jeudi 12 janvier 2006

COMPROMISO

¿Temos que repoboar Chechenia con serbios para que os nosos intelectuais denuncien o xenocidio que están perpretando os rusos ou abonda con que sexa bombardeada pola Otan?
Posté par Jaureguizar à 09:53 - Commentaires [9] - Permalien [#]

mercredi 11 janvier 2006

NOVO EMBAIXADOR

Alfonso Sobrado Palomares será o novo director da Casa de Galicia. Presentei a miña novela máis desapercibida na nosa representación diplomática en Madrid. Moita actividade hai que facer para xustificar ese gasto.
Posté par Jaureguizar à 16:32 - Commentaires [10] - Permalien [#]
mardi 10 janvier 2006

A PROVOCADORA CRÍTICA DE EYRÉ

No último número de A Nosa Terra, Xosé Manuel Eyré publicou unha crítica da novela Cabaret Voltaire. Lina coa mesma devoción discípula coa que leo os outros seus traballos seus. O principio pode ser máis provocador, mais habería que esforzarse abondo: sitúame na liña xeracional de Otero Pedrayo, sabendo como sabe que o único Otero que me interesa é aquel cantante que estivo casado coa actriz María José Cantudo. A seguinte referencia é Risco; si, hai moita Mitteleuropa nesa novela, hai unha nova toma en consideración da tensión entre a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:43 - Commentaires [14] - Permalien [#]
lundi 9 janvier 2006

CAIXA MASOQUISTA SOBRE 'CABARET VOLTAIRE'

Prezados clientes: O bote das propinas foi habilitado para as súas suxestións acerca da novela matriz deste local. Opinen logo sobre o libro Cabaret Voltaire:
Posté par Jaureguizar à 19:23 - Commentaires [9] - Permalien [#]
lundi 9 janvier 2006

OLLO MOL

O Ideal Gallego tivo a ben acoller un artigo meu da serie Ollo Mol entre as súas cálidas páxinas. É o mesmo que publico os domingos no Progreso. Os clientes deste bar que, malia todo, non acaben de estar saciados de jaureguicismo, poden lelo aló.
Posté par Jaureguizar à 17:50 - Commentaires [3] - Permalien [#]
mercredi 4 janvier 2006

EDITORA DE COLONIAIS

Moisés Barcia vén de argallar o proxecto cultural, do que precisaba o país, unha editorial de coloniais. O galego como lingua vehicular era unha necesidade. Anuncia tres autores que me interesan moito: Barnes, Ferrandino, Andric. O resto, pouca dúbida ten. Non perdan máis tempo lendo este blog. Suscríbanse en www.rinoceronte.es Se logran que sexamos cen suscriptores, teremos o mundo acó.
Posté par Jaureguizar à 15:42 - Commentaires [11] - Permalien [#]

mardi 3 janvier 2006

UN PASAMENTO E UN NOMEAMENTO NA GZ DO SUR

O fundador do Jornal das Letras finou. A súa criatura é central no debate cultural luso dende hai un cuarto de século. António Mega Ferreira aceptou ser director do Centro Cultural de Belem, central no ámbito cultural lisboeta. Mega ten un libro de contos, Caixas chinesas, que sorprende por estar ambientado nas Azores, co que de limitación física para os personaxes supón habitar unha illa, por moito arquipélago que integre. Miguel Lobo Antunes, irmán de António Lobo Antunes, foi tamén director deste centro; agora leva Culturgest.
Posté par Jaureguizar à 15:40 - Commentaires [1] - Permalien [#]
lundi 2 janvier 2006

A FREGONA DE HÉRCULES

Neste país aínda temos editores que pagan a pena. Francisco Rodríguez Iglesias, un self made man de Taboada, non achou atranco para tirar de fregona e cubo na mañá do día primeiro do ano e limpar de dúas pintadas estúpidas a fachada da súa editorial na Coruña. Malia contar con 221 tipos os que llelo podería encargar.
Posté par Jaureguizar à 15:11 - Commentaires [15] - Permalien [#]
vendredi 30 décembre 2005

OS PREMIOS NACIONAIS

A nova Lei do Libro determina a creación de varios premios nacionais en cada un dos xéneros habituais nestes casos. A Xunta pretende cumprir esa disposición, mais constata que os numerosos recoñecementos gremiais (Irmandades de Libro, Premios da Edición, Premios da AELG, etc.) acaben por restar peso aos seus. A idea é facer confluír todos (ou a maioría) nuns únicos premios institucionais e dotados xenerosamente. Quen pon máis atrancos son os libreiros e os seus galardóns son asemade o maior atranco porque están subvencionados por... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 08:38 - Commentaires [11] - Permalien [#]
jeudi 29 décembre 2005

O DISCRETO SILENZO DA CONSELLEIRA

Eu non teño de cotío a oportunidade de falar vagariño coa conselleira de Cultura. Mesmo, nunca tivera a oportunidade e desconfio de volvela ter. Así que aproveitei para comentarlle o erro que me parecía regalar un libro con relatos escritos pola Santa Compaña no partido da selección nacional de hoxe, o horrísonos que se me fan os anuncios televisivos para fomentar a lectura, a necesidade de establecer un control sobre as contratacións de escritores para actos, o inaprazabre de dignificar esteticamente as feiras do libro, o interesante... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:28 - Commentaires [17] - Permalien [#]