samedi 4 mai 2013

NOVOCAÍNA PARA A ALMA

  Unha miña cuñada asegura que lle cadrou coa princesa española nun concerto dos Eels en Madrid. Ese gusto atinado marcou unha pequena viraxe no meu xuizo chumbo sobre a súa indomable ambición. Hai alguén nesa urbanización pacega do que cómpre agardar acenos elegantes. O problema radical é que a monarquía borbónica estivo certa de que a condición hereditaria era un gadget omnivalente e omnixustificante. A aristocracia non ten que ver co rizoma humano, senón máis ben cun instinto de recoñecer o modo correcto de actuar en cada... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:24 - Commentaires [0] - Permalien [#]

vendredi 3 mai 2013

UN DÍA DE NOVEMBRO PERDIDO EN ABRIL

A mañá do domingo correspondía a un día de novembro perdido en abril. JR e máis eu contemplabamos aos nosos respectivos fillos vestidos desafiantemente en pantalón curto e camiseta de asas correndo pola pista de atletismo do instituto Lucus Augusti. O frío convertía as bancadas nun gulag. Eu acordara de levar unha manta. JR comezara a mañá nun partido de fútbol co seu outro cativo. Ambos os dous refrendabamos a inexorable teoría que xa formulara o xornalista Gay Talese: canto peor fubolista fuches, máis berras ao fillo, pero tamén... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:49 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 2 mai 2013

A CULTURA POPULAR

Leo Strauss prevíanos en 1968 contra a aceptación acrítica dos conceptos excluíntes cultura e popular en ¿Que es filosofía política? (Guadarrama) advertindo de que “poderíamos chegar a considerar que un xardín cheo de botellas baleiras de Coca Cola é cultura". Á volta dun anos, Tracey Emin presentaba My bed, con esa mesma inspiración herdeira de Duchamp. A última volta da cultura popular é Omar Jérez, que primeiro se someteu a un simulacro de secuestro tan voluntario como ridículo e agora forza o escarnio cara aos que padeceron... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 08:06 - Commentaires [2] - Permalien [#]
mercredi 1 mai 2013

O MERLO LADRÓN

Un merlo picou un anaco de plástico branco no xardín para apreixalo e saír en voo elíptico. Mala trampa carecer de papilas gustativas que a distingan da miga do pan. Pousouse nunha póla do abeto que fica fronte á cociña. Antes había pegas ladroas nesa árbore, pero unha pombas turcas de pescozo verde eléctrico e orgulloso extraditáronas. Sobre a mesa, a miña muller esmagaba láminas de pasta recén amasada. Cólleas e pásaas pola máquina que as corta en filamentos, marabillosos spaghetti. E ela veña a xirar e xirar na manivela con ese... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:07 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 30 avril 2013

E, POLO PAÍS, UNHA OFRENDA FLORAL A RISCO

O día veu preñado de sorpresas e ledicias. El Celler de Can Roca encabezou a lista de Restaurant e tres estudos de arquitectos islandeses levaron o Mies van der Rohe, que se entregará nese pavillón tan emotivamente equilibrado que se reserva en Montjuic. Tanto un coma outro se apagaron coma emocións logo de anuncialos porque me parecen dous recoñecementos exentos de risco e, polo tanto, cadáveres na ambición. Os irmáns Roca gañaron, como deu a entender o xurado, por ser bos rapaces porque, a ese nivel de exquisitez, é inxusto... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:34 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 29 avril 2013

CRIATURAS PASIVAS DADAS Á RUTINA E Á PERSEVERANCIA

Faise simpático atopar vellos xornalistas nunha historia do Novo Periodismo como ‘La banda que escribía torcido’, de Marc Weingarten, que nos ofrecen en novidade Libros del K.O. O volume repasa como a literatura foi filtrándose no xornalismo na América da segunda parte do século XX arrinca tres antes, no XVIII, cando o xornalista de The Enquirer Jonathan Swift publica ‘Unha humilde proposta’ (1729, agora en galego con Trifolium). O escritor propón solventar a fame e superpoboación da recesión irlandesa da altura coa inxesta de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:08 - Commentaires [0] - Permalien [#]

dimanche 28 avril 2013

O SABOR DO CHOCOLATE SUÍZO DE 1910

O meu pai sentiu a soidade tres veces. A primeira foi ao chegar a Santiago. Con 4 anos saiu buscar amizades á rúa, pero os outros nenos non querían xogar con el porque pensaban que era árabe. Expresábase en vasco, unicamente. Ao cabo, aprendeu español e volveu botar en falta a compañía, mesmo conxuntural, cando o avisaron en Madrid de que o pai morrera en Compostela. Colleu un lento tren nocturno. A última vez que experimentou a vertixe de estar so foi cando empezou a traballar no deserto de Libia nunha compañía que procuraba gas.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:39 - Commentaires [0] - Permalien [#]
samedi 27 avril 2013

TEÑO 47 ANOS E DENDE OS 20 NON VOLVÍN MEDRAR

O soño que veu visitarme esta noite comezaba nun consultorio médico. A doutora era unha muller cincuentona e morena. A súa cara ancha era compracente, tanto que despistaba a un da verruga que se lle chantara á dereita da fenda dos beizos. A miña doenza era clara. "Teño 47 anos e deixei de medrar aos 20, quedei en 1,80", queixeime cun desespero lixeiro. Ela miroume, apretou a mandíbula, suspirou. "Faremos unha análise, pero non lle prometo nada", aseguroume tendéndome un tubo branco para que mexaxe.  Photo: An interior gallery... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:02 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 26 avril 2013

AS SESIÓNS PARLAMENTARIAS GALEGAS, PATRIMONIO INMATERIAL DA HUMANIDADE

E sigo sen explicarme o motivo da puñada sobre o escano de Feijoo. Aínda menos a indignación. Que decurso parlamentario agardaba Beiras? Aprendeu a xestión dos espazos e tempos dramáticos coas traducións do teatro francés dos 60, pero veuse sorprendido cando se lle volveu a pratea. Non se pode estar cuspindo alcatrán e aspirar a marchar co traxe branco. Certo que agardo outra disposición do presidente do Goberno, que lle pido unha contención que nunca ofrece. Feijoo está errando ao comportarse como Xano, simultaneando solemnidade... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:43 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 25 avril 2013

DALÍ, ESE DECORADOR DE RESTAURANTES CHINESES

Hai un momento na súa vida no que Salvador Dalí decidiu converterse en espectáculo, finxindo excentricidade. Case que ao primeiro da súa carreira. Nese mesmo intre histriónico deixou de interesarme. Sei distinguir entre un artista e súa arte. Que Dalí considerase a Franco "un santo, un místico, un ser extraordinario" soamente me fai dubidar entre se Dalí era parvo ou miserable. Sinto unha forte tendencia a acreditar no segundo. No en tanto, podería salvar a súa obra se certamente atopase algún interese nela. O creador catalán... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:03 - Commentaires [0] - Permalien [#]