samedi 4 février 2017

AEROPORTO AIRIÑOS, AIRIÑOS AIRES

A DENTISTA amosoume o luns unha praca dos corredores interiores da miña boca. Explicoume a estratexia bélica que aplicaría durante as dúas horas seguintes. Mentras falaba do asalto sorpresivo que acometería co torno contra as almenas premolares e da carga retardada coa espátula polo flanco dereito, eu lembraba Le Rhin. Lettres à un ami (O Rin, Cartas a un amigo), de Victor Hugo. O novelista visitou en 1840 as ruínas do castelo de Heidelberg, en Alemana, que fora palacio de Federico IV. «Non podes imaxinar a furia coa que os... [Lire la suite]

jeudi 28 avril 2016

A PISTOLA ESTILIZADA DO MEU TÍO JUAN

GALICIA TEN AS súas cousas. Pode enxalzar un futbolista da Bundesliga porque os pais son galegos e, asemade, ignorar un catedrático na Universidade de Munich. Alleo a ese desprezo, Xosé Manoel Núñez Seixas vén de publicar un ensaio sobre a División Azul, Camarada Invierno (Crítica). Sei dese corpo expedicionario polo meu pai, que me contaba vivencias do seu irmán Juan na fronte rusa. Ao meu tío espantáballe revivir o frío, a fame e o medo dese tempo. Porén, cando viña comer na mesa veraniega do xardín, aprendíanos palabras en... [Lire la suite]
dimanche 13 mars 2016

BOXEANDO SOMBRAS POLA MORTE DE BIALETTI

    ESTA SEMANA non houbo mañá na que espertase axitado. Cedo, por volta das seis da mañá. Quedei trastocado polo pasamento de Renato Bialetti. Máis ca morte en si, decepcionoume a nula atención dos medios españois. Houben de lelo en Il Corriere della Sera. A páxina completa, claro.Como non acougaba na cama, día tras día erguínme para tomar un café da miña Moka Express. Teño estima a esa cafeteira. Collín un voo de Ryanair no Nadal de 2014 para viaxar a Roma. Entrei nunha tenda pequena e escura da Via del Corso, unha... [Lire la suite]
samedi 20 juin 2015

UN PIANO QUE SAÍU VOANDO POLOS AIRES

  Hai quince días viuse un piano de cola sobrevoando o Círculo de las Artes, en Lugo. Eu souben de tal marabilla por unha fotografía que me o secretario da Sociedad Filarmónica de Lugo, José Luis Díaz, me remitiu por wathsapp. Saín correndo cara ao Círculo, consciente de que os espectáculos máis fascinantes son os improvisados —e nesa falta de aviso reside a súa forza—, pero cheguei tarde de máis para ver o piano negro colgado dun guindastre. O instrumento estaba destinado ao concerto que Ivo Pogorelich había de dar no... [Lire la suite]
lundi 29 décembre 2014

"A MÁQUINA Y, SOBRE TODO, EN CASTELLANO"

    O CAZADOR DE BRUJAS británico do século XVII Matthew Hopkins descubriu un método infalible para desenmascaralas. As sospeitosas eran atadas fortemente a unha cadeira e lanzadas a un río ou un lago. Se afundían e afogaban eran inocentes; se flotaban, eran bruxas.Salman Rushdie describe así a súa imposibilidade de rectificar a ofensa que provocou nas autoridades relixiosas de Irán con Os versos satánicos. A anécdota figura en Joseph Anton (Mondadori), o libro autobiográfico no que conta os seus anos vivindo na... [Lire la suite]
lundi 1 décembre 2014

JOSEP PLA BUSCA CONVERSA NUN PETROLEIRO

As sensacións máis desagradables que pode sentir unha persoa son a fame, o frío e a soedade. Josep Pla combateu as tres durante todo o seu tempo. Destino vén de traducir dende o catalán La vida lenta. Notas para tres diarios (1956, 1957 y 1964) nas que recolle centos apuntamentos cotiás de dez liñas.Cada noite apuntaba o que xantara, o vento dominante e as persoas coas que falara. A fame, o frío e a compañía son as tres constantes diarias: «Día nebuloso, húmido, morto. Teresa fai un arroz negro moi rico. Pola tarde veñen Bonal;... [Lire la suite]
mardi 15 juillet 2014

AUGA DE VICHY

Cando os norteamericanos liberaron Garmisch do Terceiro Reich requisaron as mansións para dar abeiro aos seus soldados. Nunha das apetecibles saíulles ao paso un vello proclamando que era Richard Strauss. O tenente que mandaba naquela unidade ordenou a inmediata retirada porque coñecía as composicións musicais do alemán. Esta mañá encetei unha novela infantil, unha nova aventura de Os Sabuxos. Juan Tallón desconfía de que vaia escribir sesenta folios en quince días. Seica que Filgueira Valverde tamén redactou algún texto para... [Lire la suite]
dimanche 22 juin 2014

O ATÚN Á GRELLA E A MADALENA DE PROUST

UNHA NOITE decidín que non quería coñecer a ninguén que admirase. Receteime esa cuarentena para evitarme desilusións estaba nun pub con música radioformuleira parede con parede coa casa do Antiguo de Oviedo na que disque que Clarín puxo a vivir a La Regenta. Pasoume pola beira José Agustín Goytisolo. O poeta andaba coa mirada utópica dos borrachos, asolagado de xenebra. Berraba que un colega da Xeración dos 50 era «un membro menor, en todos os sentidos».Ao día seguinte, os dous estabamos na conferencia que deu no Campoamor. Eu, como... [Lire la suite]
vendredi 23 décembre 2011

O AUTOR QUE ESQUECEU INXECTARSE OURO

ÁLVARO CUNQUEIRO aprendeu logo os límites da vida. O seu pai explicoulle que non debía apartarse das rúas máis céntricas e seguras do Mondoñedo no que naceu o 22 de decembro de 1911 porque os milleirais que ascendían sobre as mesmas lindes da cidade estaban inzados de comunistas sen afeitar e con chaquetas vellas que atoparían un bo agasallo de Nadal ateo facerse co fillo do boticario. Dese xeito comprendeu que Mondoñedo era o mundo, ao xeito de Celso Emilio, e superou o cativo mapa local a base de transmutar cada obxecto... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,