samedi 26 janvier 2013

LANCHAS NAS PALLEIRAS

  Manolo de Charo sabe agardar. Aprendeu a fins de 1990 cando andaba embarcado nun petroleiro de 270 metros de eslora. "Mandábanos apagar as luces, estar calados e agardar", lembra daquel inverno de guerra no Golfo Pérsico que contrasta co seu sorriso tímido e cálido. As esperas matutinas en Rinlo son máis xélidas, pero están exentas de tensión. Manolo agarda ás once da mañá para que Gerardo devolva o fluxo sanguíneo ao apagado bar da confraría. O mariño xubilado saúda a Moncho e Suso, que se dirixen á outra banda da... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 18:28 - Commentaires [0] - Permalien [#]

vendredi 25 janvier 2013

A NOITE NA QUE FRANCO ME ABRAZOU

    Esta noite soñei con que entraba nunha casa co aire pobre e tristón que amosaban os interiores das vivendas nos anos 70. Un vellote anano e gordecho sorríame cun dente de ouro brillando. Vestía un xersei granate e un pantalón gris de franela, todo moi correctamente funcionarial. Reparei en que era Franco. Saudábame como neto seu. Abrazoume con enerxía. Eu fiquei inerte e perplexo, pensando na frialdade que demostrara cando gobernaba en contraste con aquel agarimo, que semellaba ter unha raíz de sinceridade. Tras de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:41 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
jeudi 24 janvier 2013

BOAS CAMAS PARA SOLTEIROS

    Unha amiga de Eric Blair recoñece que "era coma unha vaca cun trabuco". Confesa que "chorabamos de risa comentando os textos que nos dera a ler". O aspirante a escritor rexeitara unha educación oxbridge. Marchara servir como policía do Imperio naquela India británica que avanzaba cara atrás na flecha do tempo, cara á súa fin nun século XX que empezaba a bulir. Cinco anos tardou en reparar que odiaba ser un "axente da dominación do home polo home". Quería ser novelista. Precisaba experiencia. Alguén misericordioso... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:45 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 22 janvier 2013

MAGNITUDES

  O papagaio do mar atende as súas crías segundo criterios propios de Esparta. Andaba agora léndollo a Jonathan Frazen en Más afuera (Salamandra) As femias paren nas covas dos cantís oceánicos. Durante seis semanas miman e alimentan ao pitiño, pero, rematado o prazo, marchan sen deixar razón. O paxariño fica na escuridade fría, abandonado ata que a fame o empuxa fóra da cavidade. Aprende por cruel necesidade. A nós nunca se nos ocorrería tal. Así nos vai como país. Con todo, o problema colectivo é que as situacións non se... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:33 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 21 janvier 2013

O CAMIÑO DE REGRESO AO INFERNO

  HAI ESCRITORES que imprimen o seu exhibicionismo a ferro e lume ata a derradeira cea. Puidemos coñecer os manuscritos de Franz Kafka grazas a que Max Brod ignorou a encarga do amigo para que queimase os manuscritos que lle legaba tras o seu pasamento. Semella evidente que Kafka carecía de vontade de cegar unha prodición literaria que situara no centro da súa vida. No suposto de non ser unha impostura, tería feito el mesmo ese traballo de combustión. Algo máis sincero parece Jasper Gwyn, o protagonista de Mr.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:21 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 20 janvier 2013

UNHAS MOEDAS PARA PAGAR UN CAFÉ DE FUTURO

  A pregunta máis habitual sobre Ribadeo é se é a última vila de Galicia ou a primeira de Asturias segundo se colle a autovía do Cantábrico. Esa autoestrada é outra vítima da mentalidade radial dos deseñadores españois de infraestruturas, incapaces de ceder á lei de que todos os camiños deben pasar por Madrid. Os ribadenses botamos o día contestado preguntas desa caste. A única certeza que atopamos a respecto de Ribadeo é que «cada un paga o seu». Un hostaleiro de Silleda cansou de botar en falta clientes, polo que puxo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 17:04 - Commentaires [0] - Permalien [#]

samedi 19 janvier 2013

A BUSCA DOS NÓMADES

  Bruce Chatwin escribiu a súa primeira carta aos seus pais cando tiña oito anos. A misa do domingo viña de rematar no colexio Old Hall, de Shrospshire. Ao longo dos 40 anos que se sucederon detrás nunca deixou de escribir cartas. A poetisa Pam Bell aseverou que cada misiva era a proba de que «durante uns minutos lle importaras». A correspondencia de Chatwin foi recollida en Bajo el sol (Sexto Piso). A súa comunicación escrita máis famosa é: «Marcho catro meses á Patagonia (quizais sexan seis)». Serviulle para despedirse dun... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 19:41 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 17 janvier 2013

NINGUNHA CADEIRA NA QUE SENTAR

Royal Mile era unha das avenidas favoritas de Bruce Chatwin. Conduce ao castelo de Edimburgo. A muller do escritor errante lembra en Bajo el sol (Editorial Sexto Piso): “Tiña 23 pubs, ningún deles cunha cadeira para sentar”. (O artigo continúa aquí) Photo: 'Wings of desire'
Posté par Jaureguizar à 13:58 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 16 janvier 2013

A PATACA ORIXINAL

  A última polémica gastronómica é a da procedencia da pataca fritida. Os litigantes son Francia e Bélxica. Ambas as dúas denominan á pataca, en francés, ‘mazá de terra’. A lenda belga está tamén protagonizada por pescadores. Un arrepiante inverno de xeadas impedíalles fornecerse de peixes do Meuse. Aceptaron fritir as patacas que medraban nas beiras. Os franceses, pola súa banda, están certos de que sempre hai un vendedor de comida ás portas dun gran acontecemento deportivo. A Revolución non deixa de ser unha cousa... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:15 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 15 janvier 2013

NUNCA REPETÍA DORMITORIO

  O único disco de Bruce Springsteen que me interesa é Nebraska. O resto, acáeme soberbio, no senso máis censurable. Ese álbum de 1982, que interpretou a voz, guitarra e armónica, é unha carta ao primeiro folk norteamericano, o que terían cantado nas películas de John Ford se o irlandés tranquilo non percibise a música coma unha perda de tempo narrativo. Imaxino, logo, a John Wayne e os cowboys sentados arredor da fogueira termando dun garabullo cunha costela sobre o lume e deleitándose coa estarrecedora morriña das... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:18 - Commentaires [0] - Permalien [#]