vendredi 14 octobre 2016

NON LEVAMOS PISTOLA ÁS XUNTANZAS FAMILIARES

  DE CANDO EN vez a miña nai reúne en Ribadeo o seus numerosos fillos e os seus contados netos ao seu redor. Gústalle La Botellería. Ela non presta atención á cociña moderna e resolutiva do restaurante —eu, si; aínda que ás veces me defrauden os seus experimentos—. Elixe ese local polo que ten —unha mesa longa— e polo que non ten —televisor que monologa e paredes que fagan eco—. A miña nai come escasa e caprichosamente, coma os gatos persas. Prefire falar. Os xantares con ela son un monólogo no que vai lendo aos seus netos o... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:51 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , ,

vendredi 7 octobre 2016

NON LLE PEDÍN EXPLICACIÓNS

CANDO UN AMIGO encadeou a celebración do seu 50ª aniversario coa demolición do seu matrimonio fixen un acto de amor: non lle pedín explicacións. Unicamente tratei de que desactivase a súa implosión marital antes de que non houbese nada que salvar entre os cascallos. Cheguei tarde. A exmuller quedoulle co máis doroso: unha espléndida fábrica de salgadura reconvertida en mansión con gusto exquisito. Nos encontros co meu amigo conteño a gana de preguntarlle por que soprou as velas da torta cun furacán de felicidade para logo marchar... [Lire la suite]
lundi 3 octobre 2016

UN GUANTE PEQUENO PARA O. J. SIMPSON

  HAI NOITES NAS que Nemesio pon en silencio o fútbol televisado para encher o aire a café denso do Cantón cun aroma musical: Verdi, Wagner, Rossini,... o que lle pete para a timba operística. Gústame ir a esa cafetería ribadense pese a que o Times Literary Supplement (TLS) sempre estea ocupado e deba conformarme con ese prato de microondas que é a prensa deportiva. O martes acordei do exemplar do TLS que lera a pasada fin de semana no Cantón.Falaba de O. J. Simpson, a antiga estrela de fútbol... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 08:27 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , ,
samedi 24 septembre 2016

O CONDE E AS PERNAS DE MARLENE DIETRICH

  O CONDE Shascha Koowrat sabía que ía morrer en días, probablemente en horas. Soamente tiña 42 anos. Fóra —Viena, 1927— chovía. Mandou ao seu chófer que collese un dos coches que el mesmo fabricaba —o Austro Daimler Sascha co que gañara a Suba do RiederBerg cinco anos antes— e fose buscar a Marlene Dietrich. Aquela noite de decembro era ben desagradable, pero a actriz accedeu porque o nobre lle dera a primeira oportunidade nos seus estudos, Sascha Films. Entrou no dormitorio do moribundo. Sascha, con voz apagada... [Lire la suite]
samedi 17 septembre 2016

A NOITE NA QUE MIREI CUARTO MILENIO

SI, ESTIVEN vendo Cuarto milenio, o programa televisivo de Iker Jiménez. Foi o domingo. Boto a culpa a que saíra canso de traballar, sen dúbida pesoume ao aire da noite, que estaba denso pola calor. Axudou a rabuñadura da soedade. Tampouco teño unha conciencia clara de que deba de darlle a vostede todas estas explicacións por asomarme a un espazo que ten moitos espectadores, que mesmo hai persoas que sintonizan. Ao cabo, soamente foron quince minutos mal contados; tal vez, vinte. Non mirei o reloxo, pero podo asegurar que non seguín... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 20:52 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , ,
samedi 10 septembre 2016

O CAMIÓN DO LIXO CONTRA O DEMO

  O DOMINGO PASADO estiven mirando Melancholia. Na película de Lars Von Trier celébrase unha voda sofisticada ao tempo que un planeta, Melancholia, se achega para estrelarse contra a Terra. Os anfitrións saben que o mundo será destruído, que morrerán. A noiva padece unha depresión. Esa angustia aumenta o grado de aceptación da desgraza e faina mansa fronte ao terror. Un filme tan triste non é axeitado para a Noitevella do Verán. Ata ese día, o 31 de agosto, Lugo semellou unha cidade que abandonaran os seus habitantes... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 17:03 - Commentaires [2] - Permalien [#]
Tags : , , , , , , ,

lundi 25 juillet 2016

A NECESIDADE DE CASAR PARA GOZAR O DIVORCIO

O MES PASADO apareceu o terceiro coche más importante da historia do cinema, xunto co Aston Martin que conduce Sean Connery en Goldfinger e o Porsche 550 Spider no que James Dean evitou frear a tempo. Refírome ao Triumph Tr3 negro no que Marcello Mastroianni atravesa en La dolce vita a noite feliz que era Roma no ano 1960.Un coleccionista italiano andaba na busca dese modelo e atopouno en internet. Investigando, soubo que o automóbil fora mercado en 1959 pola produtora de Fellini. Soamente o despistaba a cor: o bárbaro do... [Lire la suite]
dimanche 24 juillet 2016

SABER COMO EMPEZA O DÍA E COMO SIGUE

  CADA VEZ que visito Berlín síntome coma Franz Biberkopf. O protagonista de Berlin Alexanderplatz (1929), a novela de Alfred Döblin, sae do cárcere tras pasar catro anos de prisión por asasinato. Non me identifco con Franz porque é unha animalia que matou á moza e intentou violar á irmá desta, pero si comprendo a súa confusión cando o botan da prisión. Pega as costas contra o muro do cárcere de Tegel porque «é unha sorte vivir entre paredes: sábese como empeza o día e como sigue». Mantense quieto ata que os gardas lle berran.... [Lire la suite]
jeudi 21 juillet 2016

O FLORECEMENTO DO AGUSTINISMO

O SÁBADO DA semana pasada estaba xantando cun amigo no Mangiarte, un italiano do mercado de abastos de Lugo. Leonardo Zordan concentra poderosos sabores en mesas contadas e pratos pequenos. O meu amigo pretende ser novelista en galego e anda despistado, tanto que non aprendera a apreciar a Agustín Fernández Paz. Deille a volta ao mantel de papel e quitei un rotulador para debuxar nun esquema a estrutura de Cartas de inverno, cos seus saltos temporais e a súa xestión harmoniosa da intriga. Aquel día convertíno ao agustinismo.... [Lire la suite]
samedi 16 juillet 2016

O SORRISO DO ASTRONAUTA

As noites da infancia de Agustín Fernández Paz transcorreron nunha casa de Vilalba na que se reunían os veciños para contárense historias. Os veciños falaban da vida na contorna, dos mercados e do frío invernal; pero o seu pai, que cabalgaba inesgotable de novela de aventuras en novela de aventuras, faláballe doutras terras, das que abría Marco Polo para Occidente.Cando o mandaban deitarse, o pequeno cubríase cunha colcha ecléctica, feita con cachos doutras teas. O neno adoitaba imaxinar aqueles cadrados e rectángulos recosidos como... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 17:55 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,