vendredi 10 août 2012

AS FOLLAS DOBRADAS POLA ESQUINA

  Arestora fai un sol de carallo en Lugo. Reviso as páxinas que marquei de Antón Reixa. Guicho distinto de Manuel Xestoso e Xosé Cid. No volume, Reixa describe corenta anos de cultura galega, pode facelo sen reparo porque, en boa parte, estaba presente con maior ou menor protagonismo. As follas dobradas pola esquina son moitas; os parágrafos marcados, tamén. Reixa non o sabe, pero eu débolle ser un escritor en galego. De novo, coñecía aos clásicos, pero eles movíanse entre obxectos, sensacións e referencias vellas. Daquela un... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 14:27 - Commentaires [0] - Permalien [#]

jeudi 9 août 2012

AS LIMEIRAS DO GREEN

  O escritor Richard Ford conta nun texto autobiográfico de Flores en las grietas (Anagrama) que o avó dirixía un hotel no sur dos Estados Unidos con varios empregados negros. Un deles, Chester, era habelencioso ao golf. Ese deporte era para el -como o Barça para os converxentes, més que un club-, un arma cargada de futuro. Chester practicaba nun campo público e miserable, cheo de calveiros de terra seca no medio dos pradaríos amarelos. Naquela Arkansas dos 50 na que a forma de organización social máis cohesionada era o... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 8 août 2012

O DÍA NO QUE MORREU LOIS PEREIRO

  TODOS DEBERÍAMOS lembrar onde estabamos e que nos ocupaba o día no que morreu Lois Pereiro. Eu, confeso, non o lembraba ata que o lin onte en Antón Reixa. Ghicho distinto de Manuel Xestoso e Xosé Cid Cabido. O meu 24 de maio de 1996 era Estremadura e era calor. Ao día seguinte agardo nun Golf negro, deben de ser as dez da maña e é un páramo de terra seca con destino Cáceres. Un festival de videoarte pechado cun concerto de Nación Reixa. O coche está aparcado fronte a unha gasolineira. Antón non quería adiar unha... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:53 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 7 août 2012

UNS PASOS, UNHA ASTUCIA E UNHA SORTE

    A mañanciña do domingo deixoume en paz. Retrasoume as responsabilidades para permitirme cubrir o derradeiro terzo de Apuntamentos de Jakob Littner dende un burato no chan, de Wolfang Koeppen. Koeppen suxire que armou a novela alimentándose de testemuños e conservas do plan Marshall. O texto é tan reiterativo que empuxa a crerlle. Ningún autor de certa traxectoria -Koeppen andaba sobrado- caería nese erro. O señor Littner é un filatélico polaco de Munic que tamén é xudeu, por moito que el se resista a... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 6 août 2012

O RESTAURANTE DE TODOS OS XANTARES

  O restaurante era o habitual. O lugar é cómodo; o personal, agradable, e a carta, recoñecible. Nunca me aparto dunha variedade de tres ou catro pratos cando entro nel. Onte pedín os ravioli recheos de carne, con prebe de espinacas, pasas e piñóns. Onte enganeime esfarelándolles queixo por riba. O sabor marchou a mantecoso de máis. Non volverei facelo porque estraguei unha receita que manexan gloriosamente. Adoito frecuentar La Oca dende que me establecín en Lugo, por volta de 19 anos atrás. Descubriumo unha rapaza, que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:35 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 3 août 2012

XA NON É ESE TORQUEMADA...

O disco Frankecrhist non vén sendo o que máis achega dos Dead Kennedys. Eu deixeime impactar polo Fresh fruit for rotting vegetables, con esa capa de coches incendiados; nomeadamente polo tema Kill the poor, que prendeu o lume dun dos meus primeiros contos. Son incapaz de lembrar o nome, pero lembro unha escea de rapaces armados con rifles de caza situados de pé en todoterreos conducidos por un deles saíndo dos seus garaxes en chalets con xardín. Os mozos atravesan a noite disparando. Na mañá, aparecen cadáveres de esmoleiros. Agora... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:09 - Commentaires [0] - Permalien [#]

samedi 28 juillet 2012

MAMANDURRIA, BANDURRIA

  Acordei ás catro. Sempre acordo nas horas en punto. É unha formalidade que me aprenderon as monxas. Durmía en solitario, o xeito máis lóxico de durmir porque evita dar conversa. Espertei coa violencia dun boneco de probas automobilísticas. Sorprendinme empapuzado en suor. O primeiro que lembrei foi a letra da canción de salsa dos 90: “He mojado mis sábanas blancas recordándote”. A seguir, repasei o motivo do asalto ao meu soño. O pesadelo que se apoderara da miña paz podería resumirse dicindo que a prima de risco collía o... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:32 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 26 juillet 2012

UN BAÑO ATLÁNTICO

  O meu baño de hoxe estaba revestido dun carácter compensatorio. Levaba dúas semanas de lecer en Ribadeo agardando a mergullarme no Atlántico. A miña primeira inmersión mariña do ano rediríxeme aos costumes remotos das sete ondas. Unicamente atravesado ese hebdomadario de barreiras me sinto autorizado a entrar. O motivo de cumprir co ritual tan serodiamente nestas vacacións foi respectar a tradición de Ribadeo, enferruxada xa mesmo na memoria dos vellos, de agardar a que a Virxe do Carme abenzoe as augas para sentirse un... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:36 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 23 juillet 2012

GONZÁLEZ PONS INFORMA SOBRE A REGATA

  O sol brillou a eito durante todo o día de onte. A praia e máis eu estamos en relacións distantes, pero a familia é un grupo de células que se despraza de modo conxunto. Atopábame por volta das catro da tarde tomando un café nun furancho que domina o areal de Arnao. Vestía unha camiseta granate aliviado das Olimpiadas de Moscú e un traxe de baño azulón Calvo-Sotelo. Trataba de aliviar o desacougo de sentirme atrapado entre ducias de persoas e a teimosa subida da marea. O barman prendeu un televisor portátil en branco e... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:04 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 19 juillet 2012

AS PADDLENAIS SEGUIRÁN VOTANDO FEIJOO?

  A interrogante política que me ocupa maiormente é a proporción na que as paddlenais deixarán de votar Feijoo. As paddlenais son unha traslación ao noso país das soccermoms norteamericanas dos 90, mulleres de clase media e educación superior que escollían fútbol europeo para os seus cativos e votaban demócrata. O esfarelamento do nacionalismo e da esquerda pode achegar porcentaxes de vitoria ao Partido Popular, pero ninguén introduciu nas posibles variables ese factor de nais que escolleron paddle como actividade... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 08:08 - Commentaires [2] - Permalien [#]