dimanche 4 mai 2014

UNS SEGUNDOS DE SILENCIO E PÁNICO

A CARREIRA ESPACIAL foi a viaxe mítica que artellou toda a miña infancia, nos anos 70. A desputa entre Estados Unidos e a URSS por dominar a última fronteira era a grande aventura que nos axudaba a erguernos pola mañá para ir ao colexio. Agustín Fernández Paz recupera a odisea que o fascinou pola radio para situala como asunto troncal para a novela A viaxe de Gagarin (Xerais).   A obra está protagonizada por Miguel Mendiguren, que chega á Coruña sendo neno para ir descubrindo que é fillo da clandestinidade... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]

samedi 3 mai 2014

A SEGUNDA DAS MIÑAS MELLORES CAMAS

A CONVERSA DAQUELA TARDE de maio de 2005 foi unha das máis absurdas que mantiven na vida. Eu regresaba dende Stratford Upon Avon, a vilela onde William Shakespeare naceu hai estes días 450 anos. O tren que esvaraba deliciosamente pola campiña inglesa, tan verde e ondulada coma o campo de golf que montou Gulliver para xubilarse. Dirixíame a Londres tras a pereginaxe vital á que debe someterse un shakespiriano. Aproveitei a pracidez para memorizar parágrafos de El tiempo de Shakespeare, de Frank Kermode, coa fin de exhibilos en... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:58 - Commentaires [2] - Permalien [#]
vendredi 2 mai 2014

UN CLUB DE LUME INFERNAL PARA QUIQUE BORDEL

    Quique Bordel dicíame esta tarde, segundo saíamos do seu estudo en Campo Castelo, que "Norman Mailer convertía en épico todo canto contaba". Todas as sociedades precisan dun Mailer que as conte con tanta precisión e tanto atrevemento coma Mailer, pero todas as sociedades precisan dun Quique Bordel que lles abra as tripas e as escandalice. Bordel é un xenio que, a maiores, fai arte. Nas súas obras abondan os aforcados e os pendurados polos pés, tamén os empalmados. Non necesariamente coinciden os primeiros e os... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:49 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 1 mai 2014

13 NEGRO

Taschen envíame a súa revista con toda a súa marabilla -e, neste número, o seu desacougo- dentro. Na capa aparece Whoopi Goldberg, a actriz negra, bañándose en leite e lembro o comentario alóxico que derrubou o presidente dos Clippers. A publicación promociona neste número, que teñen a atención de mandarme en español para que non necesite engurrar o entrecello, unha edición de luxo das obras de Iheronimus Bosch, enténdase O Bosco. A súa obra fai que atenda aos centos de detalles e fai que me sinta angustiado. Son consciente de que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:37 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 30 avril 2014

SOMBREIROS A CUBERTO

Hai uns días empecei unha rolda de encontros con artistas, que rematou hoxe. Todos eles teñen diferentes porcentaxes de talento e técnica na súa formación, pero todos posúen cantidades equilibradas de ambas as cousas. Todos pasan dos cincuenta. Ningún deles precisa explicar a súa obra. Empeza a ser raro atopar artistas por baixo desa idade que non necesiten facelo. Reúnen varios obxectos cunha graza relativa e, sobre base física, arman unha narración máis ou menos baseada nun fundamento teórico. E, claro, eu boto en falta aos... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:38 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 29 avril 2014

27 'NEGROS' E UN ARTISTA CLANDESTINO

     As acusacións contra o marchante Carlos Bergantiños por vender obras de arte falsas poderían dirixirse por elevación contra unha parte da produción occidental de roupa e complementos. O FBI acusa ao empresario de arte de Guitiriz de contratar un chinés para falsificar obras de arte a 200 dólares a peza. Pei Shein Qian asegurou a The New York Times que recreaba«obras que compraba xente que non podía permitir adquirir os orixinais».    Ese sentido democratizador fora alentado por Andy Warhol, que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 03:35 - Commentaires [0] - Permalien [#]

lundi 28 avril 2014

OS NENOS SON OS ÚNICOS RESPONSABLES DO FUTURO DO LIBRO

    O Día do Libro diante do televisor para esperar pola milagre dunha idea fresca a prol dese soporte. Elena Poniatowska confirmoume na cerimonia do Cervantes que se poden escribir discursos rabiosos e emocionantes sen manifestar que os libros son as paisaxes máis queridas nin parvadas desa catadura intelectual. De quitada a escritora mexicana, todo foi tópico sumado alugar común para salvar a lectura. Xa na noite, o último refuxio para atopara atopar unha idea orixinal foron os medios públicos. En Foro... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 04:38 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 27 avril 2014

UNHA REFERENCIA FAVORABLE AO DEMO

Hame perdoar, Gloria Lago, que me dirixa a vostede dende o escenario do Cabaret Voltaire sen que ninguén nos teña presentado e que o faga no meu idioma. Tendo en conta que son vasco e que me criaron en español, mesmo lle agradecería que valorase a xeira que me representou aprendelo e que me representa usalo decotío. Esta tarde fixen algo excepcional: andei lendo no seu blog. Non o teño de costume, non tanto porque as nosas visións sexan diverxentes -leo varios blogs de persoas que razoan distinto a min-, senón porque ten un... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:47 - Commentaires [0] - Permalien [#]
samedi 26 avril 2014

NAPOLEÓN PERFUMADO

O libro electrónico máis vendido estes días é Cien años de soledad. O dato non me interesa concretamente, senón como síntoma do anodinos e influenciables que son os nosos gustos literarios. García Márquez morre, García Márquez vende; a ninguén lle apetece sentirse convidado nunha conversa. A min pasábame co fútbol; con todo, negueime durante corenta anos a mirar partidos por moito que determinasen un ostracismo disimulado entre os amigos. Agora, paternidade condiciona, asisto como telespectador a algún encontro e como espectador a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:46 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 22 avril 2014

DISNEY FILOSOFA EN PONTEVEDRA

Terrible Eagleton na Semana de Filosofía de Pontevedra. Veño de ler a información de Marcos Pérez Pena, aínda conmovido pola suxestiva intervención de Terry Eagleton, na que fixo unha enmenda parcial ás lecturas tradicionais de Marx. A explicación sobre as reflexións de Marx son atinadísimas e aínda máis a presentación da dramaturxia marxista -sufrimento que garante liberación- coma modalidade paralela á dramaturxia católica. A miña discrepancia con Eagleton empeza polo principio, pola tese que avanza no título. Como pode dicir... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]