femmes puissantes (Gallimard), Marie Ndiaye a remporté lundi 2 novembre le prix Goncourt. Elle a obtenu, dès le premier tour de scrutin, cinq voix, contre deux à Jean-Philippe Toussaint (La Vérité sur Marie, éd. de Minuit) et une voix à Delphine de Vigan (Les Heures souterraines, J.C Lattès). Avec ce prix gagné face à deux auteurs Minuit - maison dans laquelle elle a longtemps publié - la romancière met fin à la "malédiction" du Femina. En effet, vieux reliquat des querelles entre les deux jurys, jusqu'alors aucun écrivain ayant obtenu le prix Femina n'avait réussi à obtenir le Goncourt. Notons également qu'avec Marie Ndiaye, Gallimard remporte son 36e prix Goncourt. Plus que jamais donc, la maison de la rue Sébastien-Bottin affirme son hégémonie sur la plus haute distinction littéraire française".

Le Monde: "Quelques minutes après le jury Goncourt, c'est au tour du jury Renaudot d'avoir annoncé son lauréat en la personne de Frédéric Beigbeder pour son livre Un roman français (Grasset). Un résultat sans surprise puisque depuis plusieurs jours l'auteur de 99 francs était donné largement favori. Après Alain Mabanckou en 2007 et Tierno Monénembo en 2008, le jury rompt clairement avec son "tropisme" africain francophone."

Posté par Jaureguizar à 14:31 - Commentaires [0] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

01 novembre 2009

A MANOBRA SECRETA DE LE CARRÉ

Joaquín Rábago, en Efe: "En una maniobra secreta digna de sus mejores novelas, John Le Carré, se ha pasado a Penguin tras abandonar su anterior editorial, Hodder & Stoughton, del grupo Hachette, a la que había sido fiel durante 38 años".

Posté par Jaureguizar à 21:26 - Commentaires [0] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

MOLINA CRUZA O RÍO TOLDO

Antonio Escohotado conta no ‘Honestidad brutal’ de Calamaro a anécdota de Alexandre Magno cruzando un río no norte da India. Os seus xenerais eludían ser os primeiros en meterse naquelas augas toldas e xeadas, e o propio emperador houbo de encabezar a incursión. Cando estaba dentro, volveuse aos seus cabaleiros e espetoulles: «Dádevos conta das cousas que teño que facer para que me teñades respecto?» Supoño que cando un dirixe un ente baleiro que ten por todo cometido a diplomacia e o protocolo baixo o nome de Ministerio de Cultura debe defenderse cunha bravura alexandrina. González-Sinde precisa dela porque organizar as escenas de ‘Mentiras y gordas’ non semella aval xestor abondo para ese cargo. Menos mal que nos libramos de Papito, que era o candidato no que se pensara xusto antes que na guionista. O caso de César Antonio Molina é diferente, porque excusa que o comparen co conquistador macedonio na súa ousadía nin na súa capacidade para estender un imperio: iguálaas el. Vén de cualificarse como O Alexandre Magno da Cultura Española. Debe de ser reconfortante ter esa capacidade para loubarse a un mesmo contando co efecto multiplicador de Efe. Con todo, a cultura galega ten que agradecerlle que situase o foco sobre os nosos creadores para lograrnos uns cantos premios nacionais e que levase a lingua aos Cervantes rectificando a castelanocentria de Juaristi. Foi o molinólgo Jabois quen me revelou un personaxe no ex ministro. Confeso que me irritaban as súas crónicas de viaxe, polo inchado e arcaizante, aínda que agora que coñezo a súa máxima —«a miña obra é un antídoto contra o turismo analfabeto»— dei en comprender a súa dimensión.

(artigo para El Progreso)

Posté par Jaureguizar à 13:12 - Commentaires [0] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

31 octobre 2009

CATÓLICOS VS PROTESTANTES + VAMPIROS

Esta mañá incieime no manga. Lin Bleach (2001, 2006 en español)  e Hellsing (1998, 2007 en español) un tras do outro (unhas catrocentas páxinas do tirón). Comezo tardeiro co xénero, mais foi unha experiencia enriquecedora porque teñen un xeito moi particular de contar: apoiado na onomatopeia, cun código de relacións moi extraño e cun saltos temporais a machado, sen transicións. Bleach é moi extremoriental, con espíritos bos e malos, esperable. Hellsing invirte o exotismo: está baseada nunha loita a cara de can entre católicos e protestantes en Europa con vampiros polo medio. Para os nipóns ten que ser toda unha experiencia relixiosa, que cantaría Enrique Iglesias.

Posté par Jaureguizar à 23:25 - Commentaires [11] - Rétroliens [0] - Permalien [#]
« Accueil  1  2  3  4  5   Page suivante »