vendredi 30 avril 2010

AS SENTENZAS DE AGAPITO

TODAS AS mañás collo un folio en branco para ler o periódico. Trázolle unha liña negra vertical no centro. Da banda esquerda apunto as noticias inaceptables e da banda dereita, as aceptables. Na lista de noticias inaceptables de onte escribín as protestas reiteradas dos tribunais Constitucional e Supremo porque se lles afeen a torpeza e a lentitude. Os maxistrados están afeitos a traballar nunha cabina de cristal inmune aos comentarios coa excusa montesquiana do respecto ás decisións xudiciais,pero a percepción mudou e o periodismo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:17 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :

vendredi 30 avril 2010

CALVEIRO: "O QUE ME INTERESA É O FUTURO"

MARCOS CALVEIRO entrevistado por Montse Dopico: ["O que me interesa é a contradición. Por un lado ese control, as delacións, a Inquisición, e por outra banda unha cidade en plena efervescencia cultural, e nese sentido cunha sociedade máis libre... A novela ía titularse A gramática das máscaras. En realidade trata da condición humana. Cada quen leva unha máscara que lle impide ser quen quere ser: a envexa, a paixón, o amor, o odio, a vinganza, o sentimento de culpabilidade, a redención... Están no Entroido e levan máscaras, pero... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:10 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 30 avril 2010

SUSO DE TORO: "A MIÑA FIGURA DE ESCRITOR NON TEN LUGAR"

SUSO DE TORO: [Resumindo, a miña figura de escritor, o autor que vai tecendo unha obra, xa non ten lugar. Neste tempo sen memoria, perpetuo presente, só cabe a novidade e todo é espectáculo. Desde os límites da literatura galega podemos pensar que iso non acontecerá pois é unha literatura de autor: un erro. É un cambio profundo na nosa civilización e -cómo non había ser así- aféctanos igualmente.]
Posté par Jaureguizar à 22:02 - Commentaires [1] - Permalien [#]
jeudi 29 avril 2010

MABEL RIVERA: "CALLAS NON ERA TAN FERA NIN RIVALIZABA CON OUTRAS SOPRANOS"

Entrevistei a Mabel Rivera en El Progreso: [Maria Callas soubo dende os seis anos que sería cantante de ópera. A súa nai «reparou en que era un diamante en bruto e explotouno, aínda que nunca lle deu amor», comenta a actriz Mabel Rivera, que comezou a interpretar tamén porque a chamaron, «pero era porque facía falta xente para formar un grupo de teatro en Ferrol». Apuntouse sen unha convición rotunda, pero acabou deixando o seu traballo de tradutora en Astano. A súa nova aposta é ‘Master class’, unha obra de Terence McNally sobre unha... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:25 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
mardi 27 avril 2010

SUSO DE TORO VOLVE (AO INSTITUTO)

FERRÁN ADRIÀ ten esa cualidade dos grandes xenios para desdobrarse. Pessoa xa o facía nos seus heterónimos, neses personaxes aos que poñía a escribir con diversos nomes. Agora que andan estudando ao poeta luso nas xornadas literarias de Neda, podían continuar analizando a heteronimia en Adrià. Obra de ficción non lle falta porque vén de publicar Cómo funciona El Bulli: los métodos, las ideas y la creatividad de Ferrán Adrià. O volume, editado por Phaidon, non desmerece das obras de Tolkien nin de J.K. Rowling porque é unha recreación... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:41 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
lundi 26 avril 2010

RENÉ REDZEPI, COMO PARA UNHA VODA

[elBulli acaba de perder su cetro de mejor restaurante del planeta, según la nueva lista S. Pellegrino que difundirá esta noche la revista británica Restaurant y que finiquita cuatro años consecutivos de preeminencia de Ferran Adrià. Pero la filosofía de ese mago catalán de la cocina sigue imponiéndose en el panorama culinario, porque el nuevo número uno es uno de sus herederos, el chef danés René Redzepi, que dirige los fogones de Noma en el puerto de Copenhague.] Patricia Tubella, en El País
Posté par Jaureguizar à 23:20 - Commentaires [0] - Permalien [#]

lundi 26 avril 2010

O POST E-BOOK

A tecnoloxía do e-book, superada.
Posté par Jaureguizar à 12:33 - Commentaires [0] - Permalien [#]
samedi 24 avril 2010

A ORIXE DAS ESPECIES

SUSO DE TORO a R. Noguerol en Vieiros: [A figura do 'autor literario' "foi un ciclo histórico que rematou".]
Posté par Jaureguizar à 01:44 - Commentaires [0] - Permalien [#]
samedi 24 avril 2010

A RADIO OCÉANO VOLVEU SOAR

[Vinte e tres anos logo de deixalo, dezaoito dende a reconversión naval “do home pálido”, Radio Océano volveu subir a un escenario.] Iago Mrtínez, en Xornal.
Posté par Jaureguizar à 01:35 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 23 avril 2010

CELLAS RECURTADAS

DESCONFÍO dos homes que recurtan as cellas. Refírome a eses que collen unhas tesoiras e dan unha tallada a canto peliño lles sobresae por riba dos ollos. Vostedes tamén deberían desconfiar, máis ca deses que depilan o peito. As cellas teñen a súa función no corpo: deixarse empapuzar polo suor que nos escorrega pola fronte abaixo. Os rapaces que afeitan o corpo non deixan de buscar o brillo na pel, pero os señores que recurtan as cellas tratan de afastarse do noso pasado máis remoto, deses machotes que fomos no tempo das cavernas. Eses... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:02 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :