mardi 29 avril 2014

27 'NEGROS' E UN ARTISTA CLANDESTINO

     As acusacións contra o marchante Carlos Bergantiños por vender obras de arte falsas poderían dirixirse por elevación contra unha parte da produción occidental de roupa e complementos. O FBI acusa ao empresario de arte de Guitiriz de contratar un chinés para falsificar obras de arte a 200 dólares a peza. Pei Shein Qian asegurou a The New York Times que recreaba«obras que compraba xente que non podía permitir adquirir os orixinais».    Ese sentido democratizador fora alentado por Andy Warhol, que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 03:35 - Commentaires [0] - Permalien [#]

lundi 28 avril 2014

OS NENOS SON OS ÚNICOS RESPONSABLES DO FUTURO DO LIBRO

    O Día do Libro diante do televisor para esperar pola milagre dunha idea fresca a prol dese soporte. Elena Poniatowska confirmoume na cerimonia do Cervantes que se poden escribir discursos rabiosos e emocionantes sen manifestar que os libros son as paisaxes máis queridas nin parvadas desa catadura intelectual. De quitada a escritora mexicana, todo foi tópico sumado alugar común para salvar a lectura. Xa na noite, o último refuxio para atopara atopar unha idea orixinal foron os medios públicos. En Foro... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 04:38 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 27 avril 2014

UNHA REFERENCIA FAVORABLE AO DEMO

Hame perdoar, Gloria Lago, que me dirixa a vostede dende o escenario do Cabaret Voltaire sen que ninguén nos teña presentado e que o faga no meu idioma. Tendo en conta que son vasco e que me criaron en español, mesmo lle agradecería que valorase a xeira que me representou aprendelo e que me representa usalo decotío. Esta tarde fixen algo excepcional: andei lendo no seu blog. Non o teño de costume, non tanto porque as nosas visións sexan diverxentes -leo varios blogs de persoas que razoan distinto a min-, senón porque ten un... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:47 - Commentaires [0] - Permalien [#]
samedi 26 avril 2014

NAPOLEÓN PERFUMADO

O libro electrónico máis vendido estes días é Cien años de soledad. O dato non me interesa concretamente, senón como síntoma do anodinos e influenciables que son os nosos gustos literarios. García Márquez morre, García Márquez vende; a ninguén lle apetece sentirse convidado nunha conversa. A min pasábame co fútbol; con todo, negueime durante corenta anos a mirar partidos por moito que determinasen un ostracismo disimulado entre os amigos. Agora, paternidade condiciona, asisto como telespectador a algún encontro e como espectador a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:46 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 22 avril 2014

DISNEY FILOSOFA EN PONTEVEDRA

Terrible Eagleton na Semana de Filosofía de Pontevedra. Veño de ler a información de Marcos Pérez Pena, aínda conmovido pola suxestiva intervención de Terry Eagleton, na que fixo unha enmenda parcial ás lecturas tradicionais de Marx. A explicación sobre as reflexións de Marx son atinadísimas e aínda máis a presentación da dramaturxia marxista -sufrimento que garante liberación- coma modalidade paralela á dramaturxia católica. A miña discrepancia con Eagleton empeza polo principio, pola tese que avanza no título. Como pode dicir... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 21 avril 2014

DÉDALO AGUIRRE

Fernando García de Cortázar, antes o coruñés Ramón Menéndez Pidal, e outros historiadores españois consagraron estudo e fabulación a construír un nacionalismo singular, o español, que non se basease en lendas, mitos, esaxeracións e interpretacións favorables de feitos como acontece de todo canto nacionalismo prolifera no mundo e actuou na Historia con resultados desiguais. A expresidenta de Madrid, Esperanza Aguirre, solventou tanta inmersión fabuladora nun discurso filotaurino no que veu equiparar os contrarios á festa nacional cos... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:58 - Commentaires [0] - Permalien [#]

dimanche 20 avril 2014

SEMANA SANTA, ESPAÑA

Semana Santa, España. Oito badaladas dominicais acompasan uns cantos harmoniosos. Deixo o café para asomar ao balcón. Estou vestido, descalzo. A camiseta das bicicletas de Eivissa ben se defende co frescor educado da mañá. Un grupo de fregueses adéntrase no cantón por baixo da casa. Son anciáns que alegran as cabezas brancas e grises con panos vermellos ao pescozo. Cargan unha figura cuberta pola caluga e as costas por un pano negro sobre unha peaña. Os catro portadores amosan ilusión, non parece que lles represente unha carga. Polo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:26 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 14 avril 2014

UNHA CARICIA DUBITATIVA A HEIDEGGER

A miña avoa Aurora era unha mestra de feituras republicanas, é dicir, unha muller cun coeficiente de intelixencia elevado e de cultura ampla. A súa mesa de noite estaba habitada: Dovstoieski, Tolstoi, Agatha Christie, Patricia Highsmith (!!!)... Unha noite, contra a fin da súa vida confesoume -a min, que debía de ter 17 anos cargados de sorpresa e xa de racionalismo- que empezara a sospeitar que o Demo existía. Para Aurora, duns sesenta anos, a idea era tan nova coma excitante porque era crente, pero nunca acabara de aceptar o... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 03:26 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 13 avril 2014

ROSALÍA, MODELO PARA ARMAR

A IMAXE DE GALICIA no exterior viviu uns tempos máxicos nos anos 60 e 70. Un eficacísimo aparello de agitprop logrou enmarcar o país nunha serie eterna de postais nas que se amosaba a mansa e sorrinte vida galega. Os modelos representaban oficios vestindo o traxe rexional cun porte que explica o florecemento posterior dos nosos deseñadores de moda. A mostra Apostolado galaico amosa algunhas desas venturosas visións na Sala X de Pontevedra. A decadencia que padece a nosa cultura ten unha causa coxuntural na crise e a causa epidémica... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 19:26 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
mardi 8 avril 2014

A HISTORIA INTERMINABLE

Rajoy volve aplicar a mesma fórmula que o levou a deambular polo poder dende que a primeira vez que gañou unhas eleccións a algo, en 2011: laissez faire. O deixar facer é un principio do liberalismo económico, pero o presidente español non é un liberal convencido, é un liberal que deixa facer por non ter que ocuparse. Gobernar cáusalle unha densa preguiza, tanta que me pregunto -sospeito que el tamén- quen lle mandou meterse a xestionar España. O positivo da democracia española é que valora nomeadamente a mediocridade e que refrea... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:50 - Commentaires [0] - Permalien [#]