Canalblog
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité

O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.

21 juillet 2014

OS NENOS QUE ME CHAMARON ASASINO

OS NENOS QUE ME CHAMARON ASASINO
Hai tres meses chamoume unha televisión de Madrid para que participase nun debate sobre Israel e Palestina. Advertinlles de que era unha frivolidade que me convocasen porque unicamente coñezo de xeito superficial ese problema territorial, aínda que me...
Publicité
Publicité
18 juillet 2014

O ASNO DE BALAAM

O ASNO DE BALAAM
O paseo desta mañá estivo cheo de provocacións. Saín dende a miña casa na baixada ao peirao de Porcillán, que usaba Alfredo Deaño nos seus exemplos da Introduccion a la lógica formal (Alianza), que tanto lle prestaba ler a Leopoldo Calvo Sotelo. O paseo...
15 juillet 2014

AUGA DE VICHY

AUGA DE VICHY
Cando os norteamericanos liberaron Garmisch do Terceiro Reich requisaron as mansións para dar abeiro aos seus soldados. Nunha das apetecibles saíulles ao paso un vello proclamando que era Richard Strauss. O tenente que mandaba naquela unidade ordenou...
14 juillet 2014

POLO CAMIÑO DE XOÁN

POLO CAMIÑO DE XOÁN
O paseo de onte deino en coche polo Camiño de Xoán. Conducínme do norte ao sur do país, de Ribadeo a Ourense, para encontrarme con Juan Tallón; en adiante Tallón porque en Lugo os cidadáns soamente teñen apelido, a única certeza que nos ofrecen para diferenzalos...
13 juillet 2014

O ANO NO QUE ELIXIMOS PERIGOSAMENTE

 O ANO NO QUE ELIXIMOS PERIGOSAMENTE
A heroica cultura de Galicia durmía a sesta cando un tremor a axitou: a Real Academia Galega (RAG) acordou dedicar as Letras Galegas a José Filgueira Valverde. Como golpe de efecto é insuperable. A Academia, resignada a ser administradora concursal da...
Publicité
Publicité
11 juillet 2014

UNHAS CAIXAS DE PEIXES CON CRISTAIS

UNHAS CAIXAS DE PEIXES CON CRISTAIS
No Cantón, onde tomo auga con gas (non porque me saiba, senón por anglofilia), podo ver un, dous, camareiros vestidos de camisa branca; o seu xefe, Nemesio, reforzou o disfraz cun sombreiro e unha paxarela, e ornamentou as paredes do café con románticas...
9 juillet 2014

A RAG VALIDA TODOS OS FILGUEIRAS QUERENDO LEXITIMAR UN

A RAG VALIDA TODOS OS FILGUEIRAS QUERENDO LEXITIMAR UN
O paseo desta mañá transcorreu entre a praia manufacturada dos Bloques e As Aceas, onde rehumanizaron dous muíños de marea do Renacemento ribadense. Na hora de camiñada regresei ao Affaire Filgueira porque o meu sogro me estivo lendo, en voz comprensiva,...
8 juillet 2014

A MONXA DUBIDOSA, AS SEÑORONAS CO ABC E FILGUEIRA VALVERDE

A MONXA DUBIDOSA, AS SEÑORONAS CO ABC E FILGUEIRA VALVERDE
A mañá do sábado atopoume na terraza do Costa Verde, en Ribadeo; sentei a uns metros dunhas señoronas que se axeitaran na casa para responderen a todo o que se agarda dunhas señoronas de vila pretenciosa. Collían as olivas da tapa, que lles renderan nunha...
6 juillet 2014

O MARIÑO QUE PERDEU A GRAZA DO MAR

O MARIÑO QUE PERDEU A GRAZA DO MAR
Domingo foi un outsider. O seu destino estaba escrito na tona do mar. Naceu Rinlo, o porto ribadense ao que lle medraron casas ao redor. Porén, fixo a mili en verde, por terra, nunha localidade na que a vestimenta dos quintos era azul. "Cando volvía de...
2 juillet 2014

NON ESTOU, PERO DESCONFÍEN: CALQUERA DÍA VOLVO

NON ESTOU, PERO DESCONFÍEN: CALQUERA DÍA VOLVO
Publicité
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité