mercredi 19 juin 2013

O CORRECTO SOCIO ALEMÁN

  Alberto Grandío ten un costume imitable: ler autores dos países que visita. A súa descuberta en Bulgaria foi Angel Wagenstein. Unha descuberta dobre. Lejos de Toledo (Libros del Asteroide) de Wagenstein remite ao seu país, pero escribiu outro sobre un asunto fascinante. Adiós Shanghai (Libros del Asteroide) fala sobre Hongkou, un barrio da cidade chinesa que nos 30 e 40 era "un lugar de encontro do mundo do hampa, no que se mesturaban aventureiros internacionais, espías e especuladores, homes desarraigados e... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 08:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]

mardi 18 juin 2013

A NOVELA DE BORGES

A novela na que estou traballando sumaba ao pé de 250 páxinas no primeiro borrador. Agora non dá para 100. Aínda hei recurtar as reflexións que lle sobran, todas as que non achegan explicacións aos personaxes nin ás tramas. Marc Weingarten recolle en La banda que escribía torcido (Libros del K.O.) as impresións de Joan Didion sobre a súa primeira editora. Allene Talwey, directora do Vogue, peneiraba nos seus orixinais: "Enfadábase moitísimo coas palabras que non funcionaban, cos verbos que sobraban". Disque Xosé... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:57 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 17 juin 2013

A FIESTRA VALDEIRA

  Galicia ten dous grandes eixos culturais: O Camiño de Santiago, que avanza de leste a oeste -itinerario da Historia, a crenza e a tradición-, e o Eixo Atlántico, que transcorre de norte a sur, de A Coruña a Vigo -liña da modernidade-. O punto de cruce é Santiago, polo que é o sitio máis axeitado para instalar un polo de atracción como a Cidade da Cultura. O problema empezou xa no momento de 1999 en que se marca a cruz no mapa sobre o monte Gaiás. Estrana que non se reparase en que o imán internacional que é a Catedral actúa de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:03 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 16 juin 2013

O WESTERN DE RAMALA

O Centro Dramático Galego concibe a montaxe de Días sen gloria de Roberto Vidal Bolaño coma un western. Tira da paixón do dramaturgo compostelán polos grandes: Ford, Arthur Penn, Houston, Zinnemann,... para enmarcar a obra coma un exemplo desa ética tráxica de conquistar unha terra allea. O último western que viviu o planeta aconteceu en Oriente Medio. Como adoita, houbo quen sobreviviu para contalo. O escritor Yoram Kaniuk tiña 17 anos en 1948 e foi soldado na guerra de independencia de Israel. Ese ano estivo a morrer dos balazos... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:27 - Commentaires [0] - Permalien [#]
samedi 15 juin 2013

GLÓBULOS ROMANOS E GLÓBULOS CASTREXOS

Destas horas, co ceo aínda coas luces baixas como cando van pechar unha discoteca, dúas correntes de vida percorren as arterias máis estreitas de Lugo: os glóbulos romanos e o glóbulos castrexos. Desacóuganme as multitudes de máis de dous, penso que é o límite no que a persoa muda en individuo. Os nerds tamén nos disfrazamos ao noso xeito, tamén nos deixamos influír polo ambiente social. Estaba aí Pierre Hadot, e os comentarios a Marco Aurelio, La ciudadela interior, que vén de publicar Alpha Decay. Non deixa de ser... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:47 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 14 juin 2013

PALABRAS ALLEAS PARA PICO

Botei o día buscando palabras para Pico co gallo do seu pasamento. Non atopei porque, para un telespectador ocasional como son, Xosé Manuel Olveira era un perfil enxoito, calvo e narigón que cruzaba polo televisor falando sen voz nalgunha cafetería matutina que revisitaba Pratos combinados. Nunca o entrevistei, nunca me cadrou asistir a unha obra na que actuase; mesmo xuraría que nos últimos quince anos nunca estivo profesionalmente en Lugo. Así que carezo de palabras para Pico. Soamente podería inventalas a partir das... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:50 - Commentaires [0] - Permalien [#]

jeudi 13 juin 2013

CARRASCAL EXENTO DA SÚA CIRCUNSTANCIA

  José María Carrascal estivo onte en Lugo despoxado da súa circunstancia. Eu xa albiscara ese Carrascal hai catro anos, pero a entrevista era telefónica: a súa voz seguía chegándome rota e as súas citas en inglés alteradas vogalicamente. A cita de hoxe foi en persoa. Ao primeiro, presentóuseme coa máscara: "Veño sen gravata para a foto", laiouse, coma se se esixise unha presenza homologada polo seu tempo en Antena 3. Eu procuraba esoutro Carrascal que intuira tras o arame telefónico. O comezo foi inmellorable, citándome... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:48 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 12 juin 2013

QUE TAL É O CEGO ESE QUE CANTA?

Por tras da polémica entre Fasero e Reixa hai un cruce de asepsias que me estrana. O expresidente de Agadic atribúe a concesión dunha subvención de 142.000 euros a Filmanova a un automatismo e a SGAE contestou hoxe que a decisión de despedir a Fasero como delegado noroeste foi adoptada "por un grupo de conselleiros", exculpando a Reixa. Cómpre, logo, preguntarse polos modelos xestores das nosas industrias culturais e dos dereitos dos artistas e execuntantes españois: sitúanse entre a máquina e o mando medio, sen que os máximos... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:18 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 11 juin 2013

REDUCIÓN DO CAMPO DE BATALLA

    Antón (+7) e mais eu estabamos no sofá mirando Inazuma Eleven despois de xantarmos albóndigas en prebe con arroz. Eu, xa deixando caer a cabeza en dirección á soneca, cando sentín ao capitán dun deses equipos de acción mítica negándose a xogar contra uns rivais ben superiores en forza e perversión: "Nós xogamos ao fútbol para mellorar o corpo e a mente, non para competir con ninguén". Ignoro o que aconteceu despois, pero antes de perderme para un cuarto de hora completo acordei do mociño antifascista asasinado en... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:38 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 10 juin 2013

MANUEL MANQUIÑA ERA POLOÑO TRAS A CORTINA

Manuel Manquiña pasou por Lugo para falarnos da representación de Días sen gloria do xoves. Entrou á rolda de prensa no seu rexistro cómico, ese que sempre se senten obrigados a amosar os humoristas, coma se a súa vida fose unha tómbola, tom, tom, tómbola de luz y de color. Evitounos, e agradézollo, a ración de humor orgullosamente de derechas, que me empuxa a representarmo acompañado a Bertín Osborne en Vaya par de gemelos en caso de baixa laboral de Arévalo. Recoñezo que Manquiña me interesa cando caricaturiza a Manquiña... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:12 - Commentaires [0] - Permalien [#]