lundi 23 février 2009

SOÑO CUNHA GALICIA COMO A NAVE DE STAR TRECK

Falo con Natalia Sequeiros, en El Correo Gallego: "Si estamos por pedir imposibles, mi Galicia sería como la nave de Star Trek", afirma Jaureguizar. "Un país bonito, elegante, moderno tecnológicamente y verde ecológicamente, que se desplace por el universo orgulloso de sí mismo. Parecería que todos son ingenieros informáticos con trajes espaciales diseñados por Emilio Tucci". No le ha gustado mucho al escritor lucense la cartelería preelectoral de los candidatos gallegos. "A Touriño parece que lo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:17 - Commentaires [2] - Permalien [#]

dimanche 22 février 2009

"ADOITA MESTURAR HAMLET CON ZARA"

Miguel Giráldez na súa Foto Finish: "Jaureguizar, Jaure, leuno todo sobre o de Stratford. E logo foi a Stratford. Mólalle Shakespeare, é incrible o que pode dar de si un tipo do século XVI. Eu tamén son un seguidor destas cousas, e, quizais por iso, gocei moito co Globo de Shakespeare. Hai unha certa rareza literaria neste Jaureguizar, que adoita mesturar Hamlet con Zara, Coriolano e Gadis, As ledas comadres de Windsor e os deportivos Nike. "Eu son un escritor do meu tempo", di, máis ou menos. "Interésame o que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:09 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 22 février 2009

PAPEL E CABALOS

"El papel quedará como objeto de culto, algo parecido a lo que pasó con los caballos y el coche", explica Juan González de la Cámara, director general de Grammata, el portal que distribuye e-libros y e-revistas en castellano para Papyre.
Posté par Jaureguizar à 21:05 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 22 février 2009

BRAGADO INSISTE NA OFICINA DE EXPORTACIÓN LITERARIA

Manuel Bragado en RNE: "Manuel Bragado apuesta por "una estrategia más profesionalizada", para lo que propone la "creación de una oficina de la literatura gallega en el exterior", que promueva la traducción de textos gallegos. "Es uno de los retos colectivos que nos proponemos el sector editorial gallego", indicó.
Posté par Jaureguizar à 18:30 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 22 février 2009

"SE DISCREPAS, FAINO EN SILENCIO"

Camilo Franco: "Eu sería máis partidario que partidista de poñer fin á falsa paz cultural, ao castigo da discrepancia ou a utilizar a máquina clasificatoria para que quen está máis lonxe do centro canónico sexa cualificado de raro".
Posté par Jaureguizar à 17:09 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 20 février 2009

DÉRONME O PREMIO MUSEO DE LUGO!!!!!

O xurado do primeiro Premio de Xornalismo Museo de Lugo acadou concederllo ao meu artigo Medio siglo sin el poeta discreto, no que reivindico a figura do poeta que foi sempre silandeiro e humilde coma un barco sen luces.
Posté par Jaureguizar à 14:38 - Commentaires [14] - Permalien [#]

jeudi 19 février 2009

37 GALLETAS, MAÑÁ EN COMPOSTELA

José Miguel Giráldez guiará mañá (venres, 20) ás 20.00 horas na Libraría Couceiro unha conversa arredor d'O Globo de Shakespeare' co seu autor, que, como supoñen, son eu. A miña muller preparou 37 unidades das reputadas Galletas do Globo de Shakespeare, así que fagan por non chegar tarde porque repartirei ao chegar e logo quedaría coa bolsa baleira.
Posté par Jaureguizar à 11:56 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 19 février 2009

BATALLAS GASTADAS

Marina Mayoral quita hoxe unha novela. Asegura que a motivación foi a súa sorpresa diante da sorpresa que levan os alumnos de ESO cando lles fala da Guerra Civil. As persoas que viviron a posguerra teñen o conflito do 36 como algo transcendental e vivo. Para os rapaces non deixan batallas gastadas, un lonxano eco de ardor guerreiro, como era para a xeración de Mayoral a Guerra de Cuba.
Posté par Jaureguizar à 11:47 - Commentaires [1] - Permalien [#]
mercredi 18 février 2009

VÍA BELGA

César Casal a Pachi Vázquez: "¿Y qué le parece dar clase de matemáticas en gallego a un niño que habla en castellano?".  Outro que tira pola Vía Belga.
Posté par Jaureguizar à 12:25 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 17 février 2009

AS GAÑAS QUE TEN DE OLIVEIRA

Juan de Oliveira é un rapaz con moitísimas gañas de facer cinema. Apunta xeito na curtametraxe 'Economía de mercado, cun tráiler setentonamente curriño. Catorce minutos de espionaxe industrial en galego. A estrea será o venres ás 20.00 na Fundación Caixa Galicia da Coruña
Posté par Jaureguizar à 21:51 - Commentaires [0] - Permalien [#]