vendredi 24 mars 2017

O RAPAZ QUE PERDEU A COR POLA SOEDADE

    A ACROBACIA de Haruki Murakami como escritor consiste en dar un pinchacarneiro de costas e acertar a caer nese punto do mapa literario equidistante entre o popular e o intelectual, entre o emocional e o afectado, entre o fantasioso e o crible. Calquera ten unha opinión sobre o autor xaponés; rexeitadora ou devota, pero tallante. Hai páxinas web pro e anti Murakami en tal cantidade que é o escritor cun maior aparato crítico producido por lectores viandantes de modo espontáneo.Unhas semanas atrás falei sobre Murakami... [Lire la suite]

jeudi 23 mars 2017

A VIDA, ESE ASUNTO DAS CLASES MEDIAS

A MIÑA CASA quedou desolada a fin de semana pasada. Marcharon todos. Tiven que ser valente para afrontar a crise. Quitei La Cocotte, unha pota de ferro inventada en París, como Notre Dame ou os corchos do champán Moët et Chandon. Cociñei lentilles à cinq legumes, que son unhas vulgares lentellas con cinco verduras, nomeadas con elegancia. Mentres cociñaba, servinme Moët; o abandono alíviase mellor cunha bebida de luxo. Na cociña soaban o chop chop da pota e as canzoni de Piero Ciampi en versión de Bobo Rondelli, que soan... [Lire la suite]
samedi 18 mars 2017

IBUPROFENO, CALDO DE GALIÑA E 'GUERRA E PAZ'

  Os tres mellores remedios contra a enfermidade son unha caixa de ibuprofeno, galiña para caldo e un exemplar de ‘Guerra e paz’. O xoves perdín a guerra bactereolóxica coa vida. Houben de encamarme, pero non tiña a lucidez necesaria para escribir Na busca do tempo perdido, como Proust; senón máis ben unha actitude indolente e desmotivada de Onetti. Diante da falta de alento para acometer unha proeza proustiana, tomei ibuprofeno, cociñei un caldo e collín un exemplar de War and peace. O libro era unha versión en inglés... [Lire la suite]
samedi 4 mars 2017

UNHA CATA DE CINCO ACEITES CORDOBESES

ANDRÉ GIDE viaxou polo Magreb en 1896. Organizara unha viaxe de vodas —ese rito atávico— tras casar coa súa curmá Madeleine. Casou sen ganas, porque llo enconmendara a nai como derradeira vontade. En Túnez métese nun «café escuro, ao que non ían máis que altísimos negros do Sudán. Algúns tiñan un dedo do pé cortado como símbolo da súa submisión». Explica Gide que eses escravos sudaneses que tanto o atraen eran devotos dos perfumes. Colgan dos turbantes uns ramallos de xazmín oloroso que dan «ao seu semblante a expresión dunha... [Lire la suite]
samedi 25 février 2017

PARA LER DIARIOS NON NECESITO CONDUCIR

Aproveitei que o luns a miña casa estaba desolada para cometer un exceso: cear sardiñas con tomate. Como os meus non aturan o cheiro das xoubas, espero a quedar so para compralas e fritilas coa exaltación de todo acto clandestino. Deixo que as sardiñas se queimen un chisco porque me encanta ese sabor torrado, aínda que teña que suavizalo cunha ensalada de tomate. Cando ceo xoubas cumpro a profecía de que non darei durmido en toda a noite: o estómago non parará de retorcerse como se o Demo me bailase sobre as tripas, pero as miñas... [Lire la suite]
vendredi 17 février 2017

A FROITA NON SE VENDE EN CAIXAS DE MEDICAMENTOS

  NOS ANOS SESENTA o meu pai cometía a insensatez de apañar percebes nas mareas vivas de setembro. Aínda lembro o salitre tentador e o temor de velo desaparecer entre as rochas de Esteiro. Soxuzgaba a súa vida á ditadura das ondas altas. Coller percebes no medio do perigo era a súa rebelión contra a rutina. Xa na mesa, trataba de concienciarnos como os últimos exemplares dunha especie que se extinguiría coa década dos 70: o homo degustador de comida. «En el futuro, os alimentaréis con píldoras de colores que no sabrán a... [Lire la suite]

mercredi 15 février 2017

PANADEIROS ADVENTISTAS DO SÉPTIMO DÍA

  Aquela mañá mandáranme entrevistar na tardiña á superiora da clausura dominica de Lugo, non lembro o motivo; asomou cunha voz enclaustrada tras a opacidade do torno e presenteime e ela suspirou un berro que dicía: "¡Ah, es usted periodista! ¡No queremos saber nada con los periodistas!" ou algo igual de cristiano e misericordioso. A Igrexa católica sempre foi unha canalizadora experta de inmensas cantidades de información (pensa nos mosteiros medivais); pero rexeita todo coñecemento ou noticia que non pase polo seu nihil... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:07 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,
vendredi 10 février 2017

UNHA NOITE SOLITARIA NO HOTEL MALTA

Non recordo terlle falado a ninguén de que Vázquez Montalbán se encerrou en vixilia nun museo de cera para contalo na Interviú.  O LUNS POLA NOITE estaba sentado nun café con Óscar. Liberaba un longo e pesaroso monólogo baseado na idea de que a chegada de Donald Trump ao poder aumentou as vendas de 1984, a novela distópica de George Orwell. Fun interrumpido suavemente polo meu amigo. Quitou unha chave do peto e pousona sobre o metacrilato. Era tosca, debía de pesar medio lingote de ferro, e levaba un M gravado na... [Lire la suite]
vendredi 10 février 2017

ORATORIO

A Igrexa lucense anda en tempo de desolación, que é impropio de mudanzas, segundo San Ignacio. Vin estes días unha pancarta diante do Pazo Episcopal de Lugo contra uns cambios de sacerdotes. Non lembro a ninguén manifestándose urbi et orbe na diócese polo traslado dun asistente social ou dun médico. Debe de ser que as necesidades e as doenzas do corpo carecen de trascendencia. O meu entusiamo espiritual difuminouse cando empecei a comprender as palabras que usaba o cura e a descifrar os seus ritos. A miña tía Charo conservaba... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:48 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : , ,
lundi 6 février 2017

BRANQUIAS

OS VECIÑOS DO QUE era Portomarín ata que se trasladou a un alto paraconstruír un encoro están afeitos a marchar das casas no verán por culpa das secas. Buscan algún remanso de auga río arriba. Agardan e regresan coa tempada das chuvias. Pero a ruindade do ceo neste inverno obrigounos a escapar fóra de tempada. Eu teño escrita algunha reportaxe cando se cumpriron os 50 anos do cambio de ubicación, en 2013. As persoas que quedaron na vila de abaixo comentaban que, ao primeiro, cando lles asolagaron as casas, todo eran problemas: os... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:48 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,