dimanche 18 octobre 2009

O FUSIL ARRESTADO DE CANEIRO

Caneiro lémbrame a un amigo meu a quen puxeron a vixiar un fusil cando facía a mili. O arma que matara un rapaz cando estaba limpando nela. A diferenza é que o meu amigo cuestionaba a orde impartida. Pepe Caneiro é tan ben mandado que o mesmo turra contra o que lle indican como columnista que se pon unha máscara para un vodevil sobre a gripe A. Eu valoro a fidelidade á empresa, o problema é cando a encarga que lle fan vai de materias que el non domina: a crítica literaria e a novela. Pep Caneiro é un lector entregado, pero si lle... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 15:51 - Commentaires [21] - Permalien [#]

dimanche 18 octobre 2009

O MEU ELECTRICISTA NON É 'COMUNETISTA'

O MEU electricista, Ramiro, andaba pola casa o xoves para mirarme un problema cunhas lámpadas. Mentres el unía o cable azul co amarelo conteille que na Feira de Frankfurt acaba de asumirse que o libro electrónico imperará á volta duns anos. Comenteille que o quebracabezas para escritores e editores consiste en garantirse os ingresos polos textos, que serán o resultado de ensamblar creatividade, formación, experiencia e traballo. O problema é que hai ‘ciberanarquistas’ (defensores da cultura libre) e ‘comunetistas’ (Creative Commons,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:53 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 16 octobre 2009

A XERACIÓN QUE NON DEU SIDO

Óscar Iglesias asina hoxe no PaísdeG un espléndido traballo xornalístico -como adoitan ser os seus- arredor da xeración que non deu sido. Ao cabo, ten razón Camilo Franco, o que nos unía era a escasa vontade de integrar grupo algún. Acerta tamén Ana Salgado cando sinala a contradición de que non se nos recoñeceu como colectivo e as mulleres son encerradas en categorías sendo o xénero o único que as une en moitos casos.
Posté par Jaureguizar à 16:49 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 16 octobre 2009

PLUMEIRO

Os vellos definen o clima transiberiano da cidade de Lugo distinguindo tres estacións: inverno, verán e a do tren. Neste San Froilán sufrimos a transición incerta nos barómetros que caracteriza o outono nesta urbe. Poida que esa alteración ambiental explicase que eu vise unha rata cun plumeiro prendido á parte baixa do lombo apañando castañas no xardín traseiro do meu edificio. Debe de ser unha compensación por ter que vivir quince días entre coches aparcados coma aparellos de equilibrista, carreiras de bicis e enxurradas de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 14 octobre 2009

EMILIO JOSE: "ROSA DÍEZ NON ME DENUNCIOU"

P: E foi rexeitada pola letra. Que buscaba con ese tema, chamar a atención?R: Podía escribir unha canción con tópicos para chamar a atención. Pode que a letra che guste ou non, pero non di nada de mal gusto. P: A alusión a Rosa Díez é de moi mal gusto, mesmo diría que delictiva.R: Rosa Díez non me denunciou. P: Supoño que porque non coñece o tema.R: Non é nada máis ca unha canción, non un tratado político. Eu son antiviolento, soamente fago cancións. Se sae un grupo político reivindicando que alguén ten que morrer, sería o... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:47 - Commentaires [11] - Permalien [#]
mercredi 14 octobre 2009

KIRMEN URIBE ESPAINIAKO NARRABITAKO LITERATURA SARIA JASO DU

Kultura Ministerio espainolak gaur jakinarazi duenez, Kirmen Uribek eskuratu du 2008ko Literatura Sari Nazionala, Narratiba alorrean, Bilbao-New York-Bilbao lanagatik. Bilbao-New York-Bilbao (Elkar) é a primera novela de  Uribe, quen aposta pola autoficción para comparar as circunstancias de tres xeraciones de vascos coa excusa dun voo transoceánico.
Posté par Jaureguizar à 13:20 - Commentaires [0] - Permalien [#]

mardi 13 octobre 2009

O MORTO QUE QUERÍA MIRAR O NODO

Tras o chorrazo de socialprogresismo sueco, chégamos a asepsia conservadoramente sospeitosa de Frankfurt. Entre o vergoñento comité de exaltados este ano está "Wang Zhaoschan, autor de un poema en el un fallecido durante el terremoto de Sichuan elogia al Partido Comunista y dice que sólo quiere un televisor junto a su tumba para ver los Juegos Olímpicos".
Posté par Jaureguizar à 23:23 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 12 octobre 2009

O HOME ENTRE O MILLÓN

Son moitos os ignorantes da literatura que afirman, sen base algunha, que os Nobel caenlle sempre a rariños. O deprimente é que levan razón. O Premio Nobel de Literatura chegou no seu día a ser un galardón para bos escritores, pero pasou a ser un medio máis de denuncia política e deu nos últimos anos nun xeito de satisfacer o exhibicionismo nórdico. Suecia reparou en que aquelas gavelas de mulleres de físico impecable que paralizaban o corazón das praias sureuropeas xa non os situaba no mundo e que as cancións de Abba son... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:53 - Commentaires [9] - Permalien [#]
jeudi 8 octobre 2009

HERTA MÜLLER WINS NOBEL PRIZE

Herta Müller gañou o Nobel, ten obra en Xerais.
Posté par Jaureguizar à 20:05 - Commentaires [3] - Permalien [#]
mardi 6 octobre 2009

BOOKER PRIZE GOES TO HILARY MANTEL!!!!

Hilary Mantel wins the 2009 Booker prize for her fictionalised life of Thomas Cromwell, Wolf Hall
Posté par Jaureguizar à 23:34 - Commentaires [8] - Permalien [#]