mercredi 7 décembre 2016

MASCOTE NON É UNA PALABRA XAPONESA

  GÚSTAME acompasarme coa luz do día. No verán debo madrugar para gozala ao amencer; pero agora, na invernía lúgrube, podo xirar sobre min mesmo na cama como se fose un polo que asa a lume lento. Erguerme cedo dáme tempo para ler. O xoves, por exemplo, gocei dun cómic-disco de Berlai mentres fervía o café. Ese acougo prepárame para o tempo inevitable e pesado de exprimir zumes de laranxa como se fose o cociñeiro dun exército invasor. Menos mal que os Rolling Stones quitaron disco, Blues & Lonesome e puiden poñelo no... [Lire la suite]

dimanche 22 juin 2014

O ATÚN Á GRELLA E A MADALENA DE PROUST

UNHA NOITE decidín que non quería coñecer a ninguén que admirase. Receteime esa cuarentena para evitarme desilusións estaba nun pub con música radioformuleira parede con parede coa casa do Antiguo de Oviedo na que disque que Clarín puxo a vivir a La Regenta. Pasoume pola beira José Agustín Goytisolo. O poeta andaba coa mirada utópica dos borrachos, asolagado de xenebra. Berraba que un colega da Xeración dos 50 era «un membro menor, en todos os sentidos».Ao día seguinte, os dous estabamos na conferencia que deu no Campoamor. Eu, como... [Lire la suite]
dimanche 18 décembre 2011

E PARA COMER... COMO ERA?

Os cociñeiros lucenses son da raza falangueira. Xa o sospeitaba, por algunha conversa co didáctico Álvaro Villasante, por exemplo. Días atrás fixeron o traballo por min nunha sala ampla do Méndez Núñez de Lugo, que fora axeitada para a presentación do Fórum Gastronómico de Santiago 2012. Un xornalista sempre agarda a que un compañeiro faga esas catro ou cinco preguntas que asentan unha información. Ao verme en solitario, houben de recitar o cuestionario ao cociñeiro do España Héctor López; aos presidente dos hosteleiros... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:16 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,