mercredi 21 juillet 2010

IKEA CASILLAS

Zapatero animou a Rajoy á resignación catalá. “Convénzaos vostede de que non unha nación”, veu espetarlle aproximadamente. Euskadi vai encarreirado polo mesmo rego e logo de que remate a política fición de que os vascos as prefiren españolas, teremos dúas forzas centrípetas no Reino. Galicia, coma adoita, con Feijoo arremangándose para facer un estatuto sen a forza que historicamente tirou máis por un goberno de nós e posibilitou que teñamos unha identidade gubernativa maior ca de Región de Murcia. Galicia, tan frívola coma sempre,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 20:57 - Commentaires [1] - Permalien [#]

dimanche 18 juillet 2010

ASASINOS E LARPEIROS

Padecemos a certeza de que Stieg Larsson é reproducible coma os edredóns ou os salmóns de piscifactoría. Mentres agardo a que esa onda se deite para procurar novelas nórdicas que paguen a lectura, ando cunha de asasinos de verdade. Pierre Michon partiu para escribir 'Os once' (Galaxia) dun cadro no que Corentin retratou o Comité de Salvación Pública. Robespierre e Saint Just encabezaban ese organismo, creado para rendibilizar o invento de Guillotin. Lendo en 'Os once' acordei de 'El goloso' (Alianza), a historia europea do xantar que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 18:23 - Commentaires [4] - Permalien [#]
vendredi 16 juillet 2010

KAPOOR, O HOME BALA

Nas noites de xullo estame acompañando un volume de fotografías que Jean Marie del Moral fixo a Barceló en punto de bulimento. Cando o sol se apaga, segue indo caloriña nun Ribadeo que non semella el da quentura diurna. Eu aproveito para imaxinarme en Mali onda Barceló, asistindo á creación dos lenzos que se alternan coas imaxes. Un libro bonito que me permite vivir a emoción da arte. Case mellor, escribo revivir. Hai unha semana estaba no Guggenheim e deina gozado cunha instalación de Anish Kapoor. O centro de arte bilbaíno cedeulle... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:29 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 13 juillet 2010

O PADRÓN DAS PRESUNCIÓNS

Ás veces presumimos que o matrimonio ten un efecto de ósmose: que se unha azafata casa cun intelectual sólido, vai estar á súa altura. Mesmo pensamos que talento poderoso nuna materia; a literatura, poñamos por caso, serve para todos, que un Premio Nobel de Literatura pode ser un xestor eficaz. Xuntemos os supostos e pensemos que unha azafata casada cun Premio Nobel de Literatura vai ter a capacidade precisa para xestionar unha fundación. Os perxudicados de tanta presunción foron os de Padrón.
Posté par Jaureguizar à 17:13 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 13 juillet 2010

O PERSONAL JESUS VALENCIÁN

O goberno trentino da Comunidade Valenciá acordou xerar unha exposición individualizada de monstros. As mulleres que, solventando o seu inferno endóxeno, se atrevan a abortar, van enfrontar unhas visións do Inferno á moda de Dante. Xa postos a premer nos terrores das rapazas aterrorizadas, poderían proxectar vídeos de Marilyn Manson; cando menos teñen unha estética teatral coidada. A maiores, recoméndolles ler máis abaixo na lista dos mandamentos que revisaron para tomar esta decisión, porque hai que ordea: Non corruptelarás.
Posté par Jaureguizar à 17:10 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 11 juillet 2010

CANTAS CASAS TEN HIRST?

Andan cambiando as flores do can de Jeff. Puppy non é un cadáver, pero as flores amurcharan. A peza 'Cachorro' (1996), o cadelo de Jeff Koons, permite que Bilbao chame ao Guggenheim, 'a caseta do can'. Puppy coida do cuarto de milla de ouro arquitectónico, deseñado por Ghery, Isozaki, Calatrava, Mariscal e Pellí. Nese radio entra o Museo de Bellas Artes, que percorrín inspirado por 'Bilbao-Nova York-Bilbao' (Xerais), de Uribe. Na tenda merquei 'El tiburón de doce millones de dólares' (Ariel), de Don Thompson. O autor conta o xeito no... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 21:22 - Commentaires [2] - Permalien [#]

jeudi 8 juillet 2010

MANOLO ESCOBAR E OS TOLEIRÁNS

Alejandro Sanz guindoulle unha bronca a Jorge Lorenzo por rexeitar poñerse a camiseta da selección española para unha fotografía. Na noite de onte, paseando polo Ensanche bilbaíno e caluroso, mirei a uns fanáticos bailando e amolando aos peóns no medio e medio dunha rúa, disfrazados de xogadores da Roja (pendentes de bisutería incluídos) e axitando bandeiras que aquí non se ven mentres cacareaban o himno paralelo que compuxo Manolo Escobar para o seu país. Ninguén deles pasaría dos vinte anos. Tampouco contaría máis desa idade o fato... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:47 - Commentaires [6] - Permalien [#]
mercredi 7 juillet 2010

LO QUE NOS UNE

O enchepistas de hoxe vai ser un partido de fútbol entre os representantes de España e de Alemaña. Agradezo, logo, estar botando uns días nun país normal; no que reclaman ser representados pola súa selección. Este país é tan sensato que non soamente evita montaxes vergoñentas de pantallas xigantes na liña estética e monocorde da Praza de Oriente, senón que mira o fútbol por interese no deporte, sen exhibicionismos rojigualdas. Escoitaba onte, por un descuido no roldar da rosca do dial radiofónico, a un deses aletrados creadores de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:42 - Commentaires [22] - Permalien [#]
mardi 6 juillet 2010

DE CAÑAS CO EUSKOBARÓMETRO

Alguén da ETB vén de mercar un manual sobre como converter un tipo incapaz de comunicar nun líder que tire pola CAV. No magazine de maitines informan de que os vascos elixen a López para ir de cañas. Porei acaroado a ese comentario que o Euskobarómetro, que dirixe Llera (nada sospeitoso de non ser prosocialista), recoñece que soamente o 22 por cento dos vascos aproba a xestión de López e o 66 por cento rexéitaa frontalmente. A pregunta é: Para que queren os vascos ir de cañas con Lòpez? O caso é que alguén na ETB empezou a aplicar o... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:43 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 5 juillet 2010

UN PASEO POLA MORTE ALLEA

UNHA VEZ atopeime tres gardas civís con chaleques antibalas encarándonme cos seus cetmes e un can. Parapetáranse tras unha curva boscosa nun desacostumado paso fronteirizo hispanofrancés. O que mandaba díxome de baixar do Renault 5 e abrir as portas todas. Colleume a documentación, achegouse ao Nissan para chamar pola emisora. Semellaban estrañados. «Que fai por aquí?» «Estou dando unha volta»,mentínlles evitando que agromase a vergoña de explicarlles de que estaba practicando turismo literario tras ler Desde la vuelta del camino... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:16 - Commentaires [0] - Permalien [#]