vendredi 19 avril 2013

SEN CALZADO AXEITADO

Estreei esta primavera preguizosa e impuntual levando o cativo a unha proba de Corre con Nós. Ao chegar ao aparcadoiro de As Termas temín que me confundira. No canto de asistir a unha proba deportiva popular, pesei que me perdera no medio dunha rodaxe de Star Trek. Mirase onde mirase vía lentes galácticas, traxes axustados de cores vivas e calzados que brillarían na cara oculta da Lúa. Tras confirmar que había carreira, sentín que a miña vestimenta —propia para pasear por un supermercado— me transmitía unha sensación de estar fóra... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:38 - Commentaires [0] - Permalien [#]

jeudi 18 avril 2013

O HIT PARADE DA DOMINACIÓN

Cada vez que a cabeceira de Occidente sufre un atentado selvaxe, asisto horrorizado ás apreciacións compensatorias dos redentores dos parias que, na comparanza, viven coma sultáns do swing en Europa. Lémbrannos o desprezo violento das forzas armadas occidentais e dos mercenarios polas existencias dos anónimos miserables de Oriente cunha recitaxe dos hit parades da dominación: Afganistán, Iraq, Siria, Libia,... Dan a entender que un mal compensa outro, como se calquera cidadán de calquera idade e implicación houbese de responder por... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 21:50 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 17 avril 2013

ARMADOS CUN LAPIS E UN PAPEL

Algúns meus contertulios denuncian, en privado e relaxado, que Artur Mas está tolo. Mesmo escoiteillo a un amigo sensatamente nacionalista. Vladimir Bukovsky explica en A manual on Psychiatry for Dissidents (1974) que o KGB "curaba" aos disidentes e difusores de samizdats antes de emigralos ao gulag. O diagnóstico era que habían de "estar tolos para opoñérense á omnipotencia soviética e burlárense da máquina do Estado armados só cun lapis e un caderno de papel". Os servizos de intelixencia nunca explicaron a lóxica de mandar a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:24 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 16 avril 2013

TIÑAN RAIAS, PERO NON ERAN PIXAMAS

Samuel Juárez mudou a afirmación desmesurada de Dolores Cospedal sobre os escraches nun desafío por reiteración. Pasaron décadas do nazismo e as vítimas que lles quedaron vivas morreron en moitos casos. Fran Lorenzo, lúcido adoito, propoñía esta mañá remitir libros á Delegación do Goberno. Logo de escribir isto, achegareime a Correos para enviar El diario de Helga. Testimonio de una niña en un campo de concentración, que vén de editar Sexto Piso Editorial. Helga Weiss é unha xudea checa que emerxou no cento de nenos que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 15:45 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 15 avril 2013

DYLAN NO CHELSEA HOTEL

  TODOS VOSTEDES coñecen, con maior ou menor procacidade no detalle, a historia que conta Leonard Cohen na letra de Chelsea Hotel. Falo da lembranza do cantante a respecto dunha cama desfeita e unha limusina agardando a Janis Joplin. Eu sonlles da versión de Jabier Muguruza. A fachada dese hotel de Nova York —A Vella Dama da Rúa 23— aparece debuxada por Paul Hogart na capa de Mi Nueva York(Marbot), o escarallante libro do irlandés Brendan Behan. No texto, o escritor cita varias veces o hotel Chelsea, facéndoo con especial... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 18:18 - Commentaires [2] - Permalien [#]
dimanche 14 avril 2013

COSPEDAL LEU ERRADAMENTE A HEIDDEGER

Que me desculpe Cospedal, pero creo que non entendeu a Martin Heiddeger. A secretaria do PP español abronca os escraches colocándoos na categoría de "nazismo puro". A señora ignora que a teoría do arraigo de Heidegger resultou un dos argumentos máis frecuentados polos nacionalsocialistas. Os principais grupos étnicos que enviaban aos campos de concentración -explícao André Glucksmann cando analiza ao colega alemán- eran colectivos desarraigados: xudeos e xitanos. Os participantes en escraches defenden valores que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:47 - Commentaires [0] - Permalien [#]

samedi 13 avril 2013

O PELO LOURO, O OFICIO MATERNO

Descubrín o clasismo na adolescencia. Tratei de prender fala cunha rapaza. Ela explicoume que era moi «normal»—usou esa palabra tan anuladora— por ser fillo dun profesor e pretender á filla dunha perruqueira. A min, o que me atraía dela era o pelo louro, non considerara o oficio materno. Daquela reparei en que un núcleo tan cativo coma Ribadeo estaba estratificado en varias clases sociais: os fillos dos mariñeiros que tiñan reparos para entrar na cafetería La Bugalla; a muller do médico que soamente abandoaba a clausura de alta... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:24 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 12 avril 2013

ESAS COUSAS SÁBENSE POLO CHEIRO

  Dylan Thomas viviu o alba do cinema clásico. En Cartas de amor, coa que a coruñesa Iria Rebolo estrea a editora barcelonesa Siberia, conta unha anécdota de Mae West. A estrela visita unha granxa do Oeste. Un gandeiro coa presencia de John Wayne e a beleza donda de James Stweart condúcea polas cortes para amosarlle as bestas. Un touro arfa enriba dunha vaca. "Como sabe o touro que a vaca está... digamos que... con gañas de facer o amor?", pregunta a actriz con candidez impostada. O vaqueiro contesta con desinterese: "Buah!... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:02 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 11 avril 2013

O ÁTOMO PRIMITIVO EN CATALUÑA

  O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña impón que, se os pais dun único alumno solicitan que o cativo reciba as clases en español, os seus restantes 24 compañeiros terán que recibilas no memos idioma. Implantar unha vontade sobre a vontade dos pais doutras dúas ducias de rapaces non parece nin de xustiza nin superior. Os proxenitores do neno esixente sinalan negativamente ao fillo de cara o conxunto do colexio, a maiores de negarlle a oportunidade de aprender unha lingua e todo o sistema de cultura que artella. O seguinte... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:32 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 10 avril 2013

UN NOME NADA INUSUAL

  Andy Warhol paseaba unha mañá por Nova York cando cruzou unha rapaza con “dous tons de pel” que o fascinaron. Cambiou de dirección e seguiuna ata que a perdeu de vista. Ao cabo dun mes consultou cun médico se o seu convencimento de que esa breve e inesperada persecución podería ter causado que aparecen na súa pel dous tons idénticos. A imitación non deixaba de ser unha paranoia de Warhol, como sinala o psicanalista Darian Leader no seu libro ¿Qué es la locura? (Sexto Piso Editorial). O propio Leader atendeu na súa consulta... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:52 - Commentaires [0] - Permalien [#]