Canalblog
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité

O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.

21 janvier 2013

O CAMIÑO DE REGRESO AO INFERNO

O CAMIÑO DE REGRESO AO INFERNO
HAI ESCRITORES que imprimen o seu exhibicionismo a ferro e lume ata a derradeira cea. Puidemos coñecer os manuscritos de Franz Kafka grazas a que Max Brod ignorou a encarga do amigo para que queimase os manuscritos que lle legaba tras o seu pasamento....
Publicité
Publicité
20 janvier 2013

UNHAS MOEDAS PARA PAGAR UN CAFÉ DE FUTURO

UNHAS MOEDAS PARA PAGAR UN CAFÉ DE FUTURO
A pregunta máis habitual sobre Ribadeo é se é a última vila de Galicia ou a primeira de Asturias segundo se colle a autovía do Cantábrico. Esa autoestrada é outra vítima da mentalidade radial dos deseñadores españois de infraestruturas, incapaces de ceder...
19 janvier 2013

A BUSCA DOS NÓMADES

A BUSCA DOS NÓMADES
Bruce Chatwin escribiu a súa primeira carta aos seus pais cando tiña oito anos. A misa do domingo viña de rematar no colexio Old Hall, de Shrospshire. Ao longo dos 40 anos que se sucederon detrás nunca deixou de escribir cartas. A poetisa Pam Bell aseverou...
17 janvier 2013

NINGUNHA CADEIRA NA QUE SENTAR

NINGUNHA CADEIRA NA QUE SENTAR
Royal Mile era unha das avenidas favoritas de Bruce Chatwin. Conduce ao castelo de Edimburgo. A muller do escritor errante lembra en Bajo el sol (Editorial Sexto Piso): “Tiña 23 pubs, ningún deles cunha cadeira para sentar”. (O artigo continúa aquí) Photo:...
16 janvier 2013

A PATACA ORIXINAL

A PATACA ORIXINAL
A última polémica gastronómica é a da procedencia da pataca fritida. Os litigantes son Francia e Bélxica. Ambas as dúas denominan á pataca, en francés, mazá de terra . A lenda belga está tamén protagonizada por pescadores. Un arrepiante inverno de xeadas...
Publicité
Publicité
15 janvier 2013

NUNCA REPETÍA DORMITORIO

NUNCA REPETÍA DORMITORIO
O único disco de Bruce Springsteen que me interesa é Nebraska. O resto, acáeme soberbio, no senso máis censurable. Ese álbum de 1982, que interpretou a voz, guitarra e armónica, é unha carta ao primeiro folk norteamericano, o que terían cantado nas películas...
14 janvier 2013

UN CLIENTE COLATERAL

UN CLIENTE COLATERAL
Once alumnos da Fundación TIC viñeron para que lles falase sobre o Clavicémbalo esta mañá. Empezaban a gravar un documental sobre o cernudo club para cultura en directo de Lugo. O seu propietario, Alberto Grandío, é amigo meu. Admiro fondamente a súa...
13 janvier 2013

MANSOS E DERROTADOS

MANSOS E DERROTADOS
O corpo é unha estrutura dotada de lóxica interna, pero carente de lóxica abstracta. Os homes temos que usar unha man para erguer un tubo de carne aburatado para expulsar os líquidos de refugallo. As mulleres deben agacharse nunha submisión imposta pola...
12 janvier 2013

BUSCANDO PIZZA NOS BARRIOS MÁIS GASTADOS DA CIDADE

BUSCANDO PIZZA NOS BARRIOS MÁIS GASTADOS DA CIDADE
A proposta era xantar nun italiano de Oviedo, pero demos nun asador de aparencia populosamente tétrica presentado en fiestra de aluminio dourado. A desacougante sensación viuse aliviada por unhas solemnes pizzas napolitanas, que respectaban varias das...
11 janvier 2013

SOMOS UN PAÍS SUBTITULADO

SOMOS UN PAÍS SUBTITULADO
O ABC era un deses diarios que lía todos os sábados nos que reinaba no seu suplemento de Cultura o botadoenfalta Félix Romeo. Antonte volvín lerme dúas páxinas de Cultura. Xa lle lera unha acusación desa caste a Horacio Vixande, pero o xornal en papel...
Publicité
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité