vendredi 16 décembre 2005

¿EN QUE MANS CAEMOS?

A pregunta é dubitativa, non lamentativa. Fíxoa Tino en referencia a que mañá o Babelia publica un comentario sobre Trece por docena. Xurxo, Xabier, que a terra nos sexa leve.
Posté par Jaureguizar à 18:06 - Commentaires [2] - Permalien [#]

jeudi 15 décembre 2005

PREMIOS CABARET VOLTAIRE

O xurado dos Premios Cabaret Voltaire, reunido ás nove da mañá do 15 de decembro do 2006, decidiu por unanimidade dun único voto que os mellores libro lidos por Jaureguizar nese ano foron: NARRATIVA PARA ADULTOS: -En galego: Dedre de Ramón Caride. -En portugúés: Norwegian wood de Haruki MUrakami -En francés: Un pedigree de Patrick Modiano -En español: Extrañas estrellas de Emine Segvi Özdamar NARRATIVA PARA RAPACES. -En galego: Fantasmas no corredor de Agustín Fernández Paz -En portugués: Lenga, lenga de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:05 - Commentaires [15] - Permalien [#]
mercredi 14 décembre 2005

SALITRE

A miña novela Salitre acada a súa cuarta edición. Agora podo afirmar con convición que me sinto con folgos abondos como para que Martin Pawley a lea e a avalíe. Mándeme o seu enderezo, Señor da LIX, prégollo.
Posté par Jaureguizar à 12:17 - Commentaires [7] - Permalien [#]
mardi 13 décembre 2005

PREMIOS EDICIÓN 2005

Para o Premio Ánxel Casal ao libro do 2005, os candidatos finais son Historia da educación e da cultura en Galicia, de Antón Costa Rico, publicado por Edicións Xerais; Herba moura, de Teresa Moure, da mesma editorial, e Non sei cando nos veremos, de Anxo A. Rei Ballesteros, editado por Galaxia. Ao Premio Lois Tobío ao libro traducido do 2005 optan a versión galega de Manhattan Transfer, de John Dos Passos, obra de Mercedes Pacheco (Ed. Sotelo Blanco); a tradución de O gatopardo, de Tomasi di Lampedusa, de Xavier Rodríguez... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:52 - Commentaires [4] - Permalien [#]
mardi 13 décembre 2005

PARABÉNS AO CLUB FARO DE VIGO

Descubro que os intelectuais galegos tamén teñen cousas interesantes que comunicar (aínda que eu discrepe nesta) e que mesmo poden ser convidados ao Club Faro de Vigo. Vigo é unha cidade de Galiza, un país con moitas máis persoas que queres e sabes comunicar cousas interesantes na lingua de seu.
Posté par Jaureguizar à 11:01 - Commentaires [2] - Permalien [#]
lundi 12 décembre 2005

ARCADIO LÓPEZ-CASANOVA, PREMIO CAIXANOVA

O xurado do IV Premio de Poesía Caixanova decidiu hoxe outorgarlle o galardón a Arcadio López Casanova pola obra "Herdo do canto", que foi presentado baixo o lema "Orfeo". O certame, dotado con 10.000 euros, é o de maior dotación do panorama literario galego e un dos mellores que se realizan nas diferentes linguas do Estado. Arcadio López-Casanova naceu en Lugo en 1942 e actualmente é catedrático en Lingua e Literatura Española na Universidade de Valencia. Poeta e ensaísta, é unha das voces máis relevantes da súa... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 14:07 - Commentaires [10] - Permalien [#]

vendredi 9 décembre 2005

DAVOS

Alex Capus asevera en La otra isla que Stevenson atopou a súa illa do tesouro. Antes, pasara unha tempada en Davos.
Posté par Jaureguizar à 22:32 - Commentaires [8] - Permalien [#]
jeudi 8 décembre 2005

ESCRITORES ESPAÑOIS REACCIONARIOS E O VIÑO

O día santo para os católicos é un día axeitado para que os ateos fagamos cousas importantes. Na miña casa (90 metros cadrados) somos tres (30 metros para cada un) decidimos facerlle o seu espazo (25 metros cadrados cada quen) o vindeiro membro da familia. Movo moreas de libros e reparo nas moreas de libros que nunca vou ler (por exemplo un ensaio sobre escritores españoles reaccionarios ou un álbum sobre o viño en Galiza). Agora están aillados en caixas modelo Guantánamo para que non fagan dano e mañá irán para a biblioteca máis... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:29 - Commentaires [2] - Permalien [#]
mercredi 7 décembre 2005

A CUBA DA LITERATURA XUVENIL

Xerais e Caixa Galicia veñen de crear un galardón para novelas dirixidas a rapaces. Cousa moi positiva que se delimite o Premio Merlín e que haxa outro para narrativa moza. Cousa moi positiva é que as empresas semipúblicas dediquen os seus beneficios á cultura galega no canto de darllos a espectáculos españois de baixa intensidade cultural tipo cincoespilidos.com. Cousa positiva é que se alente a creación deste tipo de novelas porque andan escaseando moito en Galiza. Hai anos, moita xente lanzouse a escribilas dando por suposto que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 15:55 - Commentaires [3] - Permalien [#]
mardi 6 décembre 2005

O HAMLET DE BRAXE E TOSAR

Na mañá leveu unha alegría ben alegre e cedeira, o Hamlet de Braxe e Tosar, que será montado cunha maioría de investimento privado. Un pasiño máis para que Galiza poida empezar en aspirar a imitar a Cataluña e facer cultura de seu (na súa lingua) con empresarios destemidos poñendo cartos. Na Coruña, o 17 de febreiro, logo. Malia que, ao contrario da mairoría e dos críticos, Hamlet non sexa o meu personaxe favorito dos que inventou Stratford-Upon-Avon; porque tanta edipismo e tanta inseguridade resolta en arroutada cansan (o pasado... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:20 - Commentaires [14] - Permalien [#]