Canalblog
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité

O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.

1 avril 2008

ERNESTO CHAO, O REY

A Academia Galega do Audiovisual concedeulle o Premio de Honra Fernando Rey a Ernesto Chao pola súa carreira. Mesmo abondaba coa riqueza interpretativa que amosa en As últimas lúas para ser merecente do recoñecemento.
Publicité
Publicité
1 avril 2008

LED(O)ICIA

Margarita Ledo vai ir pola rúa das Tabernas. Ben o merece por ese traballo titánico de encabezar o renacementos do documental galego.
1 avril 2008

O TERCEIRO CORVO BRANCO

Advertíame Martin Pawley de que me faltaba un. Hoxe chamoume para informarme de quen era e estou ben contento por todo o que está logrando Marcos. O rapaz vai coma unha bala.
31 mars 2008

YBBYZA

Ánxela Bugallo anunciou hoxe que Galiza terá un dos dous centros YBBY que hai no mundo, o que quere dicir que seremos un dos dous centros de LIX do mundo.
31 mars 2008

O CURIOSO INCIDENTE DO RINOCERONTE A MEDIANOITE

Atacan ao rinoceronte e el vólvese. *Jaureguizar é subscriptor de Rinoceronte polo rigor nas traducións e polo interese do catálogo.
Publicité
Publicité
30 mars 2008

VIGOPRITZKER

Vigo ten o seu Pritzker. Agora que nos ameazan con arquitectura ecoaburrida, podemos estar contentos de que para nós a festa non rematou.
29 mars 2008

TEATRO PROFESIONAL EN LUGO

Lugo é unha cidade con nutrida e histórica afección dramática, ata o punto de que hai un certame anual de teatro amador feito na cidade. Malia as dificultades, o colectivo 'Palimoco' remudou en profesional con media ducia de actores. A noticia súmase...
28 mars 2008

DOCAMPO, O CALVINISTA

Xabier Docampo anuncia para outubro 'O libro das viaxes imaxinarias' na colección 'Dream Team' de Xerais. Un turista da fantasía percorrera varias cidades levando experiencias, receitas e poemas de cada lugar. Docampo confesa o seu calvinismo na inspiración...
27 mars 2008

CINCO CASARES PARA QUICO SHAKESPEARE

Neste cabaret sempre lles fomos de Shakespeare e de Quico. Por iso estamos contentos polos cinco María Casares que levou esta noite a montaxe que Quico fixo de 'Noite de Reis', chamada orixinalmente 'A duodécima noite'. Levaron cinco dos nove premios...
27 mars 2008

DOUS CORVOS BRANCOS MÁIS

Ata onde puiden informarme temos dous novos White Ravens. A maiores, OQO recibirá unha mención especial no Bologna Ragazzi Award e Marisa Núñez foi premiada pola fundación suíza Espace Enfants polo seu libro 'Chocolata'.
Publicité
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité