lundi 14 décembre 2015

O DÍA NO QUE NACHA POP ESNIFOU A NOITE

    O domingo pasado morreu Holly Woodlawn. Haroldo non se chamaba Holly nin nacera muller. Colleu o nome de Holly da protagonista de Almorzo en Tiffany’s, de Capote, e a sona de Walk on the wild side, a canción de Lou Reed. «Holly veu de Miami/ atravesou Estados Unidos en autostop/ depilou as cellas no camiño/ afeitou as pernas e daquela el foi ela./ Ela dixo: Da unha volta pola beira salvaxe». Esa canción é importante para min. Andaba canda min no novembro de 1983, cando baixaba cara á Praza Roxa de Santiago cun... [Lire la suite]

samedi 12 décembre 2015

O SEÑOR QUE BOTA LIMÓN NOS MEXILÓNS

T. S. Eliot estaba enganado. Abril non é o mes máis cruel. Novembro resulta máis inhumano. Por letal. A morte ten preferencia por ese mes situado a desmán entre a última felicidade do verán e a alegría impostada do Nadal. Novembro comezan con Todos Os Santos. Nesa celebración colle impulso para a devastación. Este novembro rematou marchando con Carlos Oroza, Xosé Neira Vilas e Chao Rego na véspera de decembro. «Nunca temín que a morte levaría a tantos», confesou Eliot. As boas persoas non teñen biografía. Neira Vilas nin sequera... [Lire la suite]
samedi 5 décembre 2015

UN MERCEDES BLINDADO CONTRA A PORTA DO CAFÉ GIJÓN

    Aníbal Malvar veu visitarme a Lugo. Sentamos na terraza do Madrid. El sigue bebendo un wishky eternamente caro e eu, auga con burbullas sen chispa da vida. A conversa volveu ao remuíño de Moustaki, Brassens e eses cantantes cuxo atractivo residía na guitarra e no impostado do acento francés. Nunca precisaron vulgaridades como xogar ao fútbol nin ter un chalet branco deseñado por Joaquín Torres.O whiskey de doce anos ceiba a lingua do meu amigo escritor. Empezou lamentado a desesperación e a fame dos miserables que se... [Lire la suite]
jeudi 26 novembre 2015

UNHA POMBA CAGA SOBRE HOLLANDE

    O ENTERRO DAS vítimas de Charlie Hebdo non podía acabar sen un detalle gracioso que respondese ao espírito da revista. Cando Hollande abrazaba ao médico e colaborador da publicación Patrick Pelloux, unha pomba deixou caer unha sustancia branca e áceda sobre o seu ombro. A defecación é escatolóxica, pero ten ese contrapunto de que proceda dunha ave pura e elevada coma unha pomba.A pasada fin de semana recuperei dous libros para tratar de comprender o inextricable: vingarse en 130 descoñecidos polas atrocidades que os... [Lire la suite]
dimanche 22 novembre 2015

A PERVIVENCIA DO MAIO DO 68 EN OURENSE

    Non sabemos o que se falou na noite do escándalo na casa dos dous políticos ourensáns, o expresidente José Luis e o presidente Manuel. Antes de durmir aquel día, eu recreei a escena. O pai tería reconvido ao fillo na certeza —adquirida lendo a Freud— de que «o desexo se converte en necesidade». O proxenitor reprocharía ao herdeiro que non termase do desexo nun primeiro momento. A consecuencia foi que acabou sentíndoo como necesidade. «Que carencias tes que provoquen o teu desexo, o teu afecto activo, Manuel?»,... [Lire la suite]
jeudi 12 novembre 2015

OITO MILLÓNS DE PIPAS NA TATE MODERN

Este sábado consagrei a tarde a manexar un nivel de raio láser dos que se usan na construción. Pretendía colocar equilibradamamente un cadro de Mark Rothko no recibidor da miña casa. O láser é unha arma eficaz para as firmas de subastas dende que o físico Giovanni Morelli inventou o método que leva o seu nome para detectar arte falsa, Análise Morelli. Permite, por exemplo, reparar en cores que non son contemporáneas ao cadro orixinal. Na entrada da miña vivenda colguei o espiritual Rothko, pero na sala optei pola frescura de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:53 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , ,

jeudi 5 novembre 2015

A FILATELIA NAS NOVELAS DE ESPÍAS

NUNCA SENTÍN atracción por James Bond. Os ximnasios e as coctelerías non son lugares nos que me sinta cómodo. Por motivos ben diferentes en cada suposto. Estou lonxe de atender a cada nova película de 007. A última imaxe que teño da serie reúne a George Lazneby con Diana Rigg en 007 al servicio de Su Majestad. Volvín sobre o personaxe coas declaracións de Rigg, que propón que o espía libere algo da carga de feromona aria e sexa «negro ou lesbiana». Non sei como funcionaría na billeteira, pero narrativamente sería ben interesante... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:50 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , ,
mercredi 4 novembre 2015

O FROILANISMO É O NOVO SITUACIONISMO

A defensa da literatura máis ardorosa e mellor razoada escoiteilla a un político. Víctor Manuel Vázquez Portomeñe presentaba en Lugo un libro da súa muller, Otilia Seijas. A autora escribira Viudas de vivos (Edicións do Castro) en clave de rosalianismo serodio para denunciar a soedade que padecían as señoras de señores con cargo público. Portomeñe era daquela responsable dun departamento que se chamaba Consellería de Cultura. Supoño que lles soa. Na antesala da presentación, Vázquez Portomeñe parou saudar á prensa. Non é moi... [Lire la suite]
dimanche 25 octobre 2015

OS AMIGOS DO CADÁVER DE BLANCO AMOR

RESULTA angustioso ler o xeito no que Galicia se desfixo de Eduardo Blanco Amor en 1979. Estaba léndollo agora mesmo a María Xosé Queizán. Un xornalista, César Lorenzo Gil, invitaba en Biosbardia á escritora a recrear as últimas vivencias con Blanco Amor. Queizán matiza con crueza: «Ben, en realidade, compartín momentos co seu cadáver». A narradora lembra que Blanco Amor vivía en Vigo e morreu nun taxi. «Un escritor tan viajero ha de tener un taxi por ataúd», considerou Francisco Umbral no loito de periódico, amencer e cruasán do... [Lire la suite]
mardi 20 octobre 2015

A MALETA E O RÉXIME DE VISITAS NA PORTAS

  Paul Verlaine adoitaba camiñar a mediodía por París petando co seu bastón na rúa ostentosamente. Marcaba a cadencia dos seus pasos con furia impostada. O século XIX aínda non ardera completamente a causa do lume prendido pola Comuna en 1871. Uns pasos atrás de Verlaine andaba o matemático Poincaré. Cauteloso, en silencio. Suxeitaba a fronte ampla e abaixada cunha man e trazaba gráficas e ecuacións no aire imaxinado coa outra. Saul Bellow —cuxo centenario estamos ignorado con eficacia— razoa a respecto desa imaxe que «a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 21:15 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , , , , , , ,