samedi 25 octobre 2014

SAMUEL JUÁREZ FOI PREMIADO CUN OSTRACISMO MAIOR CA ÁNGEL CURRÁS

O delegado do Goberno español en Galicia, Samuel Juárez, foi desprazado como fomentador do comercio de produtos agrícolas na embaixada en Beixing. Non dubido sobre os seus coñecementos sobre agro, pero a súa capacidade para a xestión empresarial non consta. Apunto esa dúbida porque ata que o nomearon procónsul era un técnico desapercibido e non lle coñecía o perfil político. Certo que adoitaba gardalo para si, pero ás veces había algunha operación policial e o quitaba de paseo. Confundiu, case sempre que tivo oportunidade, a súa... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 17:42 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,

mardi 10 juin 2014

ÁNGEL CURRÁS EVITOUSE SER MONSIEUR BOVARY

  Ángel Currás decidiu evitarse o triste papel de Monsieur Bovary. Ser alcalde dunha cidade internacional coma Santiago debe de representar unha dignidade de ouro e lume sobre a que paga a pena permanecer sentado. Pero Currás entendeu que lle quedaba un ano ata as municipais e que o botarían á pira funeraria. Evitouse que o marchen. Feijoo actuou rápido, sacrifica unha peza maior, o segundo na sucesión. O presidente amarra Galicia. As augas do Manzanares baixan toldas e poida que nin Rajoy, capaz de aguantar nas peores... [Lire la suite]