vendredi 24 février 2012

UNS GALOS QUE SE PROGRAMAN

O ÚNICO QUE botaba en falla cando marchei estudar a Santiago eran os ruídos da natureza. Todas as mañás que vivira ata aquel setembro dos 18 anos acordara con berros de galo, ladridos e chíos de paxaros. No barrio, os gatos encargábanse da patrulla e de miañar polas noites. Os grilos adormecíanme de verán. En Compostela, o máis salvaxe que sentía no cuarto da pensión, en San Roque, eran o ruxido fero dos coches termando das ansias no semáforo; o renxer avellentado dos autobuses e as bromas dos nenos entrando no colexio contiguo.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]

jeudi 23 février 2012

RENOS

Esta mañá vestín unha camiseta con caras de renos que me importou a cativa dende Oslo. Son grises e adornados de cornos amarelos. Un deles ri, outro atura un resfriado esmagador; un terceiro está enfadado -semella actitude vital- e un cuarto, soña. Así ata dez estados de ánimo. Puxen esa prenda para facerme unha idea da situación que pode atopar un desempregado en Laponia. Ben sei que estou sobordando a pavuxada de Feito, pero os seus xefes deberían saber que un micrófono é unha arma con un radio de acción demasiado amplo como para... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 22 février 2012

TOCOUNOS ATURAR O CUARTO DE HORA DE AMAIUR

Fraga era XXL, en todo. Por iso, cando se puxo a apañar dereita baixo o seu mando unificado, acabou xuntando de máis. O mesmo lle valían democristiáns honrados, empresarios franquistas amargamente destetados, intervencionistas vía igualitarismo falanxista ou socialdemócratas de 8.00 a 15.00. Soamente lles esixiu unha identificación de España co parque de El Retiro como modelo; polo que non incorporou cataláns nin vascos, aínda que asimilou todo canto galego quedara aillado e apatridamente orfo tras a ucedecidio. O seu acerto foi... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 21 février 2012

FRANCO FOR EVER

Franco tiña as mans pequenas e frías. Debe de ser a única parte do seu corpo que me acorda conmiseración. Esas mans o mesmo pintaban unhas tenras paisaxes marroquíes que asinaban con letra de bordadora unha condea a garrote vil ou acariñaban unha exótica xuntanza de netos de seu e borbonciños. Hitler tamén pintaba e teño para min que en Hendaia se loubou en abundancia a Víctor de Grailly e pelaxe desa. Por iso, estou certo de que Franco consentiría a escultura de Eugenio Merino; el, que consentía o palio por extrema frivolidade.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 20 février 2012

DOUS AVENTUREIROS NA PROCURA DUNHA COROA

ÁS VECES leo libros que non me interesan. As novelas de amigos e recomendados non contan. Teño dúas columnas de libros a ler na sala. Cando me chega un deses volumes introdúzoo polo medio do resto e vou deixando que a lei da gravidade cumpra a súa condea e vaia esmagando nel ata que desapareza. É preferible perder coñecidos a perder o tempo. Ás veces leo por motivos profesionais. ‘La soledad de la reina’ (La Esfera de los Libros), de Pilar Eyre, foi o último. O texto da catalá orixinaria do Saviñao está alimentado rexoubas polo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:12 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 19 février 2012

PERITO EN CADUCIDADES

SEICA vostede leva anos preguntándose se na orbe occidental pode haber alguén tan confiado como para esquecer mirar as datas de caducidade dos alimentos envasados. Hai. E son eu. Máis ben era eu ata que mirei a película ‘Chungking Express’. Wong Kar Wai inventou para ese filme un policía hongkonés abandonado pola moza que busca de xeito impulsivo latas que teñan o 1 de maio como data de caducidade. O deber moral que se impuxo o axente de corazón esmagado nada ten que ver con aquilo que chamabamos reivindicacións laborais, senón... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]

samedi 18 février 2012

DIGNIDADES E OFICIOS DO PSdeG: PRÍNCIPE, CABALLERO, SECRETARIO, BLANCO, BESTEIRO

A natureza balcánica do socialismo vigués fáiseme tan íntima como o vademecum da miña nai. Carlos Príncipe adoita arrepiñar a palabra aos colegas nas noites da Radio Galega para amosarnos unha e outra vez o seu expediente, ese historial médico no que se recollen todos os virus e bacterias que foron tumefactando o seu liderado da socialdemocracia sureña. Príncipe nunca pasou de estrela anana e acabou por extinguirse para todos menos para esa illa de Elba que pagamos a escote todos os galegos para nos volva recrear os seus austerlitz.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : , , , ,
vendredi 17 février 2012

UNHA VIAXE INCERTA

UN ESMOLEIRO clamaba antonte por «unha simple moeda» na praza lucense de Santo Domingo. Non pedía máis, pero se sentía impelido a xustificar o destino do euro que reclamaba: «Aínda non almorcei», berraba, como se gritar reforzase a sinceridade. Non moi lonxe, Hipólito Trinidad, pedía por boca dos empresarios que se volvese pintar a liña de financiamento. Ao igual ca o pobre, eles confórmanse con pouco e están dispostos a presentar ducias de documentos que xustifiquen o destino que van dar ao préstamos. A xente camiñaba onda... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
jeudi 16 février 2012

A MARCA E OS VENDEDORES

O niño era esférico e tan cativo que podería apreixarse coa man. Os carrizos elaboran coidadosamente os abeiros, pero son malos urbanistas e descoidan o emprazamento. O domingo descubrín un niño na praza alta da Fonsagrada, equilibrado entre as pólas dunha árbore fráxil e espida. Abren un buratiño no caparazón da bóla para entraren. Os carrizos son paxariños célibes, pero indefensos. Voan sen afastarse demasiado da casa porque saben que poden deitarlla en calquera momento. Guillerme conmina aos que marcharon a que entreguen as armas... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [2] - Permalien [#]
mercredi 15 février 2012

AS ILUSIÓNS CEGADAS

O presidente español botou o que leva de estadía na Moncloa ameazando co que “sabemos o que temos que facer”. Intuímos que existe a Verdade Revelada porque coñecemos unha fonte con capacidade de emanala e sospeitamos que xa o fixo. A falta soamente de que as eleccións andaluzas pasen por riba do estertores socialistas, agardemos un deses discursos nos que o mandatario estatal move a cabeza a espasmos aseverativos adiantando o queixo coma se fose unha pomba que procura unhas migas de pan e asemade está alerta por se algún gato... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]