samedi 20 juillet 2013

O NOTARIO QUE DESPREZABA OS RELOXOS

Manuel Veiga reflexiona en Os xornalistas utópicos (Xerais, novela que recomendo intensamente) que, cando somos nenos, "o tempo é algo relacionado co xogo e coas regularidades paternais". Gaddafi, o gato que botou 19 anos na casa, morreu o xoves. Aínda non me marchou o desacougo lembrando a aquel michiño furafollas nacido en Begonte e que levamos para casa nunha caixa de cartón que non cesaba de rachar coas unllas. Recibiu o nome do sátrapa libio en plena crise de Lokerbie polo seu carácter eléctrico. Estes días nin saltaba. Sería un... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:22 - - Commentaires [0] - Permalien [#]

vendredi 19 juillet 2013

CLAXONAZOS POR CALVO-SOTELO

O caserón que se mandou facer Leopoldo Calvo-Sotelo sobre a Ría de Ribadeo está asomado ao muelle ribadense de Porcillán. Ao pé da construción hai unha curva cumprida transitada día e noite. A virada é tan radical e estreita, que se estableceu a prudencia de dar buguinazos de advertencia. O son reiterado e estridente dos claxons debía de ser molesto, polo que o presidente do goberno español emitiu un decreto local pola súa conta para prohibir a advertencia sonora. Encargou colgar un cartel prohibindo tocar o claxon. O xesto tomouse... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 17:08 - - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 18 juillet 2013

PALLÍN NO 18 DE XULLO

A última vez que me cadrou con Pallín foi hai un mes na sucursal de Novacaixagalicia nunha avenida de Lugo que aínda honra un falanxista, Ramón Ferreiro. Pallín entrou no banco e eu saudeino discretamente; non coma antes, que erguía o brazo teso e lle espetaba un arribespaña. El recibíamos con humor porque era un falanxista capaz de recoñecer os límites da consideración pola propia ideoloxía. Esta mañá lembrei que era 18 de xullo, unha data que me supón unha agradable lembranza no sentido de que tanto o seu significado coma os seus... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 17:14 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 17 juillet 2013

UN XARDÍN DA COMMONWEALTH

O modelo de xardín inglés, menos intervencionista na natureza, gustame ben máis ca o francés. Os galos teñen esa teima xerarquizante das simetrías, as ordes e os volumes. Desconfío de que a filosofía de Descartes deba estenderse ás sebes e roseiras. A concepción francesa chegounos a Ribadeo nos anos 70 cando o alcalde Pancho Maseda encargou civilizar o Campo de San Francisco a Pepe O Portugués. O xardineiro estudara o oficio paterno nunha escola do seu país, algo que terían que andar os anos para que chegase ao noso. Pepe O Portugués... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:06 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 16 juillet 2013

AS REVOLUCIÓNS QUE NON SERÁN TELEVISADAS

Dous canadianos chegan á casa de Ribadeo de visita. A miña cuñada Laura failles ás veces de anfitrioa porque ficaron en Europa, na Coruña, entre congreso en Bretaña e seminario en Oslo. O máis alto, demasiado alto, é de orixe exipcia. Unicamente as botas militares negras e grandotas, sen cordóns, resultan incogruentes no seu sorriso amable e no seu xeito considerado de falar inglés amodiño. Hamed estuda a influencia das redes sociais na revolta no país da súa familia. Patrick procede de Estados Unidos e prefire a Estrella Galicia.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:06 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 15 juillet 2013

BOTÓN DE ANCLA

Todo o que eu pretendía saber sobre o mar aprendéronmo Joseph Conrad e José Luis Enríquez Castro. O segundo foi un capitán da mercante pai dun amigo ribadense. En trinta anos de relación soamente aceptou falarme do mar nunha tarde de verán. Sentín a vertixe de atravesar un tifón, ser informado dun asasinato a bordo entre esclusa e esclusa da canle de Panamá e atopar un bote salvavidas á deriva con catro esqueletes uniformados de mariños. Nunca máis preguntei a ninguén nin me interesei polo asunto. As persoas que nos criamos cheirando... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:28 - Commentaires [0] - Permalien [#]

dimanche 14 juillet 2013

O CONVIDADO INSIDIOSO

Citárame a min mesmo para ir camiñar ás oito e quedara cun amigo en almorzarmos ás dez, uns metros retirados na contemplación da tona luminosa da Ría de Ribadeo. Ás oito menos cuarto xa me erguera. A brétema que levaba catro días mollándonos amablemente, coma cando se bota esprai nas prantas, marchou de vez pola Vía Láctea. Deixounos a alegría dun visitante inesperado e asentado na casa. Fernando Suárez Barcia, o alcalde, terá que aparcar a súa intención retranqueira de presentar a vila coma destino turístico escocés a través de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:44 - Commentaires [0] - Permalien [#]
samedi 13 juillet 2013

O CHISTE DE REAGAN

Alonso Montero explicitaba o seu comunismo ao ser elexido presidente da Real Academia Galega. Máis que de costume. Non se facía novidade porque o antecesor, Ferrín, tamén é marxista; aínda non sentiu a obriga de xustificarse. Alonso Montero segue o modelo de imitatio Christi, polo que colocou a Marx no centro do debate sobre a súa designación. Concordo con el na contradición de defender a igualdade e encabezar a elite cultural. Ao respecto da RAG non se pode falar de loita de clases, porque os académicos nunca van sentir o sopro... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:59 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 12 juillet 2013

CAMINO SORIA

Mariano Rajoy despreza os tópicos rexionais. Nomeou ministra de Traballo unha andaluza e ministro de Industria un canario. Nos tempos nos que o pánico era de marca Parabellum, o responsable de Interior era vasco. Seica a encarga desta volta dese ministerio a un catalán de inspiración vermelligualda non foi casual, aínda que Resistência Galega (no caso de ser máis ca unha entelequia que leu enganadamente o Robin Hood) fixo un traballo sucio para que teñamos un galego no posto. Daquela, parece que Soria serveu de factotum para animar o... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 18:39 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 11 juillet 2013

O CROONER AFÓNICO

A cúpula do Partido Popular estatal debe de sentir gran confianza na capacidade autorexenadora do ser humano. Non me explico doutro xeito a teima en aillar nunha incubadora con paredes honradez a Mariano Rajoy fronte ás turradas de Bárcenas e o paternalismo insultante de Aznar. Unha vocación política nun líder acarismático semella unha contradición cruel, pero tamén Julio Iglesias vende millóns de discos sendo unha parodia de crooner, impostando que as súas cordas vocais eran quen de proxectar a voz. Os conservadores españois aínda... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:52 - Commentaires [0] - Permalien [#]