jeudi 4 juin 2015

OS PRÓXIMOS ALCALDES DE NUNCAXAMÁIS

David Remmick expón en Reportero (Debate) a frase coa que Al Gore se presentaba nos discursos públicos tras perder as eleccións: "Son Al Gore. Fun o próximo presidente de Estados Unidos". Galicia anda chea estes días de candidatos que ían ser futuros alcaldes e flamantes presidentes das deputacións. O caso máis sangrante aconteceu coa Deputación de Lugo como ceo á asaltar. Raquel Arias propuxérase hai uns meses como próxima presidenta abrindo unha batalla que acabou como a de Agincourtpara os franceses. Agora, coa cadeira de... [Lire la suite]

mardi 2 juin 2015

PALPITA

  Estou en contra de que se asubíen os símbolos. Non deixa de parecerme pueril que alguén se moleste por iso, pero deberíamos evitalo mesmo no caso do himno español, tan estrondoso e tan cheirante á vida abandonamente marcial que levaban os militares franquistas, entre a taberna e a sala de bandeiras, mentres os rapaces da mili cargaban coas bolsas da compra das súas señora. O normal na Final de Copa é que, coa protesta anunciada, non soase himno algún ou que soase un himno deportivo e non político; tal vez un pasodobre... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:30 - Commentaires [2] - Permalien [#]
samedi 30 mai 2015

O NOSO BLOOMSDAY MELANCÓLICO

O 18 DE MAIO ACALMOU todo. Foi pasar O Día das Letras e calar a controversia. Tanto ten hoxe que Filgueira Valverde fose un cínico arribista ou un infiltrado valente porque rematou o 2015 cultural de Galicia. O ano comeza a principio do verán, cando a Real Academia Galega designa —cun sistema de votación vaticano no que elixe unha congregación de 25 persoas— a quen debemos ler e avaliar durante os seguintes meses. Nese momento iníciase un ciclo que se prolonga ata o 17 de maio do ano posterior. As Letras Galegas son o evento que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:47 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : ,
mardi 26 mai 2015

GRIPE

A palabra tempo foi máis usada na campaña. A presentación das diversas propostas que os seglares vimos de padecer foi prolongada, complexa e televisada, pero, sobre todo, estivo artellada pola contraposición vello-novo. Pareceu como cando espertas tras unha semana de gripe e unicamente pensas en quitar as sabas suadas para cambialas por un xogo con olor a recén pranchado. Tras remontar as crises da economía en xeral e da honradez política en particular, eleximos como receita electoral cambiar persoas gastadas. Os recén chegados... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 17:46 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 25 mai 2015

SOMBREIRO

    Hai unha canción de Marvin Gaye cun concepto aleatorio de fogar: Onde queira que deixe o sombreiro é a miña casa. Cando un é novo, guapo e triunfa nas listas de música popular dos Estados Unidos pode permitirse identificar o fogar como un espazo provisorio no que manter relacións esporádicas. Marvin Gaye escribiu a letra sentado sobre esa éxtase. Conta como abandona unha rapaza confesándolle que é «esa clase de home que vive sempre dun lado para outro». Unha casa é un lugar ao que volver, un espazo no que sabemos que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 14:02 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
dimanche 24 mai 2015

UN MOSTEIRO SEN LIBROS

Un xornal publicou  anos atrás unha fotografía de Gutenberg, o inventor da imprenta. Sorprendeume, porque Gutenberg viviu no século XV e Niépce tardaría tres séculos en enzoufar unha praca con betún de Xudea para quitar a primeira fotografía. O periódico identificaba a Gutenberg entre varios homes traxados á moda dos anos 50 como «segundo pola esquerda». Eu resistínme a confiar na información porque o creador da imprenta morreu en 1468. Acabei sabendo que o fotografado era o sismólogo Beno Gutenberg, que aparecía traballando... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:28 - Commentaires [0] - Permalien [#]

samedi 23 mai 2015

O ESTUPOR QUE ME AGARDA

Soño novamente coa Casa do Gato, o fogar no que me criei en Ribadeo. A casa xa non existe. O ano pasado vin por internet as máquinas da sustitución pasando coas súas rodas de eiruga por riba dos escombros, esmagando a miña "mocidade amable, heroica, fabulosa, digna de ser escrita en letras de ouro", igual á que añoraba Rimbaud. Ese soño volve a min moitas madrugadas como unha visita inesperada e agradable, pero esta noite a alucinación regresaba para anunciarme que estaba sendo asediado por bulldozers que roucaban na noite de fóra... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,
vendredi 22 mai 2015

DA LITERATURA TAMÉN SE SAE

  FRANCIA TIVO como ministro de Cultura ao escritor André Malraux, Galicia tivo como conselleiro de Cultura ao escritor Alfredo Conde. Ambos feitos son exemplos que explican a diferenza de tamaño entre ambas as culturas.  Estaba onte mesmo lendo na cociña a Allen Gingsberg. No poemario Kaddish (Anagrama) conta á súa visita ao cemiterio parisino de Père Lachaise en 1957 para visitar a tumba que tivo Apollinaire grazas a Picasso e Matisse. Gingsberg repróchalle ao poeta galo que sabía que «os políticos clasicistas... [Lire la suite]
jeudi 21 mai 2015

CAFÉ E TABACO CON CHICHO SÁNCHEZ FERLOSIO

  O meu pai sabía que Rimbaud mentira cando asumiu que "vivimos e morimos de xeito moi distinto a como soñaramos e sen compensación ningunha". O poeta francés morreu cunha perna amputaba, entre febres, esgotado pola disentería que lle provocou a súa obsesión por mimetizarse con 40.000 francos que aforrara nas colonias "privándose de todo, mesmo de café e tabaco, usando ano tras ano a mesma roupa de algodón", segundo lle leo a Henry Miller en El tiempo de los asesinos (Alianza), mentres traficaba con goma, plumas de avestruz,... [Lire la suite]
dimanche 17 mai 2015

O AMOR BISESTO

Maio é o mes do amor. Este ano cae bisesto porque celebramos eleccións municipais, como cada catro anos. Ser incluído nunha lista electoral excita a sensiblidade. Os candidatos melloran a súa autoestima dun xeito tan notable que mesmo lles sobra e empezan a repartila polas rúas. Como consecuencia, caen nese estado de xenerosidade sentimental e de aletargamento intelectual que chamamos amor. Esta semana presentóuseme un cabeza de lista na caixa do Gadis. Eu estaba calculando que me equivocara de cola porque el, que estaba diante... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:56 - Commentaires [0] - Permalien [#]