jeudi 14 mars 2013

UNHA ACADEMIA CON DOUS TACÓNS

  A noite foi longa porque as noticias da tarde sucedéronse na intriga. Asistimos a dúas construcións de mitos, unha en Roma e outra en Santiago, polo que regresei asunto mirando na cama unha película que describe a evolución do asunto: Más dura será la caída. O xornalista experto en boxeo Eddie Willis (Humpfrey Bogart) acepta esquivar a miseria a cambio de crear un ídolo con Toro Moreno, un púxil grande física e moralmente, pero incapaz de xestionar a súa carreira. Horas antes asistiramos ás liturxias medidas da... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:43 - Commentaires [0] - Permalien [#]

mercredi 13 mars 2013

A LAMA NA PERNEIRA

Sherlock Holmes estaba especialmente dotado para identificar a cotra. Daba concretado o barrio de Londres polos que pasara alguén co mero estudo visual da lama que traía no baixo dos pantalóns ou das saias. A cor e a consistencia valíanlle máis ca unha aplicación de ‘smartphone. Coñecendo a pulcritude e o detalle do seu método de investigación, sorpredéronme as acusacións que o Doutor Watson lle lanza en O ritual Musgrave, que recupera Xerais nunha nova edición dos contos Sherlock Holmes, detective. Anova a versión... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:21 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 12 mars 2013

FERRINLEAKS, A AUCTORITAS PERDIDA

Eu estaba ceando un caldo, pero ese goce non mellorou a desagradable sensación de sentir na radio a voz de Ferrín tronando contra a xornalista Cristina Pichel porque coñecía os asuntos a debater mañá na Academia. O deber dun periodista é chegar onde ninguén chega e o deber dun presidente dunha entidade financiada por todos é tratar de chegar a todos. Os cantos da glasnost impulsada por Ferrín que escoito estos días condúcenme directamente a Fernández del Riego: el si abriu a casa das Tabernas a todos, el si modernizou a Academia. O... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:00 - Commentaires [2] - Permalien [#]
lundi 11 mars 2013

POLÍTICOS QUE SABEN MARCHAR: O EXEMPLO DA UPG

  A UPG acerta sorprenderme unha e outra volta. Afíxenme a sentir as tragacartos de froitas danzantes nos bares como me afixen a sentir o discurso político de servizo público e de ubicarse segundo as indicacións do correspendente partido, como se o partido fose un ser dotado de discernimento. A terceira vez que llo escoitei a Fraga perdínlle a fe á proclama. Comprobo que a UPG axeita a linguaxe pública á acción pública. Unha chea de persoas da executiva nacional veñen de marchar, algunhas excepcionalmente competentes e... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:46 - Commentaires [1] - Permalien [#]
dimanche 10 mars 2013

A LOMBOS DUNHA CABALA

  CONTAR CUN pescador habelencioso nas inmediacións da túa vida é unha fortuna. Sobre todo, nestes tempos en que a friaxe conxela as mans de todo o que se atreva a permancer durante horas asomado nalgún punto costeiro. A luvas nada solucionan porque non hai quen dea empatado un anzol con elas postas. Diante de tamaño risco, opto por seguir o consello daquela familiar miña que aconsellaba no adestrarse en ningunha orde da vida. «Se non sabes facer unha cousa, ninguén cho vai pedir», argumentaba por razoamento natural, sen... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
samedi 9 mars 2013

O CHEIRO A SANGUE HUMANO NON ME MARCHA DOS OLLOS

  Los Rosales, centro comercial da Coruña. Un corredor ancho cunha escaleira mecánica no centro. Hai unhas vitrinas de plástico transparente que miden o mesmo ca tres caixas de zapatos amoreadas. Nun curruncho un coello pinto trata de durmir o soño eterno tras un carteliño laranxa recurtado coma se viñese de estourar e un prezo en rotulador negro. O filósofo Peter Sloterdijk denuncia que o home é a única especie que explota aos seus semellantes. Tamén a outras especies, engado. O pintor Francis Bacon cóntalle ao... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 21:08 - Commentaires [0] - Permalien [#]

vendredi 8 mars 2013

A CULTURA COMA ÁLBUM DE CROMOS

  A cultura institucional deste país semella o álbum de Invizimals do meu fillo Antón. Unha vez conseguidos os cromos importantes, trátase de ir enchendo buratos ata completar a colección. As escollas destes días para Agadic e o Día Muller Traballadora teñen esa displicencia. Non contar con escritora algunha do noso sistema literario para homenaxear a Rosalía ten o seu peso simbólico, pero carece de efectos prácticos. Semella, máis ca outra intención, escaso interese da Secretaría Xeral pola Igualdade en revestir o... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:21 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 7 mars 2013

OTERO PEDRAYO? CAMBIEMOS DE TEMA

Ramón Otero Pedrayo protagoniza unha desas curiosas dicotomías tan características da nosa cultura. Serve de incenso diario para abalalo no botafumeiro dos tópicos; que, como todos os lugares comúns, revela unha fonda nugalla intelectual. O Patriarca das Letras, seica. Cando chega o momento de acordarse del, nesas casualidades numéricas tan queridas aos matemáticos e aos redactores da sección de Efemérides, ningunha entidade pública, semipública ou asamblearia acordou do bo señor. Iso que nos indicou o camiño de Europa en dirección... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:31 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 6 mars 2013

PORCA TERRA

John Berger conta en Porca terra (Rinoceronte) o ocaso dun xeito de vida. Os contos dese volume son unha autopsia decepcionamente real do abandonar do campo. Berger describe como esmorece a presenza humana no medio natural que levaba habitando dende a súa infancia coma especie, para concentrarse nun medio artificial urbano. O home concebiuno para a súa propia comodidade e levou canda si outra especies mansas, coma cans, gatos ou paxaros, pero o enxeño mudou en certamente agresivo. Resulta tenro ler agora os clásicos que volven de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:29 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 5 mars 2013

O MATRIMONIO PROCREADOR GARANTE O CANTAR DE XESTA

 A lembraza de Aymeri de Narbona tenme conmovido nestes días. Protagoniza un cantar de xesta ambientado pouco despois da Batalla de Roncesvalles, que describe por palabras feroces a súa conquista de Narbona. Asentado no territorio que dominou a lume e ferro casa coa princesa Hermenjart, que lle concede a graza de sete fillos. Cada un deles acabará sendo loubado nun cantar de xesta de seu. Acordei de Aymeri cando se me cruzaron as afirmacións medievalizantes do señor xeneral Chicharro e do señor ministro Fernández Díaz.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:11 - Commentaires [0] - Permalien [#]