jeudi 23 août 2012

PREFIRO IGNORAR O QUE OPINA WERT SOBRE DARWIN

    Juan Wert defende a separación por sexos como plus didáctico. A opinión de Wert non me preocuparía se a ceibase nun talkshow de Intereconomía. Faiseme grave que a exprese co traxe de ministro de Educación. Prefiro, daquela, que reserve o que opina sobre a Teoría da Evolución de Darwin, con todo ese vurullo simiesco. A maiores, pídolle discrección a respecto da Teoría das Supercordas ou algunha outra elaboración teórica autoexplicativa, que exclúa intromisións sobrenaturais. Ser español, político e conservador... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:21 - Commentaires [0] - Permalien [#]

mercredi 22 août 2012

GRANIZADOS DE MORANGO E LIMÓN

  As rapazas son novas. Sentaron en corro baixo un parasol con publicidade de Amstel na rúa do Bispo Aguirre. Os nomes de bispos vanlles ben ás rúas peonís, que adoitan ser repoludas e solemnes. As cativas visten de H&M, Bershka e supoño que outras alternativas equiparablamente internacionalistas e igualitaristas. Deberíanos deixarnos de circunloquios e recoñecer a Amancio como o home que conseguiu aplicar nun plano real as ensoñacións resentidas de Karl Marx. As mozas beben granizados de morango e de limón mentres falan... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:38 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 21 août 2012

MEDIANOITE EN ARABIA

    Na medianoite de Arabia, unha panda de rapaces de camisas soltas e sorrisas abertas camiña anchamente pola beirarrúa. Provócanse amablemente e empúxanse aproveitando a broma para medir forzas. Saíron do parque coma unha manda de animais belos e lanzais que fosen marcar territorio. Nada se lles entende, troulean en árabe. Unha rapaza morenamente preciosa, dunha beleza que esmaga ver o pano conventual sobre a cabeza murmuria algo en árabe mentres me mira fugazmente no portal. A madrugada anterior atropelarán un meniño... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:26 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 20 août 2012

DETERMINEI QUE ERAN OVNIS

    Somos cazadores de soños. O mito que perseguín a semana pasada foron estrelas caendo no ceo negro, coma se fose un decorado teatral sometido ao caos. O meu fillo Antón armouse de telescopios e prismáticos, armas exentas de permiso benemérito, contra a medianoite. "Quero ver as Perseidas", advertiume con esa seguridade coa que soamente un neno de seis anos pode falar a respecto de algo sobre o que armou unha idea aproximada. A adolescencia é o limes no que sentimos reparo en opinar sobre un tema que non dominamos. O... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:39 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 19 août 2012

ENLATADORAS DE PEIXE E CHALANOS QUE FAN AUGA

  O Cabaret Voltaire mantén a porta entreaberta estas noites. Fóra vai caloriña e dentro gozamos un ambiente fresco sensatamente agradable. Non me decido a abrir pronunciadamente porque me sinto coma Moncho Lemos, programando cancións con etiqueta de nostalxia sen a certidume de que ninguén as cantaruxa diante do espello; aínda que tampouco me decido a pechar en firme ata que empece o curso escolar, o pulo vital, porque sempre hai clientes axeixando un chisco de espectáculo. O convidado de hoxe é Abbott Joseph Liebling, o... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:18 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,
vendredi 10 août 2012

AS FOLLAS DOBRADAS POLA ESQUINA

  Arestora fai un sol de carallo en Lugo. Reviso as páxinas que marquei de Antón Reixa. Guicho distinto de Manuel Xestoso e Xosé Cid. No volume, Reixa describe corenta anos de cultura galega, pode facelo sen reparo porque, en boa parte, estaba presente con maior ou menor protagonismo. As follas dobradas pola esquina son moitas; os parágrafos marcados, tamén. Reixa non o sabe, pero eu débolle ser un escritor en galego. De novo, coñecía aos clásicos, pero eles movíanse entre obxectos, sensacións e referencias vellas. Daquela un... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 14:27 - Commentaires [0] - Permalien [#]

jeudi 9 août 2012

AS LIMEIRAS DO GREEN

  O escritor Richard Ford conta nun texto autobiográfico de Flores en las grietas (Anagrama) que o avó dirixía un hotel no sur dos Estados Unidos con varios empregados negros. Un deles, Chester, era habelencioso ao golf. Ese deporte era para el -como o Barça para os converxentes, més que un club-, un arma cargada de futuro. Chester practicaba nun campo público e miserable, cheo de calveiros de terra seca no medio dos pradaríos amarelos. Naquela Arkansas dos 50 na que a forma de organización social máis cohesionada era o... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 8 août 2012

O DÍA NO QUE MORREU LOIS PEREIRO

  TODOS DEBERÍAMOS lembrar onde estabamos e que nos ocupaba o día no que morreu Lois Pereiro. Eu, confeso, non o lembraba ata que o lin onte en Antón Reixa. Ghicho distinto de Manuel Xestoso e Xosé Cid Cabido. O meu 24 de maio de 1996 era Estremadura e era calor. Ao día seguinte agardo nun Golf negro, deben de ser as dez da maña e é un páramo de terra seca con destino Cáceres. Un festival de videoarte pechado cun concerto de Nación Reixa. O coche está aparcado fronte a unha gasolineira. Antón non quería adiar unha... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:53 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 7 août 2012

UNS PASOS, UNHA ASTUCIA E UNHA SORTE

    A mañanciña do domingo deixoume en paz. Retrasoume as responsabilidades para permitirme cubrir o derradeiro terzo de Apuntamentos de Jakob Littner dende un burato no chan, de Wolfang Koeppen. Koeppen suxire que armou a novela alimentándose de testemuños e conservas do plan Marshall. O texto é tan reiterativo que empuxa a crerlle. Ningún autor de certa traxectoria -Koeppen andaba sobrado- caería nese erro. O señor Littner é un filatélico polaco de Munic que tamén é xudeu, por moito que el se resista a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 6 août 2012

O RESTAURANTE DE TODOS OS XANTARES

  O restaurante era o habitual. O lugar é cómodo; o personal, agradable, e a carta, recoñecible. Nunca me aparto dunha variedade de tres ou catro pratos cando entro nel. Onte pedín os ravioli recheos de carne, con prebe de espinacas, pasas e piñóns. Onte enganeime esfarelándolles queixo por riba. O sabor marchou a mantecoso de máis. Non volverei facelo porque estraguei unha receita que manexan gloriosamente. Adoito frecuentar La Oca dende que me establecín en Lugo, por volta de 19 anos atrás. Descubriumo unha rapaza, que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:35 - Commentaires [0] - Permalien [#]