samedi 7 mars 2015

AS SETENTA PALABRAS PARA MATIZAR A CHUVIA

NON SEREI EU QUEN use como diana o investimento realizado no vídeo de Noche y de día, de Enrique Iglesias. Acepto o panorama deses millóns de mozos facéndose unha idea, nun abrir e pechar de ollos que dura 43 segundos, do que é Galicia. «Hay calor en la ciudad, hay calor en la bahía», nos informa o neto do doutor Iglesias, malia que non se atreveu a quitar a chaqueta no Carboeiro. Aínda considerou unha das nosas obsesións como pobo: o clima. O galego non vai ao psiquiatra porque queixarse do clima reconcíliao co máis íntimo do seu... [Lire la suite]

jeudi 5 mars 2015

CON SUSO DO PÁRAMO, NO ALASKA. SEGUIDO DUN ADEUS

Suso do Páramo e máis eu estivemos tomando un café no Alaska, na rúa de San Pedro. Faloume un catálogo das árbores de Friolfe, fíxome un inventario dos regatos de Friolfe, dos cultivos do tempo san en Friolfe. Eu imaxinaba reservando a miña ignorancia labrega. Suso era delgado, o seu corpo inclinábase lixeiramente buscando unha comodidade que nunca lle consentiu a vida e levaba melena, procurando unha femineidade coa que lle marchara o nacemento. Pero era femenino nos dedos longos como o cansanzo e nas unllas atrevidamente felinas... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:47 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
mardi 3 mars 2015

OS FILLOS QUE CHEGARÁN A BISPOS

Os políticos cren na democracia. Son sinceros cando aseguran que todos debemos votar para designar os nosos gobernos. Hai un momento en que cambian o punto de vista e perciben a democracia como un instrumento perturbador e propiciador do caos. Cadra con ese día no que pasan de ser políticos a gobernantes. Os gobernantes rexeitan a xornada electoral dun xeito interior e silencioso porque non poden expresar o pánico a regresar á condición de políticos. O xoves representouse en Lugo unha obra de teatro horriblemente regresiva: Pluto de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:06 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , ,
samedi 28 février 2015

LO ESTÁIS HACIENDO MUY BIEN

Disque as noivas de Pablo Neruda evitaban ler as dedicatorias dos seus poemarios. Lembraban con felicidade aquela vez na que leran o seu nome nun libro, pero sabían que emoción non se repetiría. O nome que lerían no volume de versos que Neruda escribira estando con elas correspondería coa nova amante do escritor. Cada nova dedicatoria tiña un dobre sentido: anunciar ao amor oficial que xa era pasado e ao novo que o convertira en presente, e mesmo en futuro ata que outra dedicatoria a derrocase no corazón que podería escribir os... [Lire la suite]
mardi 24 février 2015

DIVISIÓN AZUL

As persoas que viaxan de noite son pouco discretas. Adoitan comprar un único billete de ida, un billete solitario coa renuncia á compañía impresa no dorso. As travesías nocturnas supoñen renuncias á luz natural e á paisaxe que corre por fóra do vagón. Os viaxeiros da escuridade son narcisistas. Gozan exhibindo os seus perfís a través das ventás do tren para que os insomnes que os observan dende os seus salóns se pregunten intrigados pola súa nacionalidade, polo seu estado civil e por se botan ou non azucre no café. Lugo gusta de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 20:26 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
lundi 23 février 2015

OS LUNS AO SOL

DURANTE ANOS vivín nun edificio no que había dous xemelgos. A maiores de ser cuspidiños, compartían piso e dous Mercedes deportivos  grises idénticos. Mesmo usaban a mesma praza de garaxe grazas a ese desafío tan lucense á física que consiste en meter dous automóbiles onde soamente entra un. Cando me cadraba con algún deles no garaxe xogaba a identificalos. Sería doado establecer que un xemelgo usaría sempre o coche da metade esquerda da praza e o outro, o coche da dereita; pero collían un ou outro de xeito aleatorio polo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 19:10 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,

dimanche 22 février 2015

A ENTROPÍA DA OPOSICIÓN GALEGA

Feijoo mitineaba onte en Lugo que a alternativa ao PP "é un  gran burato negro", aínda que logo veu expresar que non era un baleiro compacto de antimateria, senón máis ben "unha sopa de letras e mareas". O afinador do discurso do presidente debería ter lido algo sobre buratos negros alén de mirar La teoría del todo, donde se resume a vida de Stephen Hawking en amoríos, desgrazas, crueldades e tres minutos de sona para Penrose. Mesmo me atrevo a recomendarlle ao afinador o libro Desde la eternidad hasta hoy (Debate), de... [Lire la suite]
samedi 21 février 2015

FRANCO BUSCA LENCERÍA EN LONDRES

    A actriz Nerea Barros aseguraba nunha entrevista do ano pasado que non lembraba «unha experiencia máis forte que facer de Virxe María en EXB». Dende o pasado domingo xa coñece outro experiencia máis intensa: gañar un Goya polo seu papel na película La isla mínima.A intérprete compostelá debe de ter unha inclinación conxénita ao arroubo. «Puxemos o Goya na mesa de noite e miraba para nós», comentaba na mañá posterior coa candidez virxinal dunha mañá de lúa de mel. Seica cultiva ese rito tan galego de poñer... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:35 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,
vendredi 20 février 2015

PAPEL SECANTE

  A neve é o papel secante dos nosos días. Cando calla forma unha capa que absorbe as pegadas dos nosos zapatos, facendo moldes dos noso camiñar. A neve fainos de rexistro de obxectos perdidos: das horas e das tensións e das alegrías que imos deixando atrás a cada momento. Kafka tiña unha intuición aguzada sobre os seres humanos. Plasmouna na súa literatura, coma no conto As árbores. Nel, compara as persoas con árbores cubertas parcialmente pola neve. Semella que poderían ser desprazadas mesmo por un empurrón desganado, pero... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,
jeudi 19 février 2015

A TRAXEDIA SILENCIOSA E TORPE DO REI

Antón (+8) está en cadeira de rodas porque lle deron unha patada estrondosa nun partido de hai quince días. Afora (afora é Ribadeo, afora é o piso no que se acomoda o noso lecer familiar) chove con interese. Nada concreto e excitante a facer. Propoño a Antón xogarmos ao xadrez, aínda sabendo que el leva catro anos federado e consciente da miña inútil capacidade para concentrarme, do meu minúsculo interese pola traxedia silenciosa e torpe do rei (medio coxo e soxulgado a ser defendido por outros dunha morte que lle está escrita no... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:35 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,