Canalblog
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité

O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.

23 mai 2012

SE O QUE VAS ASUBIAR NON É MÁIS BELO CO SILENCIO

SE O QUE VAS ASUBIAR NON É MÁIS BELO CO SILENCIO
Se o que vas asubiar non é mais belo co silencio, asubía. Asubía porque os gobernantes deben saber todo o que che desagrada. Pode que non che guste esa marcha militar tan estrondosa que lle impuxeron coma himno ao Reino de España nin esa coroa que deberían...
Publicité
Publicité
22 mai 2012

QUE VOLVA A PESETA, PERO COA CARA DE FRANCO

QUE VOLVA A PESETA, PERO COA CARA DE FRANCO
A peseta era biográfica. Contábanos a historia de Cerillita, un miñaxoia de malcomer alentado a base de Pelargón que deu reinado nun estenso territorio entre o sur de Francia e o norte de África. Houbo unha evolución no seu perfil nas rubias, dende cabezolo...
21 mai 2012

TRES AMANTES DE SEPARACIÓN

TRES AMANTES DE SEPARACIÓN
TRUMAN CAPOTE inventou a teoría dos Seis Graos de Separación, iso de que Jennifer López e máis eu podemos relacionarnos a través dun máximo de seis amizades, mesmo sen que interveña Marc Anthony. Capote chamábaa O Treñeciño do Amor Internacional. O escritor...
20 mai 2012

A NOITE DOS COITELOS AFIADOS

 A NOITE DOS COITELOS AFIADOS
Un amigo meu fai por comer uns anacos de pan ou algo gastromicamente igual de inane antes de xantar. Se cadra, cando o ves devorando miga antes dunha proposta marabillosa para o padal, sorpéndeste. El logo explica que, se come con fame, non goza. O argumento...
19 mai 2012

O MOMENTO INESPERADO

O MOMENTO INESPERADO
Un redactor vellote, deses que aínda calzaban zapatillas pola redacción e nunca sabían a mesa na que pousaran a cabicha, sinaloume a parte boa do meu contrato profesional: empezarás a traballar a mediodía e a túa primeira obriga será ler o periódico....
Publicité
Publicité
18 mai 2012

O DÍA NO QUE MORRERON OS ANOS 80

O DÍA NO QUE MORRERON OS ANOS 80
CRUCEIME o domingo con Mark Knopfler, o sultán do swing. Estaba tocando a guitarra na rúa do Doutor Fleming, en Lugo. Esa vía é bastante hixiénica polo da penicilina, pero o músico escocés debe de ser peculiar e arrimárase a un contedor de lixo inorgánico....
17 mai 2012

OURENSE ASCENDE AOS BALTARES

OURENSE ASCENDE AOS BALTARES
O meu tío Santi gardaba tres boinas vermellas de feituras infantís, sempre pranchadiñas pola súa irmá Feli, na parte baixa dun armario marrón con espellos nas portas e inmenso coma Mazinger Zeta. Cada unha para cada tres sobriños seus, machos; machiños,...
16 mai 2012

A TEMPERATURA FUCSIA DE CARLOS LUIS

 A TEMPERATURA FUCSIA DE CARLOS LUIS
Comparecín tarde no coloquio porque estaba mirando en Odisea un documental sobre a temperatura. Foro Aberto apareceume na televisión en plena rolda de cadeas. Presenteime como espectador serodio xa nas conclusións. Como era xa 15M, dei por suposto o contido,...
15 mai 2012

A CULTURA QUE PRODUCEN OS CARTOS

A CULTURA QUE PRODUCEN OS CARTOS
ABEIRO UNHA tendencia parva a ler libros sobre Nova York. Na miña lembranza breve aínda fica Maeve Brenan e no futuro que se me bota enriba, Paul Morand. Nestes días sorpréndome e río con Mi Nueva York, de Brendan Behan (Marbot Ediciones, con preciosas...
14 mai 2012

O BLOQUE EMPEZOU A SER BLOQUE

O BLOQUE EMPEZOU A SER BLOQUE
O Bloque comezou onte unha nova xeira na que é Bloque. Antes non me aclaraba con quen eran os seus militantes: había dende marxindependentistas a liberautonomistas pasando por usuarios recurrentes de tempos compostos sen unha teoría política que os guiase....
Publicité
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 430
Publicité