dimanche 21 octobre 2007

SEIS HORAS

Hai 42 anos que soño, hai anos que anoto os meus soños. Soñar é unha actividade pracenteira ao que lle dedico seis horas ao día. Yeats afirmou que "a responsabilidade empeza nos soños". Eu vou asumila publicamente.
Posté par Jaureguizar à 00:02 - Commentaires [2] - Permalien [#]

jeudi 18 octobre 2007

BETI IZANGO DUGU BILBAO

As miñas lembranzas de Bilbao son en verde e marrón. En Euskal Herria aínda estiven hai algúns anos, mais non son o estranxeiro na miña cidade natal dende antes do Gugui. Descubro agora que Ghery e Foster se unirá Hadid nun proxecto que semella espectacular. Como sigan nese paso firme, acabaremos por ter Berlin a catro horas do país en coche. Cando volva non o recoñecerei.
Posté par Jaureguizar à 16:39 - Commentaires [2] - Permalien [#]
mercredi 17 octobre 2007

A SAGA GAÑOU

Anne Enright levou o Booker.
Posté par Jaureguizar à 07:52 - Commentaires [5] - Permalien [#]
mardi 16 octobre 2007

MISTER PIP NA PRAIA DE CHESIL

McEwan e Lloyd Jones parten coma favoritos para esta noite. Atento, mister Fraga, agardo polo seu comentario, malia que seica non gustou de On Chesil beach, ao contrario ca outros.
Posté par Jaureguizar à 09:32 - Commentaires [9] - Permalien [#]
lundi 15 octobre 2007

AS FOBIAS DE AMIS

Amis segue negando padecer fobias. Yasmin Alibhai-Brown acusouno agora de islamofobia por non distinguir entre a minoría violenta e crente, e a maioría pacífica e crente. Amis bótalle as culpas ao crítico marxista Terry Eagleton, que tirara das declaracións do novelista sobre que "a comunidade musulmana terá que sofrer as consecuencias ata que poña orde na casa", que Amis fixo tras descubrirse un intento de musulmáns para facer voar e caer avións sobre o Atlántico. Defendía que os musulmáns debían mirar coutadas as súas... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:17 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 14 octobre 2007

SPOKEN WORD

Agora xa sei quen inventou o spoken word.
Posté par Jaureguizar à 23:26 - Commentaires [4] - Permalien [#]

dimanche 14 octobre 2007

GALIZA

Gosto de viaxar a Portugal, é o que mellor imita a visitar o estranxeiro.
Posté par Jaureguizar à 22:06 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 14 octobre 2007

OUTRA VOLTA DE PORCA DA NOVELA NEGRA

Disque a novela negra volve a volver. Desta volta volve con trasfondo social. Tusquets mercou un borrador do que será o vindeiro Mankell, que se chama polo de agora O chinés e que vai dun asasinato que comeza en Virginia e vai dar á China postMao. Outra das compras é un romance de Petros Markaris, un autor grego e benquerido neste cabaret. Pola súa banda, Destino traducirá para o español o primeiro tomo da triloxía Millenium de Stieg Larsson, que se titula Os homes que non gustaban das mulleres. Esa mesma editorial anuncia as novelas... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 15:54 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 11 octobre 2007

DORIS LESSING

Doris Lessing, Premio Nobel
Posté par Jaureguizar à 13:10 - Commentaires [8] - Permalien [#]
jeudi 11 octobre 2007

PHILIP ROTH, FAVORITO PARA O NOBEL

Quen xogan a pasta din que Roth é o favorito. Saberemos o que acontece nun par de horas.
Posté par Jaureguizar à 10:59 - Commentaires [6] - Permalien [#]