mardi 24 septembre 2013

A TRISTEZA DEMOCRISTIÁ DA MIÑA AVOA

  Unha foto de Angela Merkel contra o remate da campaña devolveume a miña avoa materna. A presidenta alemá estaba soa, aillada no medio dunha nevarada de globos e serpes de papel que se descolgaban inofensivas, sorrindo porque rematara a encarga que se propuxera, triste polo cansanzo e porque volvía a cargarse de responsabilidade sobre un gran país. A miña avoa Aurora tiña ese corpo ancho, poderoso e merkeliano, coma se Alemaña puidese personificarse. O seu físico ía canda unha vontade infinita para redobrar a súa vontade. Os... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 07:55 - Commentaires [0] - Permalien [#]

lundi 23 septembre 2013

O SARXENTO QUE LÍA A HOBBES

O último sarxento que mandou na Garda Civil da Pontenova debía de ler a Hobbes. Se non o facía, levaba as trazas todas. A semana pasada marchou tras catro anos á fronte do posto e os veciños agradeceron todas as reprimendas e cada unha das multas individuais que lles impuxo. Os condutores locais confesaban viviren rexidos por unha cómoda liberadade individual ampla e unha colectivamente incómoda Lei Natural; escribo Natural porque se reproduce coa mesma naturalidade en Lugo, cun libre albedrío para aparcar prohibidos ou/e en dobre... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:02 - Commentaires [1] - Permalien [#]
dimanche 22 septembre 2013

UNHA MEDIA DE 0,3 MANIFESTOS

A media de manifestos a asinar que recibo ao día no Facebook é de 0,3. A miña opinión sobre  os sobresoldos opacos, Jordi Pujol Jr. e algúns andaluces de semellante ética aleatoria é nídia, pero resístome a poñer o meu nome baixo o de centos de persoas ás que non me presentaron nin o farán porque as nosas xeografías de intereses distan océanos. Julio Camba estaba certo (Maneras de ser periodista, Libros del KO), de que os manifestos son covachas que agochan escritores inéditos para saciar os anceios de ver un texto seu... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:25 - Commentaires [0] - Permalien [#]
samedi 21 septembre 2013

UN DISCURSO ECUESTRE

Esperanza Aguirre está elevando o cinismo á categoría de delicatessen. Onte, facendo as 11 cun café e o que a ex presidenta de Madrid dicía oxoves no Círculo Ecuestre de Barcelona, acordei dun editor de prensa que me daba unha agradable confianza. Cando o partido que gobernaba no seu territorio cambiou, pregunteille: "Que vai facer agora cos xornais?" Miroume compasiva e ironicamente, chascou a lingua e soltoume: "Que cres que vou facer? Cambiar de cabalo". Deume rabia non lembrar, antes de cuestionar a súa lealdade, daquela... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 08:45 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 20 septembre 2013

UNHA CONSULTA SOBRE O LOGARITMO

  Hai unha chea de asturianos que elexiron Ribadeo, a este lado da raia, para viviren, tomaren os viños, animaren a Fernando Alonso e leren La Nueva España; aínda que sigan traballando na súa comunidade. Unha parte deles conforman unha etnia pertinaz que se nega a que os fillos estuden en galego, e os matriculan a Vegadeo ou a Tapia, da banda de alá da ría. En principio, nada ten de reprobable, aínda que poderían respectar máis aos seus maiores, falantes dese peculiar e interesante galego oriental que eles empezaron chamando... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 07:48 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 19 septembre 2013

OS AVOGADOS E AS CIDADES

  Xaime da Pena é avogado.  Porén, nunca me nega tres ou cinco  minutos do seu intenso tempo laboral para falarme amablemente cando nos atopamos no Cantón, ese foro que o Concello de Lugo acastelanizou como Praza Maior (sic).  Veño de conversar con Xaime, e como adoito,  introducín o meu asunto favorito: o ritmo da cidade.  O vagarento acordar que nunhas tramas urbanas supón unha hora e media, en Lugo anda polas tres. A iso das 11 da mañá co sol rematando de erguerse no ceo, a vida parece botarse fluír... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:19 - Commentaires [0] - Permalien [#]

mercredi 18 septembre 2013

BUSCARSE A UN MESMO

  A Xunta vai poñer internet no Camiño Francés para que os viaxeiros poidan usalo ao seu libre e gratuíto criterio. Non serei eu quen desaprobe mellora ningunha nesta modalidade de turismo tan particular do noso país que abanea entre o espiritural e o aforrativo -cunha tendencia inclinada prograsivamente cara ao segundo-. Reina o intanxible e o coñecemento logrou a condicion, ata o de agora exclusivamente divina, da ubicuidade. Ese avance conlevará, temo, un retroceso nunha das liñas de forza que os xacobeos alegan para... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:17 - Commentaires [1] - Permalien [#]
mardi 17 septembre 2013

ESOUTRO 11-S

  Salvador Allende protagoniza, con toda lóxica, as redes sociais dende o 11S. Nese día apenábannos os  corenta anos do varrido da democracia en Chile. Pinochet contara coa anuencia dos amigos do Norte, sempre tan coidadosos co respecto interno ás regras como atentos a impoñer as súas regras no exterior. Henry Kissinger, o máis cínico dos rigorosos alemáns, artellou a operación xustificando a Pinochet ao defender que "o seu maior pecado foi derrocar un goberno que se convertira ao comunismo". O asalto ao Palacio da... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:44 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 16 septembre 2013

A DISTOPÍA DE FERNÁNDEZ ALBOR

  O Partido Popular de Galicia trata a Gerardo Fernández Albor coma a eses maiores os que se leva á voda da neta por non deixalo na casa. Séntano nunha das esquinas da longa mesa de banquete e ninguén lle fai demasiado caso, se cadra se lle dá algo de fala de camiño ao servizo. O PPdeG inaugurou o sábado o curso político na Coruña e levou ao ex presidente para completar cartel. Como ninguén semellou escoitalo, eu pareime a ler a súa mensaxe. Antes de reflexionar sobre a súa intervención, permitan un receso. Advertirei que teño... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:16 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 15 septembre 2013

AS LAVADORAS E AS LURAS

  Se vostede está lendo esta entrada poida que agarde de min argumentos de refresco para defender a súa opinión inmutable na barra de bar de cabeceira ou que confíe en que o sorprenda. Desboto que busque neste artigo, como noutros, que lle dea a razón. Non porque vostede non a leve, senón porque as miñas convicións son cada vez máis escasas, egoístas e variables. Eu eludo ler textos opinativos que me fan mover a cabeza de arriba a abaixo. Temo que me descubran coma un can de peluche que axita o queixo en vertical na bandexa... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:44 - Commentaires [0] - Permalien [#]